1º ESO

Carreira de Orientación - 1º ESO

 

O pasado luns día 20 de decembro o alumnado dos catro grupos de 1º de ESO participou nunha carreira de Orientación no parque do Pasatempo.

 

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Carreira Orientación 1º ESO

Visita ao centro de Sara Carreira, xornalista de La Voz de Galicia

 

No marco do programa educativo La Voz de la Escuela, desenvolvido no Aguiar pola profesora de Lingua Castelá Elvira Castro, a xornalista Sara Carreira, de La Voz de Galicia, veu ao noso centro o pasado día 17 de decembro para dar unha charla a un grupo de 1º de ESO e outro de 2º de ESO.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Charla La Voz de la Escuela

Charla de Sara Carreira, xornalista da Voz de Galicia.

17/12/2021 10:35
17/12/2021 11:25
Etc/GMT+2

O día 17 de decembro visítanos Sara Carreira, xornalista da Voz de Galicia, para dar unha charla a 1ºB e 2ºD de ESO sobre o proxecto A voz da Escola.

 

Iniciación ás carreiras de orientación

20/12/2021 09:00
20/12/2021 12:00
Etc/GMT+2

Os grupos de 1º de ESO sairán do instituto e realizarán actividade deportiva na controna do Pasatempo.

Búscase iniciar o alumnado nas carreiras de orientación e ensinar a interpretar mapas, escalas, simboloxía, etc.

Maquetas. Clima de Galicia

O alumnado de 2º da ESO, dirixidos polo seu profesor Julián Ferrer,  participa, dende a materia de Xeografía,  no proxecto de Meteoescolas ( que coordina a profesora Pilar Vázquez Febreiro).

Desta volta aportan un traballo de elaboración de maquetas relativas ao clima de Galicia: dominios climáticos, mapas de frecuencia de precipitacións, comparación de frecuencia de nevadas en varios anos, mapas de oscilación térmica, climográmas de cinco estacións significativas, prospeccións de evolución do clima para futuros anos e caricaturas alusivas ao cambio climático....

Álbum: Curso 2021-2022 -> Maquetas de clima de Galicia

"Toy Story 1", de Carlos Negro, por Inés Becerra

 

"TOY STORY 1", é un poema de Carlos Negro

no seu poemario "Masculino Singular" (Xerais, 2016) 

A lectura (magnífica!) de Inés Becerra Pena de 1º da ESO

Plan Director - Formación sobre Acoso Escolar (II)

30/11/2021 06:45
30/11/2021 10:20
Etc/GMT+2

 

Os grupos de 1º de ESO recibirán formación por parte de Guardia Civil sobre as formas do acoso escolar e as formas de combatilo.

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Esta semana o alumnado de 1º de ESO, novo no instituto, está a recibir por quendas sesións de formación de usuarios, coñecendo a biblioteca do Centro e aprendendo a localizar libros.

Aprendo Programando, Intelixencia Artificial e Machine Learning para un Chatbot Xacobeo

Na derradeira sesión de Programación no marco do Plan Proxecta: Aprendo Programando Xacobeo 2021, decidimos tirar a casa pola ventana, e experimentar un chisquiño coa Intelixencia Artificial e o Machine Learning para programar un Chatbot Xacobeo que responda dúbidas aos peregrinos que interactúen con él.

Mediante contas de alumnado titorado na web Machine Learning for Kids, entre todos, entrenamos un pequeno chatbot para responder a 4 sinxelas preguntas sobre o camiño. Pero no canto de que as preguntas teñan que ser ríxidas e exactas para que o programa funcione, entrenamos o noso modelo de Machine Learning para que sexa capaz de recoñecer a nosa linguaxe natural. 

Explícovos un chisco o oso proceder na seguinte presentación e vídeo xa que Machine Learning for Kids non permite compartir os proxectos creados na súa extensión de Scratch.

Por certo, o alumnado realizou o reto enseguida e moi satisfactoriamente, case de xeito natural, e que esta xeración xa naceu case rodeada desta tecnoloxía. Este foi para todos unha forma de comprender o funcionamento do entorno "tecnolóxico" no que vivimos e poder afrontar mellor no futuro o seu funcionamento e implicacións para, quén sabe, contribuir o desenvolvemento da tecnoloxía AI for good

Aprendo Programando con Mapas interactivos do Camiño de Santiago feitos con Scratch e Makey Makey

Chegando xa o fin da nosa andaina no Plan Proxecta Aprendo Programando pasamos ao mundo físico elaborando mapas interactivos con Scratch e Makey Makey.

Con textos orixinais de Julián Ferrer @xiztoria e locucións do alumnado de 1º ESO presentámovos un par de percorridos polos monumentos e a gastronomía do camiño. Para poder executalos sen o mapa interactivo tedes que premer nas teclas e frechas seguintes:

frecha arriba, frecha esquerda, frecha dereita, frecha abaixo, espazo, tecla g (só en monumentos), tecla f, tecla d, tecla s, tecla a

Tede paciencia, xa que cos audios, tardan un chisco en cargar.

Algunha imaxe dos nosos mapas

A maiores de dar o salto A maiores de dar o salto ao mundo físico coas placas Makey Makey, tamén experimentamos un par de proxectos coas BBC Micro:bit facendo un contador de pasos para o camiño e un mapa con luces led que nos serve de guía.

Distribuir contido