1º ESO

Obradoiro sobre Mª Victoria Moreno. Por Soledad Felloza

O Mércores 23 de maio ás 10,40 o alumnado de 1º da ESO participará no noso Salón de actos nun obradoiro sobre Mª Victoria Moreno.

A actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que coordina o compañeiro Xan Munín. 

Piragüismo. Iniciación para 1º da ESO

Continuando co proxecto de achegar ao alumnado a propostas deportivas cercanas e asequibles, o Departamento de Educación Física  organiza para o alumnado de ESO 1º B e C unha sesión de introducción ao piragüismo que terá lugar o martes 22 entre as 12,20h.  e as 14 h. 

Coordina o profesor Leonardo Piñeiro.

O Aguiar colaborando na loita contra as velutinas.

Os alumnos de 1º ESO D Sofía Marcote,Nerea Sandá e Daniel Feijoo colgando unha trampa para velutinas nunha camelia do instituto.
Esta trampa forma parte da campaña do concello de Betanzos para a captura de raíñas  de velutinas e foinos cedida polo profesor José Antonio Varela García.

Trampa para velutinas feita polas alumnas de 1ºeso D Sofía Marcote de Bernardo e Nerea Sandá Faraldo

Carreira solidaria por BETANZOS. 20.IV.2018

O venres 20 de abril retomamos, teimudos, o que a climatoloxía impedíu ao remate do segundo trimestre.

Convocados polos compañeiros do colexio Vales Villamarín, o alumnado de 1º da ESO partirá disposto a correr por Betanzos nun esforzo físico e de solidariedade.

Nas pistas do Carregal, entre as 12,30 e as 13,30 o noso esforzo para facer de Betanzos un pobo solidario

Diálogos Scratch 2017-2018

Na optativa de Programación de 1º e 2º da ESO traballamos todos os anos un proxecto de diálogo orixinal feito co programa do MIT Scratch. Adoitamos a presentar na web do centro algún dos mellores.

por Lucas Carrera de 1º da ESO

por Manuel Pérez Manivesa 1º da ESO

profeticsbeta@gmail.com

 

Celebrando, anticipado o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A nosa humilde ( non por ilo menos entusiasta) participación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, consitíu  por parte de futuras científicas, na presentación ao resto dos seus compañeiros e compañeiras de pequenos experimentos científicos. 

Convivindo con música e máscaras de antroido,  a experiencia tivo lugar na Biblioteca durante os recreos do día 9 de febreiro e acompañouse cunha pequena exposición de publicacións alusivas ao tema da muller e a ciencia. Estiveron animadas e coordinadas pola nosa compañeira Chus Santamariña.

O DÍA DA PAZ. Construindo a paz dende as aulas

 

 

Cada ano no Aguiar adoitamos sumármonos á proposta mundial de celebrar, aló polo 30 de xaneiro, o Día da Paz. Nos enlaces que incluimos de seguido, poden ollarse algunhas distas iniciativas:  2016, 2015,2015,  2014

Este ano o equipo da Biblioteca propónnos comezar a construir a paz dende as aulas. Con tal motivo o alumnado de 1º e 2º da ESO participará nun video forum sobre a película "Cobardes".

Nas dúas primeiras horas ocuparán os seus postos no Salón de Actos os alumnos e alumnas de 1º da ESO  e moderará o debate Óscar García. Na 3ª e 4ª horas será o turno do alumnado de 2º da ESO i estarán moderados por Carmen Suárez.

 

Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e na súa Contorna

Un ano máis o IES Francisco Aguiar participa no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e na súa Contorna .

O alumnado de 1º e 2º da ESO traballará nas súas aulas co apoio de membros da Garda Civil que se desprazarán, como cada ano, ata o noso centro.

O martes 23 de xaneiro será o turno dos pequenos,  que  reflexionarán e traballarán sobre o tema do acoso.

O xoves 25 serán os alumnos e alumnas de 2º da ESO os que se achegarán á problemática das redes sociais, coas súas posibilidades e os seus riscos. 

Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas. 2018. 1º ESO: "alcohol e tabaco".

Un ano máis, o noso IES, aborda a importante tarea de completar a formación académica con actividades transversais como a que este mes nos vai ocupar.

Trátase do Plan Municipal de Prevención de Condutas Aditivas que, dende hai varios anos, imparte no noso instituto o psicólogo Juan Carlos Prados.

Nos vindeiros días 15 e 17 traballarase co alumnado de 1º da ESO centrando o labor nos temas de alcohol e tabaco. 

Distribuir contido