A importancia dos Primeiros Auxilios coa Cruz Vermella de Betanzos

O 12 de abril os alumnos de 1º curso de Marketing e Publicidade tiveron un taller destinado a enriquecer os seus coñecementos e habilidades no ámbito dos primeiros auxilios, co fin de que sexan quen de actuar de forma efectiva en situación de emerxencia.

Durante a primeira parte da sesión, afondamos nos fundamentos teóricos dos primeiros auxilios, abordando conceptos clave relacionados coa identificación de riscos, as causas dos accidentes e os procedementos adecuados para abordar cada tipo de situación de emerxencia.

 

A segunda parte do taller, de natureza totalmente práctica, proporcionounos a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos nun entorno simulado de situacións de emerxencia. Neste contexto, os estudantes enfrontáronse a escenarios simulados de feridos inconscientes que requirían reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico. Ademais, abordáronse situación de atragoamento e comprobamos como realizar adecuadamente a manobra de Heimlich para desobstruír as vías respiratorias.

Agradecemos á Cruz Vermella de Betanzos a súa colaboración e dedicación na formación dos nosos estudantes neste aspecto crucial para a seguridade e o benestar da comunidade.