Ler, crear e investigar dende a biblioteca escolar

Gañador concurso de esopías

25/04/2024
Etc/GMT+1

Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
Lucas González Díaz, de 2º da ESO B, foi o gañador do concurso deste ano, organizado pola biblioteca escolar. Esta foi a súa obra:

Ahí o allá, o ¿dónde dirigirás mi camino? Andar con deseo. Deseando conseguir anhelos, esperanza. ¿Hay un fin? ¿Superaré todo cuando yo llegue allá?

Parabéns polo traballo e polo premio!

Obradoiro de Iniciación á Astronomía

23/01/2024
Etc/GMT+1

O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas.

O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía.

Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas.

#aquítaménsefala

12/01/2024
Etc/GMT+1

O noso centro participa nesta iniciativa cultural e de dinamización lingüistica, iniciada polo IES Rafael Dieste, xunto con máis de 150 centros de toda Galicia!

Con esta campaña, preténdese rachar cos prexuízos que din que non se fala galego na nosa comunidade.

O alumnado visitou comercios da localidade, que agora amosan con orgullo un cartel como o seguinte:

1ª Reunión Club de Ciencia Aguiar

30/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de 1º e 2º da ESO foron ata o río e realizaron medicións de ph, nitratos, osíxeno, temperatura...
De igual modo, observaron a fauna e analizaron o seu papel como bioindicadores.


#proxecto_rios
@cienciaaguiar

Visita á cova do Rei Cintolo

17/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.

Eco-regata na ría de Betanzos

16/09/2023
Etc/GMT+1

O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.

 

Distribuir contido