Taboleiro

Segunda Xornada do Campionato de Fútbol Sala Feminino

Ao longo da mañá do día 7 de marzo foi a segunda xornada do campeonato de Fútbol Sala feminino, desputada no Pavillón de Monfero. O IES Francisco Aguiar presentouse con dous equipos, na categoría infantil.

As nosas alumnas tiveron un óptimo desempeño en todos os partidos.
 

Masterclass de Física de partículas para 2º de Bacharelato

O pasado venres 3 de marzo, tres alumnos de 2º de Bacharelato do IEs Francisco Aguiar participaron na Masterclass, "Física de partículas coas mans", unha iniciativa promovida polo “Grupo Internacional de Divulgación de Física de Partículas”, que consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo cuxos resultados serán discutidos mediante videoconferencia con outros centros europeos que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.

 

Club de ciencia e Meteoescolas: crónica da actividade de iniciación á astronomía

O pasado 31 de xaneiro tivo lugar un obradoiro de iniciación á astronomía no IES Francisco Aguiar, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas. A súa posta en práctica tivo dúas fases diferenciadas: a primeira, na aula de informática, na que o alumnado aprendeu a evolución do concepto de gravidade desde a antiga Grecia até a actualidade; repasáronse os principais movementos da Terra para despois aprender a orientarse, guiándonos polo Sol durante o día e polos demais astros pola noite. Aprendemos, tamén, a situar as principais constelacións do ceo de inverno. A segunda parte do obradoiro consistiu nunha observación no patio do instituto, facendo uso dun telescopio e duns prismáticos prestados polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Así, puidemos ver os cráteres da Lúa aproveitando o cuarto crecente que había ese día, enfocamos cara a Xúpiter e vimos as catro lúas galileanas, tal e como as descubriu Galileo no século XVII. Ademais, aprendimos a orientarnos situando a estrela polar e o resto de constelacións circunpolares.

 

 

 

Iniciando as actividades do Programa Meteoescolas

O pasado 6 de febreiro comezamos a toma de datos na estación meteorolóxica do IES Francisco Aguiar. A estación meteorolóxica dispón dun termómetro que nos permite recoller a temperatura máxima e mínima. Así mesmo, a estación conta tamén cun pluviómetro, que fai posible coñecer a cantidade de precipitacións. Cada semana, un grupo distinto encárgase no primeiro recreo de reunir os datos e deixalos apuntados nunha folla de rexistro. 

Ademais, xa temos en funcionamento o taboleiro de Meteoescolas, situado no corredor da entrada do centro, onde poñemos as actividades relativas ó proxecto e información interesante relativa á meteoroloxía. 

 


Proxecto de colaboración coa Fundación Abanca

19/04/2023
Etc/GMT+2

Rematamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un segundo encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.

Proxecto de colaboración coa Fundación Abanca

19/04/2023
Etc/GMT+2

Rematamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un segundo encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.

"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º A e 4º C

16/03/2023
Etc/GMT+2

Continuamos co proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un encontro co alumnado de 4º A e C para contarlles as súas experiencias na emigración.

 

"Fálame da Emigración". Proxecto interxeneracional co Centro de maiores da Fundación Abanca. Encontros co alumnado de 4º B e 4º D

15/03/2023
Etc/GMT+2

 

Retomamos o proxecto de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos. Os maiores terán un encontro co alumnado de 4º B e D para contarlles as súas experiencias na emigración.

Roteiro Rosaliano con 3º de ESO

21/03/2023
Etc/GMT+2

O 21 de marzo os grupos de 3º de ESO B e C realizan un roteiro rosaliano, visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego.

 

A Casa de Rosalía - Fundación Rosalía de Castro

Distribuir contido