1º ESO

Obradoiro de afecto para os 1º da ESO a cargo da asociación CASCO de A Coruña

obradoiro de afecto

 

 

Ao longo desta semana, os 1º da ESO realizarán un obradoiro sobre afecto ofrecido pola asociación CASCO (Comité AntiSida de A Coruña).

Datas e horarios.

Todos os obradoiros teñen unha duración de dúas sesións de clase, e teñen un descanso/recreo no medio

Día e hora Curso
Luns 4 de novembro de 11:30 a 13:25 ESO 1º A
Martes 5 de novembro de 11:30 a 13:25 ESO 1º B
Mércores 6 de novembro de 11:30 a 13:25 ESO 1º D
Xoves 7 de novembro de 11:30 a 13:25 ESO 1º E
Venres 8 de novembro de 11:30 a 13:25 ESO 1º C

 

 

 

 

 

Introdución aos e-téxtiles na Fundación Barrié. Exposición de Norman Parkinson

Hoxe, o alumnado de Programación de 1º da ESO, acudiu á Fundación Barrié en A Coruña para realizar un obradoiro e coñecer o traballo do fotógrafo Norman Parkinson. Despois de charlar de fotografía e historia da moda, acudimos ao taller para realizar a que, para moitos, seica foi a súa primeira cita coa costura. Para qué? Para iniciarnos nunha das tendencias que pode vir na moda do futuro, os e-téxtiles . Como esta era só unha iniciación o que fixo cada alumno/a asistente ao obradoiro foi coser unha luz LED nun pequeno anaco de fieltro, para logo comprobar o seu funcionamento e realizar un pequeno programa con Scratch e a controladora MakeyMakey.

Pequena reflexión tras o taller: é interesante que aprendades a empregar a agulla e o fío, poden ser tremendamente útiles e ... non morden Guiño.

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Brazaletes intelixentes na Fundación Barrié

Brazaletes intelixentes con Scratch e Makey Makey para alumnado de Programación 1º ESO

Luns 28 de outubro de 2019

Obradoiro na Fundación Barrié en A Coruña con motivo da exposición do fotógrafo Norman Parkinson.


brazaletes

Fotografía e moda serán o punto de partida para que os participantes anímense a crear un accesorio de moda interactivo. Tras analizar un dos retratos tomados por Parkinson a Audrey  Hepburn, os participantes  reinterpretarán a súa vestimenta. O obxectivo principal desta actividade é achegar aos participantes as novas tendencias en deseño de roupa  intelixente. Así mesmo, que descubran dunha forma divertida e entretida como  Norman Parkinson evolucionou na súa época as reportaxes de moda. Para iso, terán unha iniciación básica á electrónica e a novas técnicas para a integración da tecnoloxía en téxtiles.  Durante esta actividade desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de iniciarse  á técnica da costura.

Axenda telefónica galega por Noelia RC 1º ESO. Despedida ao alumnado de Programación 1º ESO curso 18/19

Nestas alturas de curso toca correxir e despedirse, non podo coma docente deixar de abraiarme por todo o que avanzáchedes dende que comezou o curso. O voso traballo, os vosos debuxos e a vosa creatividade, botareinas en falta e sei que seguerán a medrar cos anos. profeticsbeta@gmail.comOs murmullos e que non sexades capaces de deixar de falar 2 minutos seguidos e, esas sesións de clase sempre a derradeira hora da mañá, cando todos estamos xa coas pilas un pouco baixas, crédeme que non.

Compartimos coma despedida unha das axendas máis orixinais, que vestiu a 'Siri' de galega, que a verdade e que lle senta moi ben.  Pasade bó verán.

Participación na carreira solidaria organizada polo 'Vales' 'Corre por Betanzos 2019'

 
carreira solidariaO vindeiro XOVES, 11 DE ABRIL DE 2019, terá lugar a “Carreira Solidaria Corre por Betanzos 2019”, que organiza o colexio CEIP Vales Villamarín coa colaboración do Concello e dos demais centros educativos de Betanzos e das unitarias de Coirós e Paderne. A carreira realizarase na pista de atletismo anexa ao campo de fútbol García Irmáns e  arredores, con fins solidarios (sen cronometraxe nin premios para os máis rápidos).

Os alimentos recaudados destinaranse a Cruz Vermella e a Cáritas.

Este ano, ademais, animamos a toda a comunidade a colaborar na iniciativa que promove un alumno do Vales Villamarín “LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA”.

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará a súa participación na carreira na quenda de  12.30 a 13.30 horas. A carreira terá unha duración 15 minutos. O día da carreira terán que vestir roupa e calzado axeitado (preferentemente camiseta de cor branca).     

Cada alumno/a participante recibirá un dorsal como recordo da súa participación no evento. Estos dorsais serán proporcionados polo CEIP Vales Villamarín ao resto de centros (antes da proba), e cada alumno/a o decorará ao seu gusto, levándoo posto no momento da carreira.

 

O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade. Por iso, cada alumno/a poderá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar ao centro en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella e Cáritas de Betanzos.


Os alumnos deixarán os alimentos no centro e Cáritas e Cruz Vermella encargaranse de ir a recollelos. Ademais, haberá a posibilidade de que os nenos/as ou os seus familiares leven os alimentos o mesmo día á zona da carreira e os deixarán na zona habilitada para que sexan recollidos por Cáritas e Cruz Vermella.


Animamos a toda a comunidade a colaborar coa iniciativa "LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA" que promove un alumno do CEIP Vales Villamarín. 

 

Crónica en imaxes da actividade de Iniciación ao Golf en Paderne cos 1º da ESO

Os pasados 26 e 27 de marzo, o alumnado de 1º da ESO asistiu xunto ao seu profesor de Educación Física, José Permuy, a unha sesión de iniciación ao golf nas instalacións de Paderne.

Á vista das imaxes, sobra dicir que foi unha xornada proveitosamente divertida.

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita na galería fotográfica do centro o álbum da actividade.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Golf1ºESO

Actividade deportiva co Club Baloncesto Santo Domingo. Lembrade traer roupa deportiva.

 

santo

Un pequeno recordatorio do que xa vos comentamos na clase.

O vindeiros días os 1º e 2º da ESO terán unha sesión de entrenamento co club de baloncesto Santo Domingo Betanzos. Se non tedes educación física ese día, por favor  lembrade vir con roupa deportiva.

 

Venres 22 marzo   de 10:40 a  11:30 ESO 2ºA e 2ºD

Venres 22 marzo   de 12:35 a 13:25  ESO 1ºB e 1ºD

Luns    25  marzo   de 11:30 a 12:20 ESO 2ºB e 2ºC

Martes 26 marzo    de 17:10 a 18:00  ESO 1º A e 1ºC

 

A actividade desenvolverase no pabellón ximnasio

2ª sesión do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' 1ºBAC E e alumnado HMC de 1ºBAC C

falame da escola

 

 

 

 Mércores 20 de Marzo 2019

Derradeira sesión neste curso do encontro con maiores do espazo +60 de Afundación. Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia. Alumnado e maiores compartirán as súas experiencias, historias e soños para a escola pasada, presente e futura. De 9:35 a 11:15.

 

 

 

 

 

 

Xincana literaria para o alumnado de 1ºA e B da ESO

Xandobela

O martes 26 de febreiro, celebrando aínda que seña algo tarde o día de Rosalía. Organizada polos Departamentos de Normalización Lingüística e Lingua Galega e Literatura a través do Concello de Betanzos.

A actividade desenvolverase no Ximnasio de 9:35 á 10:40 aproximadamente e virá da man do grupo de educación e dinamización sociocultural Xandobela.

Concello de Betanzos

 

 

Betanzos. 800 aniversario

 

O pasado 13 de febreiro a vella cidade de Betanzos vestíase de gala para conmemorar o 800 aniversario da súa traslación dende Betanzos o Vello ata o Castro de Untia. 

Como arranque dos actos que ese día tiveron lugar, a carón da Igrexa de San Martiño de Tiobre, o historiador e arquiveiro do Concello, Alfredo Erias, pronunciou unhas palabras para contextualizar o que estabamos a celebrar e o que celebraremos todo este ano que temos por diante.

 

 

 

800 aniversario da traslación de Betanzos o Vello ó Castro de Untia

 

palabras de Alfredo Erias en Tiobre

13-02-2019 ás 10 da mañá

 

Señora Alcaldesa de Betanzos, autoridades, amigos:

 

Tal día coma hoxe, hai xusto 800 anos, o rei Alfonso IX de León e Galicia concede unha carta ós poboadores de Betanzos de Tiobre, o que hoxe chamamos Betanzos o Vello (e que xa tiña desde 1162 o gremio de alfaiates ou xastres máis antigo de España), permitíndolles facer o que pediron: asentarse no veciño Castro de Untia, que pasaría a chamarse Vila Nova de Betanzos, despois Betanzos a secas e por derivación da confraría de Betanzos de los Caballeros que existía en san Francisco no século XV, aínda hai alguén que lle chama Betanzos de los Caballeros ou dos Cabaleiros. Pero como este Castro era por ese tempo propiedade do mosteiro de Sobrado, concede a este a cuarta parte de todas as rendas e proveitos da nova vila e a metade das capelas que se construísen. 

 

 .../...

 

 A historia non para e a vida sigue, mentres a cidade de Betanzos se vai adaptando ós tempos sen perder a súa esencia máis íntima: a de estar conectada co seu entorno rural, coa súa comarca, como poucas poboacións. 

É como se se resistira a esquecer a súa orixe de Tiobre. Por iso mesmo estamos hoxe aquí: para recordar ós nosos antepasados e aquel camiño que fixeron hai 800 anos e que sempre foi de ida e volta.

Moi agradecido!

 

Verémonos aquí mesmo dentro de cen anos.

NESTE ENLACE PODESE LER A INTERVENCIÓN COMPLETA DE ALFREDO EIRAS

 

E UN DÍA ANTES.... O 12 DE FEBREIRO

TAMÉN OS PEQUENOS DO AGUIAR QUIXEMOS CELEBRAR A EFEMÉRIDE

TRASLADÁNDONOS COA MESMA FESTA E ALEGRÍA DENDE TIOBRE ATA UNTIA

 

Escoitamos dos pregoeiros Martín Muiño e Óscar García o privilexio que nos concedía o traslado

 

 

Descubrimos estrelas de pedra marcando a orixe do camiño

 

 

 

Cruzamos pontes, resolvemos enigmas

 

 

Arribamos á cidade que agora cumple 800 x 12 meses

 

... /...

E aprestámonos a commemorar 800 anos betanceiros... que deron para moito:

 

. Para construir algunhas das máis fermosas igrexas góticas de Galiza

. Para ter que reconstruirmonos logo de pavorosos incendios.

. Para acoller a lideres da revolta irmandiña como Afonso de Carvallido,  ou ao precursor do nacionalismo, Antolín Faraldo

. Para que indianos xenerosos como os García Naveira regalasen á cidade escolas, asilos e enciclopédicos parques do

  Pasatempo

. Para escoitar a Lugris no primeiro mitin en galego que se escoitou en Galiza

. Para sentir polas rúas os sons do Turito ou a gaita do Vello Rilo

. Para ver pasearse ceibo polo Campo ao porco de san Martiño

. Para ser capital de provincia e Sé do Arquivo do Reino

. Para loitar con rexemento propio contra o francés ou ser zona de operacións do maquis Foucellas

. Para albergar unha puxante Irmandade da Fala

No Aguiar declarámonos dispostos para seguir facendo Betanzos outros 800 anos máis  

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido