Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Escaparates en miniatura
Enviado por chus.pardo o Lun, 24/04/2023 - 17:28Os nosos estudantes do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais estiveron a traballar na creación de maquetas de escaparates.
Coa finalidade de darle un enfoque sostible ao proxecto e fomentar a conciencia ambiental e responsabilidade social, na elaboración das maquetas, utilizaron materiais reciclados que combinaron con técnicas de deseño innovadoras, demostrando a súa creatividade e habilidade para traballar con recursos limitados.
Rematadas as maquetas presentáronse nunha exposición dentro das instalacións do instituto. Estes “pequenos escaparates” representan, de xeito atractivo, productos e servizos de diversos sectores, e cada un deles amosa, ademáis, unha pequena historia única.
Noraboa ós alumnos e alumnas polo seu compromiso e dedicación neste proxecto e á profesora polo apoio e orientación durante o proceso de creación.
Visita ao centro loxístico de PULL&BEAR
Enviado por chus.pardo o Xov, 09/02/2023 - 11:56O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou o centro loxístico da empresa téxtil Pull&Bear, pertencente ó grupo Inditex, situado no Polígono industrial Rio do Pozo de Narón.
Nun percorrido de cerca de catro horas, guiado de xeito moi ameno por Marta e Laura, tivemos a oportunidade de coñecer as particularidades e requirimentos loxísticos dunha actividade comercial permanentemente conectada coas máis de 900 tendas que a firma ten en todo o mundo.
Comezamos a visita na área de aprovisionamento, recepción e expedición de mercancías, nave completamente robotizada e dotada de alta tecnoloxía. Continuamos polas oficinas centrais, ubicadas nunha moderna e ecoeficiente edificación, que alberga as áreas de administración, deseño e patronaxe, marketing e comunicación. Tamén visitamos a tenda piloto onde se determinan as implatacións de produtos, departamento de e-commerce e plató de fotografía e gravación.
A actividade foi moi aproveitada polo alumnado que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha das maiores empresas galegas, con gran presenza internacional.
TALLER “FONTES DE FINANCIAMENTO DA EMPRESA”
Enviado por chus.pardo o Dom, 08/01/2023 - 13:26Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior da obra social Abanca, impartiu o taller sobre fontes de financiamento na empresa dentro do programa de educación financeira de Afundación.
Compartiu co alumnado do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais as tres decisións clave para unha empresa: os recursos, en que se invisten e quen os xestionan, así como as alternativas de financiamento da empresa e os seus custos.
Mención especial foi a conta de resultados como xeradora de recursos financeiros e a obtención de beneficios como medio de supervivencia da empresa, non como un fin en si mesmo.
Agradecemos a oportunidade de acceder á información e ó saber facer da entidade.
EROSKI: IMPLANTACIÓN DO PRODUTO NO PUNTO DE VENDA
Enviado por chus.pardo o Xov, 01/12/2022 - 10:12O 22 de novembro, por segundo ano consecutivo, Eroski Betanzos brindou ós alumnos e alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a oportunidade de coñecer, de primeira man, o modelo de implantación do produtos nas diferentes seccións do hipermercado.
Ó longo da visita acompañounos o encargado do establecemento, quen analizou a metodoloxía de distribución dos productos nos lineais, as promocións temporais e a organización loxística.
Brindounos a oportunidade de comprobar a realidade das técnicas de xestión e implantación do surtido, a organización do almacén e de analizar o sistema de solución de problemas de abastecemento ou escesos de stock.
Agradecemos o tempo e a atención a Adolfo Silva, encargado de tenda e a Eva Capelete do derpartamento de Relacións Sociais e Prevención.
Visita ao supermercado Mercadona, en Betanzos
O alumnado de ciclo visita o hipermecado Mercadona para coñecer, nun caso real, a distribución de seccións e reparto de lineais do estabelecemento de venda, así como da organización do almacén, da man do responsábel do supermercado.
Escaparate Nadal: CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Enviado por chus.pardo o Sáb, 25/12/2021 - 21:05

INFORMACIÓN XERAL
POR QUE CURSAR ESTE CICLO FORMATIVO?
Segundo a rede profesional Linkedin, entre os perfís profesionais máis demandados en España para o 2021 están:
- Profesionais de venda minorista.
- Profesionais de marketing dixital.
- Expertos en atención ó cliente.
- Expertos en comercio eléctrónico.
O obxectivo dos ciclos formativos é obter as aptitudes necesarias para enfrontarse ás situacións laborais actuais e futuras, e asumir autoridades de coordinación e programación nunha profesión, así como do traballo das persoas e facer as oportunas verificacións e valoracións.
Os ciclos formativos de grao superior están dirixidos a alumnado que busca estudios superiores prácticos, que os cualifiquen para incorporarse ó mundo laboral.
Esta formación leva a unha titulación de nivel superior, vixente e con futuro, que te preparará para tarefas de mandos intermedios. Obterás a cualificación necesaria para realizar traballos técnicos propios da profesión, pero tamén para asumir responsabilidades de planificación, organización e control.
A diario as empresas realizan xestións comerciais de compravenda e distribución de produtos e servizos e organizan a implantación e animación de espazos comerciais, esta é a formación que che ofrece o título de Técnico Superior en Xestión de Vendas e Espazos comerciais.
QUE VAS APRENDER?
- Aplicar técnicas de marketing convencional e dixital.
- Deseñar o interior e o exterior do comercio.
- Comunicarte e negociar con clientes e proveedores.
- Organizar equipos de traballo e equipos de forma eficiente.
- Estratexias para incrementar beneficios e reducir custos.
- … e moitas máis competencias.
FICHA TÉCNICA
Grao: CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR
Titulación: TÉCNICO OU TÉCNICA SUPERIOR EN XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS
Entorno: ECONÓMICO E EMPRESARIAL
Familia profesional: COMERCIO E MARKETING
Sistema: LOE
Duración: 2000 horas (2 cursos académicos)
Distribución: 1614 horas lectivas + 384 horas prácticas FCT.
Horario:
Mañá: 8:40 a 14:15
Tarde (luns e martes): 4:00 a 18:30
Máis información: Acceso ó currículo
PLAN DE ESTUDIOS?
1º CURSO |
2º CURSO |
||
Módulo |
Horas |
Módulo |
Horas |
Formación e orientación laboral |
107 |
Escaparatismo e deseño de espazos comerciaies |
105 |
Inglés |
160 |
Formación en centros de traballo |
384 |
Investigación comercial |
132 |
Loxística de almacenamento |
123 |
Márketing dixital |
187 |
Loxística de aprovisionamento |
105 |
Políticas de márketing |
187 |
Organización de equipos de vendas |
87 |
Xestión económica e financeira da empresa |
187 |
Proxecto de xestión de vendas e espazos comerciais |
26 |
|
|
Técnicas de venda e negociación |
105 |
|
|
Xestión de produtos e promocións no punto de venda |
105 |
QUE É O PROXECTO DE XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS?
Os ciclos formativos de grao superior incorporan un módulo profesional de proxecto de acordo coas características da actividade laboral do ámbito do ciclo formativo e con aspectos relativos ó exercicio profesional e á xestión empresarial.
Este módulo ten por obxecto a integración das diversas capacidades e coñecementos de todos os módulos do ciclo, o que se concreta en proxectos que contemplen as variables tecnolóxicas e organizativas relacionadas co título.
Este módulo organízase sobre a base da titoría individual e colectiva, e desenvólvese durante o último período do ciclo formativo e avalíase unha vez cursada a formación en centros de traballo.
CANDO REMATES OS ESTUDOS, EN QUE PODES TRABALLAR?
-
Xefe/a de vendas.
-
Representante comercial.
-
Axente comercial.
-
Encargado/a de tenda.
-
Encargado/a de sección dun comercio.
-
Vendedor/a técnico/a.
-
Coordinador/a de comerciais.
-
Supervisor/a de telemarketing.
-
Merchandiser.
-
Escaparatista comercial.
-
Deseñador/a de espazos comerciais.
-
Responsable de promocións no punto de venda.
-
Especialista en implantación de espazos comerciais.
EN QUE TIPOS DE EMPRESAS PODES TRABALLAR?
-
Empresas de distribución comercial maiorista e/ou minorista, no departamento de compras, vendas, deseño e implantación de espazos comerciales, comercial ou de marketing.
-
Entidades financeiras e de seguros, no departamento de vendas, comercial ou de marketing.
-
Empresas intermediarias no comercio como axencias comerciais, e empresas de asesoramento comercial e xurídico, entre outras.
-
Empresas de loxística e transporte.
-
Asociacións, institucións, organismos e organizacións non gubernamentais (ONG).
E, QUE PODES ESTUDIAR DESPOIS?
-
Calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Ademáis, para no caso do CS de Marketing e Publicidade da acceso directo ó segundo curso.
-
Calquera ensinanza universitaria de grao, de modo directo, sen necesidade de proba. Se o título universitario ten limitación de prazas o acceso farase tendo en conta a nota media do ciclo formativo. As persoas que se gradúan nun ciclo formativo de grao superior poden obter a validación de créditos universitarios ECTS.
CALES SON OS REQUISITOS PARA ACCEDER?
-
Título de bacharelato LOXSE, de bacharelato LOE ou de bacharelato LOMCE.
-
Título universitario.
-
Título de técnico superior ou de técnico especialista.
-
COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
-
BUP.
-
Título de técnico.
-
Outros estudos declarados equivalentes, para os efectos académicos, a algún dos anteriores.
-
Tamén poderán acceder as persoas que superasen a proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Escaparate de Entroido do alumnado do CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Enviado por Pitusa o Lun, 24/02/2020 - 13:37
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
Fotografías do Escape Room organizado por 2º CS XVEC para alumnado de 2º ESO
Enviado por Pitusa o Mér, 19/02/2020 - 14:53Compartimos o álbum do Escape Room organizado polo alumnado de 2º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais para alumnado de 4º ESO.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
