Sendeirismo por Sada
Enviado por carlos o Xov, 27/05/2021 - 09:59
O profesor de Educación Física Leonardo Piñeiro organizou catro saídas pola comarca para o alumnado de 1º de ESO, consistentes en rutas de sendeirismo en Fontán (Sada) e a zona de Chelo (Paderne).
As saídas comezaron o día 20 de maio e continuaron onte día 26 de maio; faltan aínda as saídas de mañá día 28 e do martes 1 de xuño.
As fotos pertencen á saída de onte, a de 1º D de ESO.