1º ESO
Video Arco da Vella do alumnado e profesorado de Matemáticas 1º ESO #meteoescolas #Todovaisairben
O alumnado de 1º ESO do IES Francisco Aguiar quere compartir con todos vós as súas mensaxes de ánimo e os seus arcos da vella cheos de esperanza feitos durante o confinamento por mor da pandemia do COVID-19. Departamento de Matemáticas do IES Francisco Aguiar
Imaxes dunha inesquecible xornada festiva: Visita dos do Entroido de Samede ao Aguiar
Enviado por Pitusa o Xov, 13/02/2020 - 00:15Este pasado martes 11 recibimos pola trde a un grupo de integrantes da asociación cultural que está a recuperar o Entroido de Samede. Despois dunha charla no salón de actos do centro, despois dunha breve demostración no pavillón do centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO case na súa totalidade animáronse a aprender a bailar a 'Muñeira cruzada'.
Grazas a Martín e Alejandro, gaiteiros incansables, e grazas aos integrantes da asociación. Un auténtico pracer.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
Entroido de Samede. Charla e obradoiro para 1º e 2º da ESO
Martes 11 de febreiro de 2020 Actividade para 1º e 2º da ESO na que se traballará antropoloxía, cultura e tradicións galegas, difundindo e recuperando un entroido tradicional galego do noso entorno, o 'entroido de Samede'. A Asociación Entroido de Samede, de San Xulián de Vigo, no Concello de Paderne, acudirá esta tarde ao centro para impartir a 1º e 2º ESO charlas e obradoiros. Esta asociación adicase á recuperación e promoción do Entroido Tradicional de Samede e a súa Muiñeira cruzada. Actividade organizada polos departamentos de galego, educación plástica e visual, educación física, o equipo da Biblioteca e vicedirección para divulgar entre o noso alumnado, un xeito tradicional e diferente de sentir e vivir o entroido galego. |
Formación para o alumnado de ESO1A e TIC 4 ESO a cargo de Laboratorio de Radio
|
Martes 11 de febreiro de 2020. Na Biblioteca e anexo, dous profesionais de 'Laboratorio de Radio' traballarán co alumnado ESO1A e ESO4TIC. Horarios:
|
Álbum na galería fotográfica da saída didáctica ao Monte do Gato de 1º da ESO
Enviado por Pitusa o Ven, 07/02/2020 - 12:42
Rematadas as saídas con todos os 1º da ESO, pechamos o álbum que nos permitirá lembralas na galería. Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
Meteoescolas 19/20 Aguiar: Toleou o tempo? Parte metereolóxico 1
Este curso, un feixe de intrépidas profesoras de matemáticas, trouxo ao centro as Meteoescolas, e plantexa neste Proxecta unha dúbida máis que interesante e razoable nos tempos que corren....
Toleou o tempo?
Pasarán o curso, buscando unha resposta a esta pregunta aplicando, sen dúbida, o método científico.
Unha das primeiras cousas que temos que facer e observar, despertar a curiosidade. E que se lles ocorreu para os primeiros da ESO no final do 1º trimestre, pois xuntar metereoloxía, simetría, xeometría, matemáticas, reciclaxe e expresión plástica para cos 1º da ESO decorar as clases con vistosos copos de neve.
Aínda que tardíamente, velaquí van unhas pequenas fotografías que ilustran o seu traballo. Todas elas atópanse na galería fotográfica do centro, dentro do álbum ...
Meteoescolas: Toleou o tempo? Plan Proxecta 19/20
Saída ao Monte do Gato
Organizada por Adrián Salgado e José Valverde do departamento de Educación Física de 8:45 a 14:15.
Prevista se o tempo acompaña para os días: mércores 22 xaneiro ESO 1º A e D venres 24 xaneiro ESO 1º B e E venres 31 xaneiro ESO 1º C
No caso de condicións metereolóxicas adversas as saídas adiaranse. Nese caso avisaríase con antelación ao alumnado e na web. |
Charla Comunicación Emocional 1º ESO dentro do Plan de Prevención de Condutas Adictivas.
Charla/obradoiro para 1º da ESO: Comunicación Emocional dentro do plan municipal para a prevención de condutas aditivas do Concello de Betanzos. Mércores 15 Xaneiro ESO 1º B 11:30 a 12:20 Luns 20 Xaneiro ESO 1º C 9:35 a 10:25 ESO 1º D 10:40 a 11:30 ESO 1ºA 11:30 a 12:20
Mércores 22 Xaneiro ESO 1º E 9:35 a 10:25 |
|
Obradoiro do plan municipal para a prevención de condutas adictivas 1º ESO 19-20
Charla/obradoiro para 1º da ESO: prevención do consumo de alcohol e tabaco dentro do plan municipal para a prevención de condutas aditivas do Concello de Betanzos. Luns 13 Xaneiro ESO 1º A 9:35 a 10:25 ESO 1º B 10:40 a 11:30 ESO 1º C 11:30 a 12:20 Mércores 15 Xaneiro ESO 1º D 9:35 a 10:25 ESO 1º E 10:40 a 11:30
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »