Remate da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Os experimentos de química, os montaxes de electropneumatica e corrente alterna, o robot MoWay completaron a xornada final na Sermana da Ciencia e conforme pasaron os días as expliicacións foron afinando máis e os aparatos funcionando mellor.

A Yincana seguiu movendo polos andeis e corridores a rapazadas ansiosas de resolver anigmas matemáticos. A exposición da reservas da biosfera seguíu recibindo visitas ...

Pero a estrela indiscutible da xornada final foi a impresión en 3D.  Priemiro foi unha conferencia a cargo de Rubén Fernández Sotelo. Posteriormnete ao ongo da mañá desenvolvéronse  obradoiros para poñer en práctica o escoitado impartido polo profesor Xosé Rodríguez .  Obradoiros que amosaron cando menos dúas cousas, o grande interese suscitado no alumnado polo tema, e que ás veces a tecnoloxía non funciona tan exáctamente como a teoría.  Tan é así que o luns 20 volven de novo para intentar poñer en funcionamento a impresora 3D.