Club de ciencia

Cremas, xabróns e lavalouzas, produccións dos Laboratorios Aguiar®

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Xaneiro: Laboratorios Aguiar

Convocatoria das reunións de xaneiro do Club de Ciencia: Laboratorios Aguiar ®

O xoves 23 e o mércores 29 (adíase dende o día 20), temos unha nova e interesante xuntanza do alumnado do 'Club de Ciencia Aguiar'. Nesta ocasión, da mán de Luisa Muíño e Olga Blanco, reunirémonos no laboratorio de Física e Química para facer xabróns, lavalouzas e mesmo pasta dentífrica. Produtos todos eles da marca en vías de rexistro 'LuisOl' dos prestixiosos 'Laboratorios Aguiar ®' Guiñolaboratorios aguiar

Galería fotográfica #clubdeciencia decembro 'Os leds son para o Nadal'

'Os leds son para o Nadal'  é o título xenérico que quixo aglutinar diferentes actividades científico manipulativas multiniveis que tiveron a estes dous elementos coma principais. 

Dentro destas actividades tivemos:

  • Tarxetas de Nadal  con luces Led, o que chaman #papercircuits para o alumnado de 1º ESO
  • #wearables cosendo leds para as bolas de nadal dunha árbore e dun panel de estrelas (por rematar) que logo foron programados polo alumnado ca praca de #lilypadArduino
  • Programación co anel de LED dos robots #MbotRanger. O reto proposto ao alumnado incluiu luces e equilibrio. O anel de leds tiña que iluminar de forma diferente segundo a inclinación dos xiróscopos do robot.
  • Arduino e #etéxtiles ao empregar un material chamado #velostat. O velostat é un texido que cambia a súa resistencia eléctrica ao tocalo. Os alumnos de 2º BAC asistentes ao club  fabricaron con este texido un sensor flex caseiro e o programaron cun Arduino para que poida acender un led. Este é un proxecto que promete medrar en breve.

O obradoiro estivo organizado polo departamento de Tecnoloxía e o de Plástica coas profesoras Carmen Núñez Faraldo, Ángela Vázquez Álvarez e Marta Penalonga Chao.

 

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Decembro: Os leds son para o Nadal

#clubdeciencia decembro 'Os leds son para o Nadal'

Convocados obradoiros do club de ciencia para o mércores 4 e xoves 5 de decembro. Pendentes da chegada duns materiais para o obradoiro, que de non producirse, é posible que teña adiadarse para xaneiro. Informaráse nas aulas e nesta web.

abel<

Galería fotográfica #clubdeciencia novembro 'Maquetando a ciencia'

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Novembro: Maquetando a ciencia

Club de Ciencia Aguiar de Outubro. As cores do Outono.

Estrenamos este curso o 'Club de Ciencia Aguiar' facendo experiencias de cromatografía cas follas que caen dos árbores en outono.

O alumnado con intrépidas/os científicas/os extraeu os pigmentos que tinxen as árbores e o chan da paleta de cores otoñal.

Organizou o obradoiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía con Laura Álvarez, Miguel Orosa e Chus Santamariña.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Outubro: As cores de Outono. Cromatografía. Dpto. BioXeo

1ª reunión do club de 'Ciencia Aguiar' edición 19-20

23/10/2019 16:20
24/10/2019 18:01
Etc/GMT+1

As reunións do club de 'Ciencia Aguiar' convocan ao alumnado apuntado no club para a realización de pequenos obradoiros científico-tecnolóxicos baseados na investigación e as actividades manipulativas que propicien a metodoloxía de descubrimento en horario de tarde de 16:20 a 18:00.

ciencia outubro

Club de Ciencia 2018-2019. Memoria da experiencia.

Compartimos unha versión reducida da memoria da actividade 'Club de Ciencia Aguiar 2018-2019' onde se recolle o traballo desenvolto con alumnado e profesorado voluntario ao longo deste curso. Grazas a todos/as os/as participantes polo voso esforzo, ilusión e traballo.

club ciencia

'Cociña con Sol' fin de festa do #clubdeciencia 2018/2019

Unha tarde realmente agradable na que houbo tempo para cociñar, xantar, facer unha curta sobremesa, aprender, preguntar, construir fornos e cociñas solares, degustar viandas doradas ao Sol, e sobre todo compartir. Pasamos moita calor, a metereoloxía acompañou de máis, pero tamen pasamos un bó rato, un pequeno fin de festa a este primeiro curso do 'Club de Ciencia Aguiar'. Só queda agradecer ao alumnado e profesorado o seu traballo e implicación. Grazas.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Maio 'Cociña co Sol'
Distribuir contido