Normalización Lingüística

¿Chove?. Larpeirando palabras o blogue cooperativo de Galego

Así ven os nosos compañeiros/as de Galego a actualidade climatolóxica destes días no seu blogue, "Larpeirando palabras"

 

É inevitable, temos que falar da chuvia,  porque mira que chove...En todos os lugares, a todas horas, con quen sexa... sae o tema...porque mira que chove...

Si, xa sabedes que temos moito léxico chuviñento, pero nesta necesidade sociolóxica de comentar este fenómeno meteorolóxico  pode pasar que non atopemos a palabra axeitada, esa que nos di como foi a chuvia ese día. E é neste contexto de melancolía chuviñenta que nos  chega unha entrada do blogue de Román Landín que fala, como non, da chuvia. Porque mira que chove...

Ollade o vídeo  non vaia ser que quededes sen palabras...


 

20 de decembro, un fin de trimestre festivo e de premios.

Como remate do trimestre, o venres día 20 tivemos unha xornada moi animada e premiada no Aguiar. De momento, mentres collemos folgos , simplemente vos presentamos algunhas imaxes das cousas que fixemos. Pronto iremos presentando todas elas de xeito máis detallado ( que para eso tivemos reporteras -¡o noso agradecemento a Ruth Salgado e Raquel Vázquez! - que cubriron todos os eventos

Concertos e festivais na ESO e BAC  cunha obra de teatro, escrita pola profesora Lucía Sáez, que alumnos de 2º representaron á perfección;  a música de varios dos libros que se leron nestre trimestre a cargo dun espectacular grupo de rock formado por alumnos e alumnas de 3º da ESO ( Zuriñe, Aldara, Gala, Manu, Emilio, Rodrigo);  villancicos en inglés coordenados pola profesora Mª José Pardo;  un grupo de baile tradicional e cantareiras de 3º da ESO e 2º BAC ( grazas aos grupos "Azougue" de Betanzos e "O Castro" de Miño que día a día están a  formar a estas magníficas artistas) ; rap de Iago e Jon ( que nos deixaron boquiabertos); e baile, Vero Amor para Bacharelato(¡espectacular!),  e Ángela Novo e o seu grupo de baile para ESO (unha sorpresa moi agradable e unha grande calidade na execución); o rock pixamero dos INESPERADOS ( aos que tamén temos que agradecer que nos deixaran utilizar no festival de BAC os seus equipos de son )

E para que estes festivais funcionasen coma un reloxo... presentadores de altura como Alonso, Lucía, Laura ou Icía

Pintura de murais colectivos. Coordenados polo profesor Xosé Manuel Rey Bao, e provistos de cartóns e tizas de cores os participantes deixaron constancia dunha capacidade artística moi notable (¡xa veredes, xa!)

Torneo de xadrez,  que foi gañado por Lucas Feijoo( á dereita)  en dura "pelexa"  na "semi" con Brais Sabín e na final con Manuel Seijo Ríos. Máis de 40 rapaces e rapazas participaron neste torneo que, un ano máis, temos que agradecer na súa coordenación ao profesor Oscar García.

Premios no IIº Concurso  de Tweets navideños que convoca a Biblioteca do centro, e que este ano coordena Francisco Rodríguez  axudado por Elvira Castro, Carme Suárez, Oscar García e tantos outros e outras que sería longo enumerar.

 

 

A LUZ PERIGOSA

-Cres que poderás?

-Non sei, é difícil.

-Sendo quen es, como non vas poder

-Xa está, vexo unha luz laranxa ao lonxe.

-Ten coidado.


E a pesar das advertenzas do reno, o cu

de Papá Noel fumeou unha boa tempada.

 

AMOR DESLUMBRANTE

Quérote moito, sen ti non podería vivir.

Érgome cada día esperando a túa chegada,

delúmbrasme, iluminasme,eres a luz no

meu camiño. En Nadal véxote menos pero

aínda así chégame, ás veces, a túa calor.

Desexado Sol!

 

En la puerta del pesebre

se ha abierto

el cajón de tristeza,

deshaucios y terrorismo

y así el nacimiento del niño

no ha vuelto a ser lo mismo...

 

 

 

SARA NÚÑEZ FERNÁNDEZ MANUEL SEIJO RÍOS NURIA VÁZQUEZ

 

 

 

Premios no Concurso de Christmas de Nadal que entregou o director, Xosé Manuel Montero, ás gañadoras deste concurso que convoca cada ano o Departamento de Inglés para o alumnado do primeiro ciclo da ESO. (¡grazas ás profesoras Teresa Herguedas e Mª José Pardo!)


 

Campionatos de fútbol-sala, balonmán e baloncesto. (próximamente presentaremos as imaxes) ¡Grazas aos alumnos de 4º que axudaron a organizalos e moi nomeadaente ao profesor Carlos Castellanos que soportou o frío do Polideportivo toda a mañá axudando a que todo fose ben! ¡Grazas aos participantes e ao público que nesta ocasión tivo un gran comportamento e civismo quedando o Poli' en perfecto estado de revista!

Videoconferencia. IV Día da Ciencia en Galego


 

O martes 12 de novembro entre as 12.30 e a 13.30 , terá lugar no Salón de Actos unha videoconferencia para conmemorar o IV día da Ciencia en Galego. Esta actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Ligüística e a colaboración do departamentos de Física e Tecnoloxía. Participarán alumnos e alumnas de 4º da ESO,  1º e 2º de Bacharelato.

 

O título da videoconferencia será: "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol". Correra a cargo de Jorge Mira Perez. Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade investigadora está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén no estudo de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio e desenvolve un importante labor divulgador en libros, nos medios de comunicación ou do programa "ConCiencia" (USC), do que é responsable. Páxina web: http://www.usc.es/fagms/Mira/jorge.htm

Para abrir boca unha breve sinopse: Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Contaremos como fixeron eses gregos para sabe-lo tamaño do mundo que habitamos e calcula-la distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

 

 

...................................................................&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&.....................................................................

CURSO 2012-2O13 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

VIDEOCONFERENCIA : "Facendo física de partículas polo mundo"

Dirixida ó alumnado de 1º/2º BAC e 4º da ESO

DATA : martes 6 de novembro

Conectados con Xenebra, Santiago, Londres e Lisboa

Temas:

a)Bosón de Higs                                                 

b)Partículas supersimétricas

c)Resultado de plasma de quarks e gluons...

Entrega de premios. Safari fotopoético 2012

 

O vindeiro mércores no segundo recreo, e no Salón de actos,  entregaranse os premios do safari fotopoético 2012 adicado a ilustrar textos de Valentín Paz Andrade.

Non volos perdades. O xurado o tivo difícil e concedeu ¡catro premios!

Entrega de premios. Safari fotopoético 2012

Safari Fotopoético 2012. Valentín Paz Andrade

00/00/
Array

SAFARI FOTOPOÉTICO (non garantimos a presenza de elefantes):

Valentín Paz Andrade. LETRAS GALEGAS 2012

A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á súa comunidade escolar a un safari fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade

 Rexirase polas seguintes bases:

 1.

Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas

 2.

As datas nas que  se realizará o SAFARI fotopoético  estarán comprendidas entre o 17 e o 27 de maio do presente ano  2012

 3.

O día 28 de maio será a data límite para a entrega das fotopoesías.

 4.

As  fotografías deberán ser orixinais e tomadas en Betanzos ou na súa bisbarra

 5.

As imaxes deben ilustrar algún verso do homenaxeado na edición deste ano das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade ( a tal fin adxuntarase a estas bases unha pequena escolma poética do dito autor)

 6.

O texto do verso elixido debe aparecer  integrado na propia imaxe.

 7.

As imaxes a concurso entregaranse en formato dixital (lapiz dixital ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar xunto a un sobre con pseudónimo. No  interior do dito sobre  figurarán os datos personais (nome, curso, teléfono) do autor ou autora.

 8.

Non é obligatoria a inscripción, mais a organización recomenda facerse seguidor da página da Biblioteca Francisco Aguiar en Facebook  para gañar tempo e ter unha estimación de participantes.

 

Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados

 

Premios:

O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora

 

Os premios entregaranse segúndo os siguientes criterios:

40% pola adaptación do texto de Paz Andrade á imaxe elixida

50% pola calidade e orixinalidade da imaxe

10% polo inxenio e creatividade na inserción do texto de Valentín Paz Andrade

Biblioteca Virtual Galega

biblioteca virtual galegaEnlace á web da Biblioteca Virtual Galega onde podedes atopar, entre outras cousas, obras de autores galegos dispoñíbeis para ler.

Videoconferencia sobre xenética

4-Novembro-2011

adn

Co motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego o equipo de normalización lingüística organiza unha videoconferencia acerca de xenética.

Desenvolverase no Salón de Actos do Centro de 12:30 á 13:30 para o alumnado de 4º A e B da ESO e 1ºA e B de Bacharelato.

 

 

 

 

Presentación da revista BD Bande

18 de Maio de 2011

Presentación da revista de banda deseñada BD Bande feita por alumnos e alumnas do centro e coordinada polo Departamento de Normalización Lingüística. Podes descargar a revista como arquivo adxunto ou leela no ISUU. Máis imaxes na Galería Fotográfica do centro.

presentación BD2011

Distribuir contido