Blogues
Rede Galega de Educación Dixital
Enviado por Pitusa o Mér, 17/11/2021 - 22:18Centro asesor da Rede Galega de Educación Dixital
Asesora ADIX : Mª del Carmen Núñez Faraldo
contacto: adix3.coruna4@edu.xunta.gal
Teléfono ADIX: 881 960 188
Visita ao centro loxístico de PULL&BEAR
Enviado por chus.pardo o Xov, 09/02/2023 - 11:56O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou o centro loxístico da empresa téxtil Pull&Bear, pertencente ó grupo Inditex, situado no Polígono industrial Rio do Pozo de Narón.
Nun percorrido de cerca de catro horas, guiado de xeito moi ameno por Marta e Laura, tivemos a oportunidade de coñecer as particularidades e requirimentos loxísticos dunha actividade comercial permanentemente conectada coas máis de 900 tendas que a firma ten en todo o mundo.
Comezamos a visita na área de aprovisionamento, recepción e expedición de mercancías, nave completamente robotizada e dotada de alta tecnoloxía. Continuamos polas oficinas centrais, ubicadas nunha moderna e ecoeficiente edificación, que alberga as áreas de administración, deseño e patronaxe, marketing e comunicación. Tamén visitamos a tenda piloto onde se determinan as implatacións de produtos, departamento de e-commerce e plató de fotografía e gravación.
A actividade foi moi aproveitada polo alumnado que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha das maiores empresas galegas, con gran presenza internacional.
TALLER “FONTES DE FINANCIAMENTO DA EMPRESA”
Enviado por chus.pardo o Dom, 08/01/2023 - 13:26Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior da obra social Abanca, impartiu o taller sobre fontes de financiamento na empresa dentro do programa de educación financeira de Afundación.
Compartiu co alumnado do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais as tres decisións clave para unha empresa: os recursos, en que se invisten e quen os xestionan, así como as alternativas de financiamento da empresa e os seus custos.
Mención especial foi a conta de resultados como xeradora de recursos financeiros e a obtención de beneficios como medio de supervivencia da empresa, non como un fin en si mesmo.
Agradecemos a oportunidade de acceder á información e ó saber facer da entidade.
EROSKI: IMPLANTACIÓN DO PRODUTO NO PUNTO DE VENDA
Enviado por chus.pardo o Xov, 01/12/2022 - 10:12O 22 de novembro, por segundo ano consecutivo, Eroski Betanzos brindou ós alumnos e alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a oportunidade de coñecer, de primeira man, o modelo de implantación do produtos nas diferentes seccións do hipermercado.
Ó longo da visita acompañounos o encargado do establecemento, quen analizou a metodoloxía de distribución dos productos nos lineais, as promocións temporais e a organización loxística.
Brindounos a oportunidade de comprobar a realidade das técnicas de xestión e implantación do surtido, a organización do almacén e de analizar o sistema de solución de problemas de abastecemento ou escesos de stock.
Agradecemos o tempo e a atención a Adolfo Silva, encargado de tenda e a Eva Capelete do derpartamento de Relacións Sociais e Prevención.
Visita 360º ás obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo
Enviado por Pitusa o Dom, 06/11/2022 - 23:38O pasado mes de outubro o alumnado de EPVA de 1º BAC foi invitado a visitar as obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo en Betanzos. Todo un luxo que hai que difundir e aproveitar. De ahí a coller a cámara 360º do centro e facer un par de contidos interactivos en diferentes plataformas e posibilidades. Comezo con H5P que está integrado dentro das AV Moodle e Edixgal. Para acceder a este contido e navegar por él debes entrar na AV do centro coma convidado. Preme na imaxe para comezar, recoméndovos o modo pantalla completa para navegar polas 4 imaxes 360 interactivas e mesmo responder preguntas ou facer actividades.
Visita á restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo
Enviado por Pitusa o Dom, 06/11/2022 - 22:49EMPRENDER: UNHA VIAXE HEROICA
Enviado por chus.pardo o Xov, 27/10/2022 - 10:33
O 13 de outubro os alumnos do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais asistiron a unha conferencia sobre o espíritu emprendedor impartida por Angel Noguerol da Cámara de Comercio de A Coruña.
Na charla abordáronse as cualidades que debe reunir a persoa que decide emprender un negocio pola súa conta e o camino que debe seguir para poñer en marcha o seu proxecto, así como as diversas axudas (económicas e/ou de consultoría) que ofrecen as Institucións, con especial referencia ó programa España Emprende da Cámara de Comercio.
Nunha segunda parte relatáronse diversas experiencias emprendedodras de éxito que poden servir de referencia a futuros candidatos, como Angel Cycle Works.
Interesantísima xornada apra achegar o reto do empredemento á xente nova.
Documento guía e Recomendacións de AMTEGA para a elaboración do Plan Dixital de Centro
Enviado por Pitusa o Ven, 27/05/2022 - 12:34Xa está disponíble para os coordinadores de Plan Dixital dos centros educativos o documento guión para a elaboración do Plan Dixital dos centros. Tamén tedes á vosa disposición un documento de AMTEGA con información para realizar o devandito Plan Dixital.
En concreto, neste documento detállanse as definicións de Infraestructura dixital, Equipamento e Servizos Dixitais Educativos que reproduzo a continuación.
Infraestrutura dixital:
– Por infraestrutura dixital enténdese o conxunto de actuacións impulsadas pola administración para dotar aos centros educativos públicos das condicións de conectividade tanto internas como externas, necesarias para o desenvolvemento do seu labor, nomeadamente:
– Infraestrutura de datos (conectividade a internet).
– Infraestrutura de voz (telefonía).
– Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede.
– Ante calquera necesidade de mellora da infraestrutura do centro ou actuación a este nivel, é preciso enviar unha solicitude a través da Unidade de Atención a Centros (UAC) que será avaliada polo departamento técnico responsable.
Equipamento
– Por equipamento enténdese o conxunto de dispositivos tecnolóxicos cos que conta o centro para o desenvolvemento das funcións docentes.
ofesional.
Servizos dixitais educativos.
– Dentro destes servizos dixitais educativos corporativos entendemos aqueles que facilitan a xestión docente como pode ser o correo, a páxina web do centro, a aula virtual, espazoAbalar (con todas as súas funcionalidades e aplicacións), contidos educativos, agueiro e o desenvolvemento de proxectos corporativos como pode ser E-Dixgal.
Xogando a aforrar
Enviado por Anónimo o Mér, 25/05/2022 - 00:00A rapazada que cursa a materia de progamación no instituto, segue a aprender e a aplicar contidos desta materia. Dan conta disto os xogos tan orixinais que crearon dentro do Plan Proxecta "Aprendo programando". Mediante estes xogos Antón M., Juan Diego P., Elisa G.,Álvaro S., Samuel E. e Mar R. anímannos a consumir os recursos do planeta de xeito responsable, aforrando e reciclando. Anímate a xogar e visita o estudo de Scratch nesta ligazón
Materiais para a formación sobre a elaboración dun Plan de Acción
Enviado por Pitusa o Mér, 20/04/2022 - 10:38Na seguinte páxina de Agueiro poderedes atopar os materiais recomendados para, a partires do DAFO realizado nos centros, priorizar obxectivos e elaborar táboas con obxectivos SMART para o Plan de Acción. Este Plan de Acción será un dos contidos centrais do Plan Dixital 1.0 dos centros educativos.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
