Skip to Content

Aprendo Programando, Intelixencia Artificial e Machine Learning para un Chatbot Xacobeo

Na derradeira sesión de Programación no marco do Plan Proxecta: Aprendo Programando Xacobeo 2021, decidimos tirar a casa pola ventana, e experimentar un chisquiño coa Intelixencia Artificial e o Machine Learning para programar un Chatbot Xacobeo que responda dúbidas aos peregrinos que interactúen con él.

Mediante contas de alumnado titorado na web Machine Learning for Kids, entre todos, entrenamos un pequeno chatbot para responder a 4 sinxelas preguntas sobre o camiño. Pero no canto de que as preguntas teñan que ser ríxidas e exactas para que o programa funcione, entrenamos o noso modelo de Machine Learning para que sexa capaz de recoñecer a nosa linguaxe natural. 

Explícovos un chisco o oso proceder na seguinte presentación e vídeo xa que Machine Learning for Kids non permite compartir os proxectos creados na súa extensión de Scratch.

Por certo, o alumnado realizou o reto enseguida e moi satisfactoriamente, case de xeito natural, e que esta xeración xa naceu case rodeada desta tecnoloxía. Este foi para todos unha forma de comprender o funcionamento do entorno "tecnolóxico" no que vivimos e poder afrontar mellor no futuro o seu funcionamento e implicacións para, quén sabe, contribuir o desenvolvemento da tecnoloxía AI for good



page | by Dr. Radut