1º ESO

Nova entrega dos Diálogos con Scratch

Nesta ocasión presentamos os diálogos feitos polos alumnos e alumnas de 1ºC e D da ESO. Agardo que vos guste.

 

1ª entrega Diálogos Scratch programación 1º ESO

Dende a optativa de Programación en 1º da ESO facemos pública a

1ª entrega dos Diálogos feitos co Scratch.

1ºB

Diálogos orixinais feitos cas persoaxes e fondos do Scratch (case todos) que levan moito traballo e ilusión. Con algún que outro problema técnico (hai quen se queixou de que non podía poñer acentos) aquí están case todos. Por favor, profes de Galego, non sexades demasiado malos e animádevos vós tamén a empregar esta ferramenta. 

 

3 febrero. Encontro co escritor Miguel Gallardo

O 3 de febreiro, mércores...

ENCONTRO DE ALUMNOS CON MIGUEL GALLARDO

Sala Xulio Cuns do Edificio Liceo do Concello de Betanzos
12:45

Mañá no encontro con Miguel Gallardo teremos moi presentes estas dúas novidades da nosa biblioteca que permiten un achegamento, coa maior das sensibilidades, á diversidade de todas as persoas.

 

 

 

The Specialist Academy from Miguel Gallardo on Vimeo.

Paisaxes animados con Scratch 1ºESO

Dende a Asignatura Programación de 1º da ESO comprácenos compartir unha mostra do proxecto "Paisaxe Animado" que realizamos na primeira avaliación. O elexido para mostra é o exercizo de Áriel Martinez Cancio que debuxou e animou unha biblioteca con libros voadores, plumas bailarinas e falantes, e imaxinación a raudales. Todos os debuxos son orixinais e feitos "a rato" (con todo o mérito que eso tén). Agardamos que vos guste e serva tamén coma "Animación á lectura" Guiño.

Preme na bandeira para comezar.

 

Carmen Núñez

 

 

"Leoa" de outubro 2015. Grrrrrrr!

 

De quen moito zampa díse "zampón", de quen moito chapa, "chapón". A quen lle gustan as lambetadas dicímoslle "lambón" e do que papa en exceso ou é un  pouco simple de máis dicimos que é un "papón"...

Daquela...a Biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar ven de crear un prestixioso premio  para recoñecer ao alumno ou alumna que cada mes leve máis libros en préstamo e os lea.  Lóxicamente de quen máis lea dirase que é un  "león" ou "leoa".

A primeira persoa que mereceu esta honra, e polo tanto entra nos anais do noso Instituto e Biblioteca, é a alumna de 1º da ESO:

Vanessa Cachaza Grill, "leoa de outubro 2015"  Grrrr!

Descubrindo a natureza próxima: Monte do Gato. 21 e 23 de outubro

 

 

Un ano máis o departamento de Educación Fisica promove unha actividade de descubremento da natureza próxima, de convivencia e de coñecemento do propio corpo. Trátase dunha rota de sendeirismo que se desenvolverá nun paraxe moi cercano pero, cecais, descoñecido o Monte do Gato no Concello de Coiros.

O 21 de outubro será o alumnado de ESO 1º C e D quen disfrute da exeriencia. Despois, o venres 23, tocará o truno ao alumnado dos grupos A e B de 1º da ESO

9.VI.2015. Andaina polo Camiño de Santiago. Breamo-Betanzos

O martes 9 de xuño o alumnado de 1º da ESO dos grupos A e B iniciaranse nas andainas polo Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Concretamente realizarán o precioso tramo dende Breamo, pertiño de Pontedeume, ata Betanzos acompañados polos profesores Pancho Sánchez, Javier Feliz e como "guía emérito" polo inciador destas andaitas, Tino Chao. 

 

Agardan iniciar a camiñata sobre as 9.20 na fermosa capela románica de San Miguel de Breamo. Ás 13 horas está prevista a chegada a Miño con parada para comer e reparador descanso na Praia Pequena. Ás 15 horas reanudarase a andaina para chegar ao noso instituto arredor das 18.00 horas,  cansados pero, estams seguris que felices pola experiencia de esforzo e convivencia.

Distribuir contido