2º ESO

De e-téxtiles e paper circuits, proxectos para un ano hackobeo

Velaí van algunhas das divertidas propostas do alumnado de 2º ESO A e B para un ano hackobeo. Estas propostas de proxecto tecnolóxico en electricidade están realizadas non ao xeito convencional senon empregando fíos e tiras conductoras. 

→ E-téxtiles: circuítos electrónicos integrados en téxtiles con fío, tea ou pintura condutora
→  Paper  circuits: circuítos electrónicos integrados en papel utilizando a pintura ou o fío condutor

Álbum: Curso 2020-2021 -> Etexiles e papercircuits 2ESO

Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)

 

Betanzos acolleu entre o 12 e 18 de xuño o Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino).

O IES Francisco Aguiar, e máis concretamente, algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO achegáronse a ver algún partido e alí coincidiron co gran baloncestista galego Fernando Romay. Queda a foto para a lembranza do día.

Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)

18/06/2021 08:20
18/06/2021 10:35
Etc/GMT+2

Calendarios de los Campeonatos de España Infantiles - PORTADA - NOTICIAS -  Federación de Baloncesto de Madrid

Algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO, que practican baloncesto habitualmente, acudirán co seu profesor de Educación Física a presenciar o Campionato de Baloncesto Infantil en Betanzos.

Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)

17/06/2021 10:20
17/06/2021 12:15
Etc/GMT+2

Calendarios de los Campeonatos de España Infantiles - PORTADA - NOTICIAS -  Federación de Baloncesto de Madrid

Algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO, que practican baloncesto habitualmente, acudirán co seu profesor de Educación Física a presenciar o Campionato de Baloncesto Infantil en Betanzos.

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo

22/06/2021 10:20
22/06/2021 12:15
Etc/GMT+2

Canoas Madrid, kayak, piraguismo, descenso del río Tormes en Salamanca y  Gredos

 

O día 22 de xuño o grupo de 2º de ESO C practicará piragüismo no río Mandeo.

Remando no Mandeo. Práctica de piraguismo

21/06/2021 10:20
21/06/2021 12:15
Etc/GMT+2

Canoas Madrid, kayak, piraguismo, descenso del río Tormes en Salamanca y  Gredos

 

O día 21 de xuño o grupo de 2º de ESO D practicará piragüismo no río Mandeo.

Dixitalizamos os planos das nosas pontes en 2º ESO

Despois de entregadas as memorias das pontes de Tecnoloxía, estivemos un par de sesións antes das vacacións de Semana Santa para aprender a dixitalizar os nosos bocetos e croquis das pontes. Realizámolos co paquete ofimático Libre Office e, para moitos alumnos/as, foi a súa primeira incursión no debuxo con ordenador.

Compartimos aquí algún dos traballos realizados por Anne, Candela, Nerea, Miriam, Pablo R. Pablo G, Alejandro e Saúl.

Pontes 2º ESO álbume na galería fotográfica dos autores das maquetas (grupos A e B de momento)

Recén inaugurada a flamante primeira fase da exposición de proxectos 2º ESO ''Pontes: acurtando distancias'', chegou o momento de visibilizar ás enxeñeiras e aos arquitectos (e viceversa) que construiron estas pequenas obras de arte. 

Velaquí a galería fotográfica de, de momento, 2º A e B. 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Proxecto Tecno 2º ESO Estructuras: Pontes: acurtando distancias

Obradoiro de intervención socioeducativa nas aulas (III)

12/04/2021 07:35
12/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado no cannabis, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.

  • 2º C, de 9:35 a 10:25
  • 2º D, de 10:40 a 11:30
  • 2º E de 12:35 ás 13:25

Obradoiro de intervención socioeducativa nas aulas (II)

09/04/2021 07:35
09/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco) para 1º D e no cannabis, para 2ºA e 2ºB, a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.

  • 1º D, de 9:34 a 10:25
  • 2ºA, de 10:40 a 11:30
  • 2ºB  de 12:35 ás 13:25
Distribuir contido