Animación á lectura
HORA DE LER
Rose is a rose is a rose
is a rose
Gertrude Stein
Son dúas as celebracións que coinciden, intencionadamente, o próximo martes 21 de marzo: a chegada oficial da primavera e o Día Mundial da poesía.
Os poemas de Ida Vitale, Mario Obrero, Lucía Durán, Luz Campello, Wislawa Szymborska, Manuel Álvarez Torneiro, Federico García Lorca o Rosalía de Castro coma pétalos de flores feitos con palabras.
HORA DE LER
Sen a comodidade do lector que imaxinara Pablo Gallo, ler a Anton Chejov ou a Berta Dávila.
HORA DE LER
Hai semanas nas que as sorpresas chegan da man da perplexidade...
Para procurar a serenidade ou a revelación que precede á admiratio, procuremos ler os poemas de Luz Campello ou o relato de Marina Kloss.
HORA DE LER
Esta semana, os editores británicos de Roald Dalh anunciaban que cedían ás presións dos autoproclamados ben pensantes. Por iso, proximamente haberá dúas edicións dos libros deste magnífico autor satírico: a orixinal e outra na que desaparecerán as referencias ao xénero, apariencia ou peso dos personaxes. En fin...
Aínda que estas polémicas non deixan de ser un disparate cíclico, o fenómeno de necedade maiúscula é un moi precupante síntoma destes tempos nos que, os que deberían defender as súas teses nun debate intelectual sereno e produtivo, elixen constituírse en grupos de presión para exercer o seu poder mediante a imposición da censura.
Entre a censura e a liberdade, eleximos ler os poemas de Lucía Durán Paredes ou os irreverentes relatos de Roald Dalh e James Finn Garner.
HORA DE LER
A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.
HORA DE LER
Preámbulo de entroido...
Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
HORA DE LER
O feitizo de Vermeer...
Subida ás costas da frouxidade do sol do inverno, a luz atravesa o cristal das ventás da estancia para iluminar unha carta.
Unha carta de amor?
Podería ser...
O mundo está cheo de persoas que escriben cartas de amor... E ben sabido é que «Todas as cartas de amor são ridículas», «Mas, afinal,/ só as criaturas que⁄ nunca escreveram⁄ cartas de amor⁄ é que são⁄ ridículas».
Suxestións de lectura: A leiteira de Vermeer de Manuel Rivas, poemas de Wislawa Szymborska e Fernando Pessoa e unha canción de Vainica Doble.
HORA DE LER
Kaori Tsurutani na súa obra Metamorfosis BL relata a historia dunha amizade entre mulleres de distintas xeracións.
A nosa proposta para esta semana, os relatos de Manuel Rivas e José María Merino, tamén falan de metamorfoses...
HORA DE LER
Teremos que pedir que non pouse os pés enriba da mesa...
Pero nada que obxectar ao altísimo nivel de concentración na lectura, podería ser, do relato de Andrés Trapiello ou de Xoán Babarro González.
HORA DE LER
Anacronismo:
substantivo masculino
- Erro de cronoloxía polo cal se datan nunha época determinada persoas, cousas, feitos ou acontecementos que ocorreron noutra.
- Calquera feito, uso, costume, actitude etc., que non concorda co seu tempo senón que é máis propio doutra época que non é a súa.
Utopía:
substantivo masculino
- Modelo imaxinario de organización social ideal, moi afastado das condicións reais.
- Idea, proxecto etc., que se considera moi bo pero irrealizable.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »