Taboleiro

Ruta de sendeirismo por Betanzos (2)

24/04/2023 10:25
24/04/2023 12:00
Etc/GMT+2

Ruta de sendeirismo polas aforas de Betanzos, para E1C.

Ruta de sendeirismo por Betanzos

18/04/2023 10:25
18/04/2023 12:00
Etc/GMT+2

Saída de E1A polos arredores de Betanzos.

Bases do Safari Fotopoético 2023

 

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2023

https://www.facebook.com/biblioteca.franciscoaguiar

 

 

 

 

A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego.

 

Rexerase polas seguintes bases:

 

1.Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex- alumnos e ex-alumnas.

 

2.O safari fotopoético desenvolverase entre o 17 de abril e o 12 de maio do presente ano 2023.

 

3.O venres 12 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.

 

4.As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.

 

5.As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nunha pequena escolma de Francisco Fernández del Riego.

 

6.O texto elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.

 

7.As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (preferiblemente JPEG), nun soporte pendrive na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com

 

8.O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.

 

9.O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, un membro do equipo da Biblioteca, e dous profesores/as dos Departamentos de Lingua Galega e Ed. Plástica.

 

10.Os traballos presentados avaliaranse conforme aos seguintes criterios: 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe

40% pola adaptación do texto á imaxe elixida

20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto (ubicación, tipografía...)

 

FRASES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO QUE PODEN INCLUÍRSE NO FOTOSAFARI

  • Cos ollos do noso esprito.
  • Galicia no espello.
  • Un país e unha cultura.
  • Letras do noso tempo.
  • A pegada das viaxes.
  • Camiño andado.
  • O río do tempo.
  • Desde a miña fiestra.
  • Palabras a eito.
  • Na espera do amigo.

Desembalaxe do material de "Polos Creativos"

Como parte das actividades do Club de Ciencias, o alumnado, o profesorado e as familias colaboraron hoxe na desembalaxe e montaxe de parte do material integrado no programa da Consellaría, "Polos Creativos".

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Polos Creativos

O IES Francisco Aguiar, primeiro centro público en obter a súa Pegada de Carbono

 

Xa está publicado na WEB do Ministerio da Transición Ecolóxica e o Reto demográfico o rexistro da nosa pegada de carbono.

 

O rexistro implica a concesión dun selo que acredita o noso compromiso coa eficienciaenerxética, traducido nun plan de mellora que inclúe diferentes medidas.

 

Cómpre pór de manifesto que somos o primeiro centro de ensino secundario de Galiza (públicos e privados), e o único até hoxe, en obtelo. 

 
Un aplauso aos alumnos e alumnas que o fixeron posíbel co seu traballo!!
 
 
 

Visita ao Museo das Mariñas

12/04/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Historia da Música e da Danza, visita o Museo das Mariñas, onde relacionarán a a historia da música coa arte e e a cultura en xeral.

Saída didáctica a Compostela, de 2º de BAC

O alumnado de Historia da Arte, de 2º de Bacharelato, visitou onte Santiago de Compostela, onde puideron visitar, ademais do Pórtico da Gloria, o Parque de Bonaval e outros espazos emblemáticos da capital de Galiza. 

Álbum: Curso 22-23 -> Saída didáctica de 2º BAC a Compostela

Triunfos no Campionato Provincial de Orientación

No Campionato Provincial de Orientación celebrado onte no Porto do Son, a nosa alumna Inés Becerra quedou en primeira posición. Moitos parabéns!!

O equipo feminino alcanzou tamén a primeira posición. Moitos parabéns a elas e ao resto de alumnos/as do Francisco Aguiar que participaron no campionato.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Campionato Provincial Orientación

Teatro en inglés.

O martes 21, alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e 1º do Ciclo Superior asistiron a unha representación de teatro en inglés por parte da compañía Moving On. A participación do alumnado foi moi importante e descubríronse grandes futuros e futuras artistas!

Torneo de badminton

29/03/2023 08:25
29/03/2023 09:45
Etc/GMT+2

Unha selección de alumnos de 1º de Bacharelato participa nun torneo de badminton.

Distribuir contido