Grego
Viaxe a Grecia 2019, album de fotografías.
Enviado por Pitusa o Sáb, 21/09/2019 - 09:48Un grupo de alumnos/as de 2º de BAC realizan nestas datas unha viaxe cultural a Grecia acompañados polos profesores J. Francisco Calaza e Jaime Couto. De momento, todo vai segundo o plan previsto e envíannos unhas instantáneas que compartimos con todos vós do seu paso polo país helénico. A medida que recibamos fotografías, as subiremos a esta entrada na web.
Preme na imaxe para ver as fotos ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro.
Programa Viaxe a Grecia 2019
O departamento de Grego fai público o programa da 'Viaxe a Grecia 2019' que se levará a cabo do 21 ao 27 de Setembro de 2019. |
Charla 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica' a cargo de Mª Teresa Amado Rodriguez
O vindeiro curso estrenamos unha nova optativa, 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica', e quén mellor que Mª Teresa Amado para presentala ao alumnado. Charla de dúas horas de duración para os 4º de ESO no salón de actos. |
Adrián Vázquez Rodriguez terceiro clasificado no Concurso Parnaso 2019 a nivel nacional
Comprácenos compartir convosco esta boa nova. O noso alumno Adrián Agustín Vázquez quedou terceiro clasificado no certame nacional da proba Parnaso acadando a puntuación de 9. Para o seu profesor, Francisco Calaza e para toda a comunidade do 'Aguiar' este feito é motivo dun profundo orgullo. Parabéns
Reunión informativa Viaxe a Grecia xoves 2 de maio ás 17:00 no Aula de Idiomas
Convócase aos pais/nais/titores/titoras do alumnado participante na 'Viaxe a Grecia 2019' a unha reunión informativa o vindeiro xoves 2 de maio 2019 ás 17:00 horas no Aula de Idiomas do IES Francisco Aguiar
Adrián Vázquez Rodriguez gañador do Concurso Parnaso 2019 na Sección de Galicia
A SEECGalicia (Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos ) ven de comunicarnos que o noso alumno , Adrián Agustín Vázquez Rodriguez, foi o ganador do Concurso Parnaso 2019 na Sección de Galicia e pasará, polo tanto, a participar na fase estatal do concurso. Reciban os parabéns o ganador e o seu profesor José Francisco Calaza Fernández.
Participación na V Olimpiada de traducción de textos clásicos
Unha selección de alumnos/as de clásicas participará na V Olimpiada de traducción de textos clásicos que se celebrará o xoves 4 de abril Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, acompañados polo profesor de Grego Francisco Calaza.
Ademáis de premios en metálico para os gañadores, todos os participantes recibirán un diploma acreditativo da participación.
A festa de entrega solemne de premios e diplomas terá lugar previsiblemente o mércores 15 de maio de 2019 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela.
Charla ' Introducción ao teatro grecolatino'
|
O vindeiro venres 15 de febreiro, a 5ª hora, os departamentos de Latín e Grego organizan unha charla a cargo de Mª Teresa Amado Rodriguez, profesora de filología griega en la USC. Asistirán os/as alumnos/as que cursan as materias de Latín, Grego ou Literatura Universal de 1º de Bacharelato. |
Viaxe a Grecia 2018
Hoxe 21 alumnos/as de 2º de Bacharelato comezan unha Viaxe cultural a Grecia acompañados e guiados polo incansable José Antonio Varela García. Boa viaxe. Desfrutade dunha experiencia que de seguro será irrepetible. |