1º ESO

Á luz das mámoas. Obradoiro de pintura megalítica para alumnado de 1º da ESO. 11.V.2016

O Departamento de Xeografía e Historia recibíu recentemente unha interesante proposta, a celebración dun obradoiro experimental de pintura megalítica no que o noso alumnado de 1º da ESO toma contacto coas técnicas artísticas que decoran o interior das cámaras funerarias empregando os pigmentos e aglutinantes orixinais.

Tras diste proxecto atópase un grupo de xoves e entusiastas arqueólogos. A súa  inciativa Á luz das mámoas (http://aluzdasmamoas.gal), parte do proxecto de conservación dun conxunto arqueolóxico no concello lucense do Saviñao, na Ribeira Sacra. Como parte do programa apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia realizan actividades divulgativas entre a poboación escolar coa finalidade de contribuír á súa concienciación patrimonial.

Para seguilos en facebook

 

V Xornadas de Atención á Diversidade

O venres 6 de maio darán comezo no Edificio Liceo de Betanzos,  as V  Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade cun programa centrado en motivación, educación emocional e prevención do acoso(enlace) que se extenderá ata o seguinte día 7 de maio

Encargouse ao noso Instituto a presentación nestas V Xornadas  dun pequeno traballo audiovisual realizado co noso alumnado. Concretamente fixémolo sobre a educación das emocións e o resultado é o seguinte video (inspirado nun video tailandés)

 

PARABÉNS ÁS PROFES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN (idearon e dirixiron)

E AOS ALUMNOS E ALUMNAS QUE CON TANTO ENTUSIASMO SE PRESTARON A ESTE TRABALLO

Obradoiro de radio. Manuel María e as Letras Galegas

Lucía é dabondo coñecedora do Aguiar e coñecida neste instituto porque foi alumna nosa. Sergio veu con ela e xa é como da familia. Desembarcan cada ano,  e xan van cando menos tres, cunha chea de "trastos" e sobre todo coas súas figuras entusiastas e xuvenís rebosantes de enerxía e de cariño polo que fan que non é outra cousa que RADIO. Cargados con pesadas maletas aparecen pola porta. Non lles quedan mans libres. Cando se abren esas maletas  deixannos ver unha chea de cables e micrófonos de radio. Mesa de mezclas, ordenador, micrófonos e cables, cables, cables... e unha experiencia, xa de anos, levando a radio aos centros de ensino dende primaria á universidade.

Un ano máis o Departamento de Lingua e Literatura Galega en colaboración co Concello de Betanzos ofrece ao noso alumnado de 1º da ESO unha experiencia única.  Trátase do obradoiro de radio  que anualmente se adica ao persoeiro homenaxeado polas letras galegas, este ano o poeta chairego  Manuel María.

Lucía Abarrategui e Sergio Pascual  realizan este obradoiro de radio con todos os alumnos e alumnas de 1º da ESO en quedans de 100 minutos. Os pasados martee e mércores foron os grupos A e D os que participaron na actividade. O venres 8 de maio serán os grupos B e C de 1º ESO.

Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico campeona en carreiras de orientación

Na imaxe Alba( terceira pola dereita) gañadora do campeonato escolar provincial celebrado o 7 de abril en A Coruña 

Chegou aos nosos oídos... un novo triunfo da nosa alumna de 1º da ESO, Alba Dopico nas carreiras de orientación .

 

No seu día deramos conta da nova de que Alba participaría no nome do IES Francisco Aguiar no Campeonato Provincial Escolar a celebrar en O Burgo o 7 de abril na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. O resultado non puido ser mellor: 1º posto para Alba, como podedes ver na imaxe que abre esta noticia. Pero deixemos que sexa ela quen nos faga a crónica:

 

O pasado sabado, dia 16 (de abril) , fun ao campeonato escolar galego en O Carballiño e quedei en segunda posicion, pero para o ano que ven... a pola primeira!, xa que aínda teño un ano mais para competir, este año era la pequeña del grupo.

 

O dia 6 de maio irei a Granada, ao campeonato escolar de España. Podo participar a nivel nacional  polos meus resultados na liga Galega na categoria M21 B.

 

27 de abril. Recibimos a visita de Érica Esmorís

O mércores 27 á 5ª hora da mañá, no noso Salón de Actos,  o alumnado de 1º da ESO tivo a oportunidade de charlar coa escritora Érica Esmorís.

Tratase dunha actividade organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega para estimular o coñecemento personal, por parte dos nosos alumnos,  dos escritores e escritoras que están a ler nas aulas. 

O Aguiar na X Feira matemática

Un ano máis o Departamento de Matemáticas do noso Instituto presenta a súa participación na Feira Matemática que organiza AGAPEMA (Asociación Galega de Profesores de Matemáticas)

Nesta ocasión presentámonos con dúas actividades. Por unha banda un clásico, a resolución de sudokus xigantes que presentaron un grupo de alumnos co profesor José Antonio Varela (Cheché).

Por outra banda, a novidade que puidemos coñecer na V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía presentada polo profesor Diego Félix Armesto e un entusiasta grupo de alumnos de 1º da ESO: a elaboración de hipercubos.

O éxito foi abrumador  se atendemos a afluencia de visitantes interesados polas actividades que presentaban os nosos compañeiros.

Parabéns a alumnado e profesores!

CARREIRA SOLIDARIA "Corre por Betanzos 2016". Venres 22.IV.2016

O Venres, 22 de abril de 2016, terá lugar a “Carreira Solidaria Corre por Betanzos 2016”, que organiza o colexio CEIP Vales Villamarín no que colabora o IES Francisco Aguiar e os  demais centros educativos de Betanzos e do Concello. A carreira realizarase na pista de atletismo anexa ao campo de fútbol García Irmáns e  arredores, con fins solidarios (sen cronometraxe nin premios para os máis rápidos) e todos os alimentos recaudados destinaranse a Cruz Vermella e a Cáritas.


 

A proba terá 4 quendas de participación:

  • Terceiro, cuarto e quinto de E.Primaria: 9.15 horas a 10.15 horas.
  • E.Infantil: 10.30 a 11.00 horas.
  • Primeiro e segundo de E.Primaria: 11.05 a 12.00 horas.
  • Sexto de E.Primaria e 1º da ESO: 12.30 a 13.30 horas.

A carreira terá unha duración de 10 minutos (para os niveis de E.Infantil e 1º e 2º de E.Primaria) e de 15 minutos para o resto dos niveis.

Cada neno/a terá a posibilidade de invitar a unha persoa adulta (familiar, veciño, etc) para participar con el/a na carreira


 

Os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria correrán arredor da pista de atletismo que rodea o campo de fútbol García Irmáns (500 metros).

 

Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º ESO o farán na pista sinalada na fotografía (1 volta = 1 kilómetro).

O percorrido estará delimitado por conos e cinta de balizaxe, ademais de varios mestres e membros de Protección Civil cubrindo o circuito.

 

O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade. Por iso, cada alumno/a deberá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella e Cáritas de Betanzos.

Os alumnos do Colexio “Nuestra Señora del Carmen” deixarán os alimentos no centro e Cáritas encargarase de ir a recollelos. 

 

Os alumnos dos demais centros 3º levarán os alimentos á zona da carreira e os deixarán na zona habilitada para que sean recollidos pola Cruz Vermella. 

Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico nos Campeonatos Escolares de Orientación

Na imaxe,  Alba no máis alto do podio nunha carreira en Navacerrada no pasado mes de setembro

Chegou aos nosos oídos... e recoñezo que foi unha sorpresa para quen escribe estas liñas coñecer a afición de Alba Dopico polas carreiras de orientación. Foi nunha das saídas á natureza organizadas polo departamento de Educación Física onde Alba deunos a coñecer a súa particiopación nesta modalidade deportiva. A seguinte sorpresa veu cando meses, máis tarde solicitou participar no nome do IES Francisco Aguiar nos Campionatos Escolares que se celebrarían na Coruña no mes de Abril.

E hoxe, 7 de abril,  é o día no que Alba concreta dita participación na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. A proba terá lugar en O Burgo (Culleredo).

Non nos queda máis que desexar sorte a Alba.

Encántanos dar noticia dos seus esforzos.

 Esperamos dar conta dos seus éxitos.

ANIMO! ( e non perdas o rumbo)  

Nova entrega dos Diálogos con Scratch

Nesta ocasión presentamos os diálogos feitos polos alumnos e alumnas de 1ºC e D da ESO. Agardo que vos guste.

 

Distribuir contido