Club de ciencia

Obradoiro de luces de nadal. Club de Ciencia Aguiar

19/12/2018 15:20
Etc/GMT+1

 

obradoiro ciencia nadal

Os vindeiros 19 e 20 de decembro, en turnos xa repartidos para unha mellor atención e organización, terán lugar unhas novas reunións do Clube de Ciencia do IES Francisco Aguiar en horario de 16:20 a 18:00.

Desta volta xogaremos con luces, dado que está próximo o nadal. Organizaránse distintos obradoiros pensando en atender aos diferentes niveis educativos e necesidades do noso alumnado. Circuitos con plastilina, programación do anel de LED dos robots Mbotranger e tiras de LED WS2812b controladas por Arduino. Non digades que non é un bó plan!!

Presentación Circuitos con Plastilina

Presentación Anel LED MbotRanger

Presentación Tiras LED WS2812b

Exemplos código Arduino WS2812b

Cartafol con códigos exemplo

1ª Reunión do Clube de Ciencia: Obradoiro Soporte Vital Básico 26 novembro 2018

O pasado 26 de Novembro un grupo de máis de 30 xóvenes científicos participaron nun obradoiro que pode salvar vidas. Guiados pola nosa compañeira Chus Santamariña do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, profesora de Anatomía Aplicada entre outras materias aprenderon cáles son os pasos que hai que seguir nunha emerxencia sanitaria. Ademáis, practicaron en grupos con maniquíes axeitados cómo se debe facer RCP (reanimación cardio pulmonar) en adultos ou mesmo en lactantes.

Clica na imaxe para visualizar as fotografías ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro para votar as túas favoritas e/ou visualizalas á máxima resolución. 

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Novembro Soporte Vital Básico

Clube de Ciencia Aguiar. 1º obradoiro Novembro 2018 Soporte Vital Básico

26/11/2018 15:20
Etc/GMT+1
soporte vital básico soporte vital básico

O vindeiro luns 26 de novembro terá lugar a primeira reunión do Club de Ciencia Aguiar para a realización dun obradoiro de Soporte Vital Básico.

Desenvolveráse pola tarde en horario de 16:20 a 18:00 e é a primeira das reunións do clube.

Benvidos futuros científicos.

Nunca perdades a curiosidade!

CLUB DE CIENCIA AGUIAR. Participación aberta a todos/as.

Este curso comezamos o club de ciencia no Aguiar e necesitamos a vosa participación. Consiste en vir a obradoiros científicos unha ou dúas tardes do luns ao mes, dependendo do obradoiro, un máximo de 4 horas en total.

 

Podédevos anotar na folla colocada no corcho da vosa clase,  a tódolos obradoiros ou a obradoiros seleccionados marcando unha cruz na columna correspondente. As datas detallaránse o mais pronto posible. Os obradoiros ata nadal serán:

                    Novembro      Soporte Vital Básico 

                    Decembro     Iluminación de Nadal 

 

Querémostequeremoste
Distribuir contido