Grego

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2023-24_Dpto. Grego

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

2º BAC

 

 

ÁmbLS

 

Greg I

Greg II

Viaxe cultural a Grecia

21/10/2023
25/10/2023
Etc/GMT+1

25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...

Acrópole

Os nomes das plantas dos parques de Betanzos

O alumnado de Fundamentos Léxicos de 1º de Bacharelato realizou un traballo analizando os nomes das plantas dos parques de Betanzos.

Este proxecto é unha colaboración do Departamento de Grego e o Departamento de Bioloxía.

 

 

 

Obradoiro sobre cerámica micénica

05/12/2022 10:35
05/12/2022 12:15
Etc/GMT+2

A profesora titular de universidade Teresa Amado impartirá un obradoiro de cerámica micénica ao alumnado de Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO.

LA SABIDURIA DE GRECIA: La Cerámica y la Orfebrería Micénicas

Léxico da Anatomía

O alumnado de Fundamentos Léxicos de 1º de Bacharelato realizou un traballo analizando a etimoloxía do léxico da anatomía.

Este proxecto é unha colaboración do Departamento de Grego e o Departamento de Bioloxía coa esperanza de que sexa o primeiro de moitos. Guiño

SOFÍA VEIGA: SEGUNDO POSTO NACIONAL NO CONCURSO PARNASO

12/05/2022 15:16
Europe/Andorra

 

 

 

 

O 30 de marzo dábamos conta da seguinte noticia: a alumna de 2º de BAC Sofía Veiga García resultaba ser a gañadora na fase autonómica do Consurso Parnaso de tradución do grego. 

Poucos días antes da visita a Betanzos de Theodor Kallifatides recibimos, con xúbilo, a notificación de que o seu traballo mereceu a segunda posición a nivel nacional.

Na secuencia de fotografías que hoxe publicamos aparecen Sofía e o seu profesor, Francisco Calaza, e Sofía e Theodor Kallifatides.

Nas mans de Sofía un exemplar de Timandra, a última novela, adicada por Theodor Kallifatides con todo o afecto, rebosante de humanidade,  que transmite este exemplar e venerable intelectual humanista.

Non atopamos mellor agasallo para Sofía que unha nova inxección de estímulo intelectual.

Parabéns a Sofía e a nosa felicitación a Francisco Calaza polo seu traballo.

SOFÍA VEIGA GARCÍA PASA Á FASE NACIONAL DA PROBA PARNASO

30/03/2022 12:03
Etc/GMT+2

 

   O pasado venres 25 de marzo a nosa alumna Sofía Veiga García asistiu á Facultade e Filoloxía da Universidade de Santiago para participar na proba de grego Parnaso. A alumna tivo por diante tres horas para traducir un texto de Claudio Eliano, autor que viviu entre os séculos II e II d.C., e responder a varias cuestións sobre morfoloxía, sintaxe e o xénero literario. Así mesmo tivo que poñer en valor e relacionar un texto clásico cos valores da vida actual.

   Despois de levar xa un tempo preparando a proba co seu profesor Francisco Calaza, os esforzos deron os seus froitos: O martes 29 de marzo recibimos a comunicación da súa victoria na fase de Galicia, o que significa que o seu exercicio pasa a competir na fase estatal. 

   Participar e tan prestixiosa proba xa é un logro, pero gañar esta fase é un gran recoñecemento para Sofía e gran satisfacción para o seu profesor.

O xornal o Ideal Gallego fíxose eco da noticia na súa versión dixital e en papel. Podes acceder á noticia aquí.

   Parabéns, Sofía!

 

 

SEEC GALICIA

Teatro Clásico na sala Xulio Cuns

 

O pasado martes 21 de decembro alumnado de 4º, 1º e 2º de Bacharelato, que estuda cultura clásica, latín ou grego acudiron á Sala Xulio Cuns, no Edificio Arquivo, para asistir a unha representación dunha obra de teatro clásico.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Teatro Clásico

Exposición Viaxe a Grecia no corredor do 1º andar do edificio principal

Dado que este ano non puidemos realizar a viaxe a Grecia, recordamos con nostalxia anteriores viaxes, ilustrando con textos de Pausanias as imaxes dos monumentos máis emblemáticos. 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Exposición Viaxe a Grecia

Viaxe a Grecia 2019, album de fotografías.

Un grupo de alumnos/as de 2º de BAC realizan nestas datas unha viaxe cultural a Grecia acompañados polos profesores J. Francisco Calaza e Jaime Couto. De momento, todo vai segundo o plan previsto e envíannos unhas instantáneas que compartimos con todos vós do seu paso polo país helénico. A medida que recibamos fotografías, as subiremos a esta entrada na web.

Preme na imaxe para ver as fotos ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Viaxes e intercambios 2019-20 -> Viaxe a Grecia
Distribuir contido