SOFÍA VEIGA GARCÍA PASA Á FASE NACIONAL DA PROBA PARNASO

30/03/2022 12:03
Etc/GMT+2

 

   O pasado venres 25 de marzo a nosa alumna Sofía Veiga García asistiu á Facultade e Filoloxía da Universidade de Santiago para participar na proba de grego Parnaso. A alumna tivo por diante tres horas para traducir un texto de Claudio Eliano, autor que viviu entre os séculos II e II d.C., e responder a varias cuestións sobre morfoloxía, sintaxe e o xénero literario. Así mesmo tivo que poñer en valor e relacionar un texto clásico cos valores da vida actual.

   Despois de levar xa un tempo preparando a proba co seu profesor Francisco Calaza, os esforzos deron os seus froitos: O martes 29 de marzo recibimos a comunicación da súa victoria na fase de Galicia, o que significa que o seu exercicio pasa a competir na fase estatal. 

   Participar e tan prestixiosa proba xa é un logro, pero gañar esta fase é un gran recoñecemento para Sofía e gran satisfacción para o seu profesor.

O xornal o Ideal Gallego fíxose eco da noticia na súa versión dixital e en papel. Podes acceder á noticia aquí.

   Parabéns, Sofía!

 

 

SEEC GALICIA