Taboleiro

Procedementos de reclamación. Curso 2020-2021

Circular 2/2021 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2020-2021.

 

Solicitude de REVISIÓN NO CENTRO (ao departamento) ESO e 1º BAC. No centro. Prazos:

  • Convocatoria extraordinaria: Luns 6 e martes 7 de setembro de 2021 (ata as 14.00 horas).

Notificación da resolución do departamento ESO e 1º BAC:

  • Convocatoria extraordinaria: 8 de setembro de 2021.

Solicitude de RECLAMACIÓN ANTE A XEFATURA TERRITORIAL. ESO e 1º BAC. No centro.

  • Convocatoria extraordinaria: Xoves 9 e venres 10 de setembro de 2021 (ata as 14.00 horas).

Cultural Class - inmersión na cultura anglosaxona

 

 

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato puido asistir onte, xoves 14 de outubro, a unha conferencia en lingua inglesa sobre a cultura dos países anglosaxóns.

A charla foi ofrecida de maneira gratuita pola editorial educativa Burlington.

Convocatoria de AXUDAS municipais para a adquisición de equipos informáticos

 

 

O Concello de Betanzos ofrece unha liña de axudas para alumnos/as empadronadas na localidade para a adquisición de equipos informáticos.

O prazo de presentación é de 30 días hábiles a contar desde o día da publicación da axuda (6 de setembro de 2021).

Para descargar a solicitude, premer aquí.

Información proxecto Edixgal

Adxuntamos o tríptico informativo actualizado para o curso 2021-22 do Proxecto Edixgal. Contén información de interese para o alumnado e familias da ESO nas que está implantado este proxecto.

edixgal

Exposición no Liceo das fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO (curso 2021/22)

04/10/2021 22:00
29/10/2021 21:59
Etc/GMT+2

Fotografías e información de edificio del archivo(liceo) en Betanzos,  Rincones del mundo

 

Entre os días 5 e 29 de outubro o edificio Liceo de Betanzos acollerá unha exposición coas fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO no curso 2020/21.

Animamos a toda a comunidade educativa a visitar a exposición e admirar as fotos realizadas polo alumnado.

 

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO (IV)

Rematamos cun par de traballos máis de Sociolingüística. En primeiro lugar, o traballo de Ángela Vila, Nerea Viqueira e Ían Sánchez, que indagaron nas Redes Sociais e móstrannos as reflexións sobre a lingua dos influencers Ángela Pego, Raúl Ben e Alba, quen fala orgullosa o seu fermoso galego occidental da Costa da Morte.

 

O grupo formado por Laura, Teresa e Sara Vázquez demostraron co seu traballo que o galego non é un impedimento para triunfar fóra: Sabela, Sadanza, Media Punta e Helena Lourenzo son artistas que luciron orgullosos lingua e cultura en diferentes concursos.

 

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO (III)

 

Os seguintes traballos sobre Sociolingüística galega son, en primeiro lugar, o realizado por Javier Sánchez, Sofía Dos Santos e Sara Varela, que se informaron sobre o audiovisual galego e descubriron que incluso a plataforma Filmin ten un curruncho para o coñecido como “Novo cinema galego”.

 

E en segundo lugar, presentamos aquí o traballo feito por Iván Sanjurjo, Nerea Sandá e Yago Muíño, quen montaron este vídeo con grupos de música que lles gustaron e que inclúe tamén unha entrevista á artista Guadi Galego (ver foto), que reflexiona con eles sobre a delicada situación do galego no momento actual.

 

Guadi Galego | MYM: Mujeres y música

 

Traballos sobre a historia das medidas de distancias. 1º de Bacharelato

 

Os alumnos de Física e Química de 1º de Bacharelato realizaron unha investigación sobre a evolución da medida de lonxitude (distancia), plasmando o seu traballo en carteis cunha liña de tempo. Aquí tedes o magnífico resultado:

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO (II)

Seguimos coa publicación na nosa páxina dos traballos de Sociolingüística realizados por alumnado de 4º da profesora Carmen Suárez.

 

O grupo formado por Roberto Gestal, Inés Ulloa e Patricia Mato, tamén de 4ºA, fixeron unha viaxe polo pop e o indi e falaron con Xiao Berlai.

 



No caso do grupo formado por Teo Feijoo e Antón Doporto, o seu traballo serviu para nos descubrir grupos de Rock, clásico e moderno, que quixeron compartir connosco. Os integrantes de Ruxe Ruxe explica por que cantan en galego.

 

 

Traballos sobre sociolingüística galega de 4º de ESO

22/06/2021
Etc/GMT+2

Un estudo recente da RAG sobre o emprego e coñecemento do galego entre a mocidade sinala que só un 30% ten o galego como lingua habitual e que o 35% do alumnado castelán falante remata a ESO cunha escasa competencia oral e escrita nesta lingua.

Unha das razóns que se apuntan para esta distancia entre a xente nova e o galego é a carencia de contidos atractivos para eles na nosa lingua. As rapazas e rapaces de 4º da ESO desmontan esa idea con exemplos atopados nas redes sociais, no audiovisual e nos diferentes estilos musicais : rock, rap, trap, pop, indie, tradicional. Engaden nos seus traballos a participación de músicos e influencers que comparten con eles reflexións sobre a súa relación co galego e animan ao seu uso.

Iniciamos a publicación dos traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO cun paseo polo pop, o rap e o trap en galego realizado por Jaime Carro, Ainhoa Crespo, Candela Lagares e Sergio Gayoso. Estes alumnos de 4º A conseguiron entrevistar ás integrantes de The Tetas bande De vacas.

 

 

 

No caso de Lucía Fernández e Fernando Gutiérrez, o seu traballo aborda o galego nas redes sociais, cunha entrevista á instagramer @unha_nova_paxarinha.

 

 Nos vindeiros días publicaremos máis traballos de 4º de ESO sobre sociolingüística.

 

 

 

Distribuir contido