1º ESO

Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa

11/05/2021 09:30
11/05/2021 12:15
Etc/GMT+2

Ao longo da mañá do 11 de maio, o alumnado de 1º de ESO C visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.

O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

O grupo de 1º C visitará o CIEC as tres últimas horas.

Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa

10/05/2021 06:45
10/05/2021 09:30
Etc/GMT+2

Ao longo da mañá do 10 de maio, o alumnado de 1º de ESO B visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.

O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

O grupo de 1º B visitará o CIEC as tres primeiras horas.

Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa

07/05/2021 06:45
07/05/2021 09:30
Etc/GMT+2

Ao longo da mañá do 7 de maio, o alumnado de 1º de ESO A visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.

O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.

O grupo de 1º A visitará o CIEC as tres primeiras horas.

Cuentos actualizados: Los cuatro amigos.

Desde el Deparatamento de Lengua Castellana comenzamos una simpática adpatación de cuentos populares realizados y narrados por el alumnado de 1º ESO.

Carreira a Santiago, outro proxecto dos 1º ESO neste Xacobeo 2021

Compartimos convosco unha pequena idea dunha carreira de dispares peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. 

 

Estudo en Scratch

Preme na imaxe para acceder ao estudo en Scratch.

@ticsbeta

Talleres de Intervención Socioeducativa nas aulas

07/04/2021 07:35
07/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco), a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.

  • 1º A, de 9:34 a 10:25
  • 1ºB, de 10:40 a 11:30
  • 1ºC de 12:35 ás 13:25

Aprendo Programando ''As etapas xeográficas do Camiño Francés a Santiago'' Xacobeo 2021 en 1º da ESO

En Programación 1º da ESO seguimos aprendendo co Camiño de Santiago neste ano Xacobeo 2021 no que non temos máis remedio aínda de percorrer o camiño de xeito virtual.

Para que nos acompañedes e aprendades con nós, creamos uns videoxogos (está mal que a profe o diga pero, son espectaculares!!!) recollidos no estudo de Scratch ao que podedes acceder clicando na imaxe seguinte.

xogo km estudo scratch

Para xogar selecciona o xogo e preme a bandeira, desprázate coas frechas, recolle cousas positivas e esquiva as negativas que restan vidas. E, moi importante, disfruta das paisaxes e dos cambios que apreciarás nos diferentes tramos do Camiño.

Grazas a Julián Ferrer e ao departamento de Xeografía e Historia por axudarnos a programar esta viaxe!

Nota: se queredes escoitar ''miañar'' o que tedes que xogar é ao ''Gatoregrino'' de David ou o Xogo dos km de Óscar. Se queredes ver uns deseños xeniais, aparte dunha programación impecable, tedes que probar os xogos de Lucía, Judith ou Ángela. 

ticsbeta

 

Folerpas de neve. Meteoescolas de Nadal

Anticipándonos á borrasca Filomena, dende o equipo de 'Meteoescolas' do Aguiar elaboramos folerpas de neve co alumnado de 1º ESO.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Meteoescolas decembro: folerpas de neve

Santo Domingo. Plan Proxecta. Proxectos deportivos PDC

Practicando baloncesto e buscando vocacións deportivas entre as nenas.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Santo Domingo

Diálogos animados, avanzando na Programación e no Camiño. Plan Proxecta: Aprendo Programando Xacobeo 2021

Seguimos a avanzar no manexo de Scratch, avanzamos creando diálogos animados. Compartimos convosco unha nova entrega da nosa viaxe facendo un 'Camiño Xacobeo 2021' virtual. Agardamos que vos gusten
                                                        
 Parabéns a Manuel C., David B.,  Lucía P., Judith S. e Paula V. de 1º da ESO polos seus traballos nesta 'aventura programada'

ticsbeta

Distribuir contido