Chegou aos nosos oídos...Alba Dopico nos Campeonatos Escolares de Orientación

Na imaxe,  Alba no máis alto do podio nunha carreira en Navacerrada no pasado mes de setembro

Chegou aos nosos oídos... e recoñezo que foi unha sorpresa para quen escribe estas liñas coñecer a afición de Alba Dopico polas carreiras de orientación. Foi nunha das saídas á natureza organizadas polo departamento de Educación Física onde Alba deunos a coñecer a súa particiopación nesta modalidade deportiva. A seguinte sorpresa veu cando meses, máis tarde solicitou participar no nome do IES Francisco Aguiar nos Campionatos Escolares que se celebrarían na Coruña no mes de Abril.

E hoxe, 7 de abril,  é o día no que Alba concreta dita participación na categoría infantil entre 13 e 14 anos e na modalidade de Carreira de Orientación a pé. A proba terá lugar en O Burgo (Culleredo).

Non nos queda máis que desexar sorte a Alba.

Encántanos dar noticia dos seus esforzos.

 Esperamos dar conta dos seus éxitos.

ANIMO! ( e non perdas o rumbo)