Ciclo Superior Marketing e Publicidade
Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (3)
O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “Betanzos en feminino e artistas”
Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (2)
O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “Betanzos monumental e modernista”.
Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (1)
O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “A promoción do turismo no concello de Betanzos”.
CS Márketing e Publicidade
CARACTERISTICAS DO/A PROFESIONAL DE MARKETING E PUBLICIDADE
Esta profesión está experimentando un aumento de popularidade nos últimos anos, entre outras razóns grazas á súa relación directa co ámbito dixital.
Se es unha persoa proactiva, con iniciativa, con capacidade de análise e síntese, se te defendes ben na comunicación e se es versátil e con capacidade para traballar en equipo, este é o teu ciclo.
Ademais, tamén debes estar ó día das novidades do cambiante mundo do márketing e a publicidade, xa que este ámbito laboral esixe constante renovación.
Por último, tamén é importante o dominio de idiomas, sobre todo o inglés.
Imaxe de muneebfarman Pixabay.
QUE VAS APRENDER?
- Examinar iniciativas emprendedoras e oportunidades de negocio.
- Organizar eventos de márketing e comunicación.
- Preparar o contido do material publicitario a partir dunha idea creativa e unha boa estrutura da mensaxe.
- Realizar o material publicitario con ferramentas de deseño gráfico e audiovisual.
- Construír páxinas web atractivas e eficientes.
- Elaborar un plan de márketing e un plan de medios de comunicación.
- Avaliar a calidade do servizo e propoñer melloras para aumentar o nivel de satisfacción do cliente.
- Elaborar un plan de investigación que contribúa na toma de decisión na empresa.
- Definir e deseñar os plans para formar a un equipo de traballo de campo.
- Executar accións para lanzar un produto e mellorar o posicionamento da marca.
FICHATÉCNICA
Máis información: Acceso ó currículo
PLAN DE ESTUDIOS
1º CURSO |
2º CURSO |
|||
Módulo |
Horas |
Módulo |
Horas |
|
Inglés |
160 |
Atención á clientela e ás persoas consumidores e usuarias |
87 |
|
Investigación comercial |
132 |
Deseño e elaboración de material de comunicación |
141 |
|
Márketing dixital |
187 |
Formación en centros de traballo |
384 |
|
Políticas de márketing |
187 |
Lanzamento de produtos e servizos |
105 |
|
Xestión económica e financeira da empresa |
187 |
Medios e soportes de comunicación |
87 |
|
Formación e orientación laboral |
107 |
Proxecto de márketing e publicidade |
26 |
|
|
|
Relacións públicas e organización de eventos de márketing |
105 |
|
|
|
Traballo de campo na investigación comercial |
105 |
|
Estes módulos desenvolveranse:
- Potenciando as exposicións orais.
- Fomentando o traballo colaborativo a mediante a creación de grupos de traballo.
- Traballando en cooperación co profesorado.
- Desenvolvendo a creatividade e o pensamento lateral.
- Fomentando o uso de TICs.
- Desenvolvendo competencias dixitais: WordPress, Canva, Trelllo, Shopify…
CANDO REMATES OS ESTUDOS, EN QUE PODES TRABALLAR?
EN QUE TIPOS DE EMPRESAS PODES TRABALLAR?
- Departamentos de márketing, comunicación e gabinetes de prensa calquera empresa ou organización.
- Empresas de comunicación, axencias de publicidade e eventos.
- Empresas, organizacións e institutos de investigación de mercado e opinión pública.
- Asociacións, institucións, organismos e organizacións non gobernamentais (ONG).
- Tamén é moi habitual o traballo como autónomo coa túa propia carteira de clientes.
E, QUE PODES ESTUDIAR DESPOIS?
- Calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Ademáis, para no caso do CS de Xestión de Vendas e Espazos comerciais da acceso directo ó segundo curso.
- Calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario ten limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo. As persoas que se gradúan nun ciclo formativo de grao superior poden obter a validación de créditos universitarios ECTS.
SE DECIDES CURSAR UN GRAO UNIVERSITARIO, TÉS ALGÚN RECOÑECEMENTO DE CRÉDITOS?
Actualmente, en Galicia o ciclo de Marketing e Publicidade ten recoñecidos os seguintes:
GRAO UNIVERSITARIO |
CRÉDITOS |
Xornalismo Dirección e xestión pública Administración e dirección de empresas Ciencia política e da administración Doble: Administración e Dirección de empresa e Dereito Traballo social Comunicación audiovisual Educación social Pedagoxía Dereito Relacións laboráis e recursos humanos Empresa e tecnoloxia Socioloxía Xestión dixital de información e comunicación Xestión industrial da moda Comercio Publicidade e relacións públicas Traducción e interpretación |
42 36 34,5 33 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 30 |
CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER?
- Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
- Título universitario.
- Título de técnico superior ou de técnico especialista.
- COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
- BUP.
- Título de técnico.
- Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
- Tamén poderán acceder as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
