Tecnoloxía

Aprendo Programando modelado 3D con Tinkercad Codeblocks

Dentro do Plan Proxecta Aprendo Programando Xacobeo 2021 decidimos abandonar un chisco a linguaxe Scratch e explorar outros tipos de linguaxes de programación por bloques. Así modelamos en 3D programando con bloques uns chaveiros personalizados para poder identificar as nosas mochilas cando podamos facer o Camiño de Santiago. Tamén algúns modelaron ou seguiron o modelo da profe para facer un Pelegrín que podedes imprimir en 3D se buscades en Thingiverse o modelo ligado aquí.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Aprendo Programando 3D codeblocks

Pontes 2º ESO álbume na galería fotográfica dos autores das maquetas (grupos A e B de momento)

Recén inaugurada a flamante primeira fase da exposición de proxectos 2º ESO ''Pontes: acurtando distancias'', chegou o momento de visibilizar ás enxeñeiras e aos arquitectos (e viceversa) que construiron estas pequenas obras de arte. 

Velaquí a galería fotográfica de, de momento, 2º A e B. 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Proxecto Tecno 2º ESO Estructuras: Pontes: acurtando distancias

Prácticas modelado 3D Blender TIC 1º BAC

A falta de la práctica final, estas son algunas de las pequeñas creaciones que nosticsbeta sirvieron para aprender y modelar en 3D con el programa de software libre Blender. 

Álbum: Curso 2020-2021 -> Prácticas Modelado 3D TICI1ºBAC

Carreira a Santiago, outro proxecto dos 1º ESO neste Xacobeo 2021

Compartimos convosco unha pequena idea dunha carreira de dispares peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. 

 

Estudo en Scratch

Preme na imaxe para acceder ao estudo en Scratch.

@ticsbeta

Autopsia tecnolóxica (V)

 Con esta última autopsia tecnolóxica, feita por Antón Patiño, pechamos a serie dedicada á disección de aparellos da nosa vida cotiá, realizada na materia de Tecnoloxía industrial.

 

Autopsia tecnolóxica (IV)

 

Neste video podedes ver a autopsia tecnolóxica dun dron, realizada polo noso alumno de 1º de Bacharelato Daniel Méndez.

Autopsias tecnolóxicas (III)

Terceira entrega das autopsias tecnolóxicas, realizada polo alumno Manuel Vázquez Varela, de 1º de Bacharelato.

Un excelente traballo! E conseguiu reparar o aparello!

 

 

 

Meteosimboloxía en debuxo vectorial con Inkscape, deseño de símbolos meteorolóxicos co alumnado de TIC de 4º da ESO

Este curso en TIC de 4º ESO sumámonos ao proxecto ''Meteoescolas'' e deseñamos os nosos conxuntos de símbolos metereolóxicos para ilustrar o tempo no mapa de Galicia.  

Empregamos para as nosas propostas de ''Meteosímbolos'' o software libre de debuxo vectorial ''Inkscape''.

Animarémonos a facer un noticiario metereolóxico coa nosa propia e particular simboloxía? Quén sabe, mentres tanto, facemos aquí público o noso traballo. Cál é o teu favorito?

ticsbeta

Álbum: Curso 2020-2021 -> Meteoescolas febreiro: Meteosímbolos

Autopsias tecnolóxicas (II)

 

Eis unha segunda entrega das autopsias tecnolóxicas, realizadas polo alumnado da optativa Tecnoloxía Industrial, de 1º de Bacharelato.

Neste video podedes ver como é por dentro un vello despertador, "destripado" por Ana C.

 

Aprendo Programando ''As etapas xeográficas do Camiño Francés a Santiago'' Xacobeo 2021 en 1º da ESO

En Programación 1º da ESO seguimos aprendendo co Camiño de Santiago neste ano Xacobeo 2021 no que non temos máis remedio aínda de percorrer o camiño de xeito virtual.

Para que nos acompañedes e aprendades con nós, creamos uns videoxogos (está mal que a profe o diga pero, son espectaculares!!!) recollidos no estudo de Scratch ao que podedes acceder clicando na imaxe seguinte.

xogo km estudo scratch

Para xogar selecciona o xogo e preme a bandeira, desprázate coas frechas, recolle cousas positivas e esquiva as negativas que restan vidas. E, moi importante, disfruta das paisaxes e dos cambios que apreciarás nos diferentes tramos do Camiño.

Grazas a Julián Ferrer e ao departamento de Xeografía e Historia por axudarnos a programar esta viaxe!

Nota: se queredes escoitar ''miañar'' o que tedes que xogar é ao ''Gatoregrino'' de David ou o Xogo dos km de Óscar. Se queredes ver uns deseños xeniais, aparte dunha programación impecable, tedes que probar os xogos de Lucía, Judith ou Ángela. 

ticsbeta

 

Distribuir contido