Poetízate. RADIO con 1º de ESO.

O alumnado de 1º de ESO está a iniciarse na elaboración de podcast . Desde a materia de Lingua galega , propúxoselles recitar poemas de autores e autoras da nosa literatura e xa van chegando as primeiras colaboracións.

Os traballos están subidos no programa POETÍZATE  DE  SON AGUIAR na plataforma IVOOX  e serán tamén publicados na sección  RADIO NA BIBLIO desta web.

Velaquí o primeiro :

" Perdín un bico" un poema de Antonio García Teijeiro incluído no libro Para cantar e contar recitado por Adriana Naveiro.