1º ESO

Carreras con Scratch en Programación 1º de ESO

Dentro do proxecto "carrera de autos" comprácenos publicar uns proxectos destacados pola súa execución ou a súa orixinalidade. Agardamos que vos gusten.

 

por Pablo Ferreiro Gil 1º A ESO

por Lucía Caldeiro Veiga 1º B ESO  e Sofía Veiga García 1ºD ESO

Diálogos Scratch 2017 continuación

Continúo correxindo os traballos de 1º e 2º da ESO de Programación. Qué falaran Galileo e Einstein na porta do instituto? ou por dónde subirían Can e Micho para chegar ata a praza do Concello? Con todo o material que atopo, haberá terceira entrega de Diálogos 2017? Quén sabe?

 

 

 

 

Autores: Samuel Rodriguez, Telmo Brea, Gabriel Blanco, Mateo Romay, Álvaro García e Pablo Ferreiro

Diálogos con Scratch 1º de ESO 2017 (primeira escolma)

O alumnado de 1º e 2º da ESO vén de presentar os seus traballos de Diálogos co software Scratch dentro da materia optativa Programación. Imposible non compartir algún deles con toda a comunidade educativa. Agardo que desfrutedes deles tanto coma o fago eu cando, orgullosa, os corrixo. Velaquí unha primeira escolma. De seguro que haberá máis.

 

 

 

 

Autores/as: Nuria Beiro, Nerea Bello, Patricia Campos González, Antonio Casariego, Alba Fachal e Brais Fernández

Mindfulness na natureza. O Monte do Gato 17 e 19 de xaneiro de 2017

 

Achegar ao noso alumnado á súa contorna natural.

 

Descubrir paisaxes.

 

Descubrirnos a nós mesmos por medio dunha introspección

á que nos axuda o mindfulness que con infinita paciencia promove Pepe Valverde  nas aulas

e a través do seu blog "Mindfulness y naturaleza: rutas conscientes"

 

Disfrutar da natureza, dos compañeiros, da propia superación.

 

Acadar dos ruidosos e sempre dinámicos alumnos de 1º da ESO ¡un minuto de silencio! 

(grazas a Silvia por recoller un momento tan significativo da actividade)

 

17.01.2017. Rutas pola natureza próxima. Monte do Gato ( Coirós)

 

 

De novo o Departamento de Educación Física propón ao noso alumnado de 1º ciclo saídas para coñecer a natureza próxima e coñecerse en contacto con ela.

Pepe Valverde, Silvia Carro, Diego Félix Armesto e unha bullangueira e superdinámica trops de 1º C e D trouxeron do Monte do Gato...unha chea de barro e risas.

Paisaxes animados con Scratch 1ºESO 2017

Un ano máis o alumnado de 1º da ESO comeza a súa andaina no mundo da programación deseñando unha "paisaxe animada". Desta vez, elexín o proxecto de Pablo Ferreiro Gil de 1º A de ESO coma mostra do noso traballo. Preme na bandeira para comezar.

 

Chegou aos nosos oídos....Nuria Beiro, alumna de 1º no Aguiar, gaña o concurso de carteis de Nadal do Concello de Betanzos

Un original y alegre selfie de los Reyes Magos con la torre de Betanzos al fondo realizado por Nuria Beiro Oldán, alumna de primero de ESO del Instituto Francisco Aguiar, ha sido la ganadora del Concurso de Carteles de Navidad organizado por el Ayuntamiento.

En total se presentaron 75 trabajos elaborados por 126 escolares.

 

Los accésit fueron para Valentina Millón Ojeda de segundo de Primaria del Vales Villamarín; Mario Iglesias Gestal de sexto de Primaria de la Grande Obra; y Carmen López, Carmen Jorge y Rocío Pérez del Pai Menni.

 

Todos los carteles se expondrán hasta el 15 de enero en el Liceo. El cartel ganador será la portada de la programación de Navidad del Concello

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/11/23/nuria-beiro-aguiar-gana-concurso/1128005.html

 

Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nos Seus Contornos.

Retomamos, neste curso 2016-2017 unha actividade que era xa tradicional no noso centro: A visita da Garda Civil para impartir unha charla ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Desta volta os temas tratados serán o Acoso Escolar e as Novas tecnoloxías.

Dita intervención terá lugar neste mes de novembro nos días 17 ( para os grupos de 1º A, 2ºA, 2ºC e 2º D) e 18 ( para 1ºB, 1ºC, 1ºD e 2º B).

LUNS 26 de setembro. Concerto en "Clave de Fa"

O luns 26 de setembro o Salón de Actos do IES Francisco Aguiar volverá a encherse se música e arte.

Desta volta será por conta de algúns do nosos alumnos participantes na escola de música betanceira CLAVE DE FA(enlace).

Eles i elas protagonizarán un pequeno concerto no que o auditorio estará composto por alumnado do 1º da ESO ( na 3ª hora ) e 2º de ESO (na 4ª hora)

Coñecendo a natureza próxima: Rota polo Mandeo do alumnado de 1º ESO

Un ano máis o Departamento de Educación Física ofrece aos nosos alumnos e alumnas de 1º da ESO a oportunidade de realizar unha saída á natureza máis próxima que servirá a este alumnado para coñecela mellor e para coñecerse. 

 

Trátase dunha saída ao val de Mandeo consistente nunha ruta circular que parte de Espenuca  e retorna ao mesmo lugar logo de pasar por lugares como O Zarzo ou Chelo. 

 

O martes 24 de maio partiparán na saída os alumnos e alumnas dos grupos A e C e o luns 30 os grupos B e D

 

IES Francisco Aguiar no río Mandeo. on PhotoPeach

Distribuir contido