INTERCAMBIOS /Complementarias
Visita dos alumnos do Wayland High School
Do 13 ó 26 de Febreiro de 2011
Organizado polo Departamento de inglés. Chegan os alumnos do intercambio co instituto Wayland High School(preme no enlace para ir a páxina do instituto).
Preme no mapa para ver a situación xeográfica de ambos institutos.
Previamente, en Setembro de 2010, 19 estudiantes do noso centro foron a Boston para perfeccionar o seu nivel de inglés. Podedes ver fotografías da súa estancia na galería fotográfica do centro ou podedes acceder directamente ó album de fotos do intercambio facendo click na fotografía.
Por último, a modo de curiosidade e para practicar un chisco de inglés podedes ver a noticia da marcha dos nosos estudantes no blogue periodístico local WSPN (Wayland Student Press Network) clickando nesta derradeira imaxe.
Visita a Santiago de Compostela
22-Febreiro-2011
Visita a Compostela guiados polo profesor e incansable compañeiro Constantino Chao. Camiñata dende Labacolla ata chegar á cidade pola ruta do Camiño de Santiago. Visita guiada polas cubertas da catedral.
INTERCAMBIOS CON ITALIA
INTERCAMBIO BETANZOS-PERUGIA (SETEMBRO 2007)
INTERCAMBIO GUBBIO-BETANZOS (FEBREIRO 2008)
INTERCAMBIO CRACOVIA-BETANZOS/SADA (ABRIL 2008)
VI LICEUM ADAM MICKIEWICZ-IES FRANCISCO AGUIAR/IES ISAAC DÍAZ PARDO
NO PASADO MES DE MARZO TIVO LUGAR O INTERCAMBIO BETANZOS/SADA-CRACOVIA
ZAKOPANE
DO 17 AO 28 DE ABRIL ESTIVERON ENTRE NÓS
INTERCAMBIO BETANZOS/SADA-CRACOVIA (MARZO 2008)
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO INTERCAMBIO BETANZOS/SADA-KRAKÓW 2008
IES FRANCISCO AGUIAR, IES ISAAC DÍAZ PARDO, VI LICEUM ADAM MICKIEWICZ
DÍA 8 DE MARZO: 19:00 Chegada e encontro no aeroporto.
DÍA 9: Día libre coas familias.
DÍA 10: Visitarán o Instituto e asistirán ás clases. Pasearán polo barrio xudeo.
DÍA 11: Excursión a Zakopane (as montañas)
DÍA 12: Paseo polo centro de Cracovia. Despois do xantar participarán nun concurso de tiro.
DÍA 13: Auschwitz: museo. Wadowice e Lanckorona.
DÍA 14: Paseo por Cracovia. Ás 12:30: encontro co embaixador de España no Instituto.
DÍA 15: Wieliczka. Visitarán a mina de sal.
DÍA 16: Día libre coas familias.
DÍA 17: Pola mañá estarán no Instituto. Ás 18:00 despedida no aeroporto. Fin da estancia en Cracovia.
ZAKOPANE
Máis fotos en GALERÍAS
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4