Asesoría de bibliotecas escolares


 
 
 
 
A Asesoría de Bibliotecas Escolares é o equipo integrado na Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional , que coordina todas as actuacións en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura integradas no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares.

 

 

 

Redes sociais: @bescolaresgal 

 

 

 

 

Pode contactar coa Asesoría de Bibliotecas Escolares a través de:

ASESORÍAS DE ZONA

 

ASESORÍAS SERVIZOS CENTRAIS

 

María Pousa Rodríguez

Coordinadora da asesoría de bibliotecas escolares. Asesora de bibliotecas escolares zona A Coruña

Enderezo: CFR da Coruña. Rúa da Educación, 3, 2º Planta (Edificio U.N.E.D.), 15011 A Coruña (A Coruña) 

Teléfono: 981 274 221 

Correo electrónico: abe.coruna@edu.xunta.gal

 

Alexandra Cabana Outeiro

Asesora de bibliotecas escolares zona Lugo
Xestión documental Koha, Meiga

Enderezo: CFR de Lugo. Rúa Doutor Yañez Rebolo, 31 27004 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982 251 068

Correo electrónico: abe.lugo@edu.xunta.gal 

 

 

 Asun Carballo Rodríguez

Asesoría de bibliotecas escolares zona Ourense 

Plataforma de préstamo dixital E-LBE.2 

Enderezo: CFR de Ourense. Avenida da Universidade, 18 32005 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988 241 533

Correo electrónico: abe.ourense@edu.xunta.gal 

 

 

Isabel Nuevo Pérez

Asesora de bibliotecas escolares zona Pontevedra

Enderezo: CFR de Vigo. Rúa Rocío, 72, Coia 36208 Vigo (Pontevedra) 

Teléfono: 986 202 370 

Correo electrónico: abe.pontevedra@edu.xunta.gal 

Enderezo: Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, Rúa de San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela

Correo electrónico: asesoria.bibliotecas@edu.xunta.gal

 

 

Eva Cancio Rascado  

 

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais
Xestión documental Koha, Meiga


Teléfono: 981 546 547 

 

Eduard Velasco 

Asesor de bibliotecas escolares servizos centrais

Asesor Liga de debate 

Plataforma de préstamo dixital E-LBE.2 

Teléfono: 881 997 562

 

María Neira Cerdeira  

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais 

Teléfono: 881 997 330 

 

Saleta González Carnero

Asesora de bibliotecas escolares servizos centrais

Teléfono:  881 997 637

 

 

Resolución provisional de centros participantes na I Liga escolar de debate para o curso 2025/26

 
 O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros participantes na I Liga escolar de debate para centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26. 
 
 Ábrese un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar renuncias ante o órgano instrutor.
 

Lecturas que deseñan os días de inverno

 
 
 
À tarde, cun can e un livro
entreaberto
sento-me nun banco do xardin
e deteño-me a contemplar o transcorrer da vida.
Por oriente pasa unha anada de paxaros
que non identifico.
Hai unha luz desigual tapizando a paisaxe,
hai unha luz fráxil e cautelosa
de inverno.
Pallarés,Pilar (1996). Livro das devoracións. Espiral Maior 
 
 
Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar  unha escolla axeitada á hora de agasallar . Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
 
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
 

Lecturas compartidas no CEIP As Covas - Meaño
 
As bibliotecas escolares de Galicia recomendan lecturas para compartir:  
 

Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de decembro de 2025

 
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares. Neste número 90 de decembro de 2025 pubícanse un total de cinco artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades sobre o Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información; o patrimonio, a organización e dinamización da biblioteca e o libro de non ficción.
 
 
Lecturas sobre as que reflexionar e nas que afondar nos días de descanso que se achegan.   
 
 
 

 Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información

Equipo de persoas mentoras 

 

 O Fogar das Musas

Inma Fernández, Patricia Cid, Sivia Rivero e María Carmen Valugo

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova-ourense) 

 

 Un espazo que medra: organización e vida da nosa biblioteca

Gemma Penelas Teijeiro

CEIP P. Virxe do Corpiño (Begonte-Lugo) 

 

 Onde latexa a escola: a biblioteca como centro neurálxico

Carolina Palomanes, Paula Godoy e Juan Luís Rivero 

CEIP O Castiñeiro (Laza-Ourense) 

 

O libro de non ficción na biblioteca escolar 

Alejandra López Pérez

IES Valadares (Vigo-Pontevedra) 

 

Resolución definitiva da convocatoria do programa de Clubs de lectura para o curso 2025/26

 

 
 
 O Portal Educativo vén de publicar a  Resolución definitiva de centros seleccionados  na convocatoria do programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
 

Resolución definitiva do programa Bibliotecas Escolares Solidarias 2025/26

 

 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve definitivamente a convocatoria do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para o curso 2025/26. 
 

E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares

  
En novembro de 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares,  dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares. Este proxecto incorporou a 50 centros.
 
A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste xeito, a Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon a disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
 
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
 
  • Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e literatura para todos os niveis e etapas.
  • Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
  • Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
  • Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
  • A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
  • Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
  • Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
  • A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
  • O acceso mediante tres perfís diferentes: usuario alumnado (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 15 títulos durante o curso escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso escolar).

 

 

 

 

 

Resolución provisional de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias 2025/26

O Portal Educativo vén de publicar a  Resolución provisional de centros adheridos ao programa Bibliotecas Escolares Solidarias Voluntariado para o curso 2025/26 
 
Abrirase un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias. 
 

Convocatoria da I Liga escolar de debate

 
 

 

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 20 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca a I Liga escolar de debate para centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Portal Educativo.
 

Coordinación da Biblioteca Escolar

 

 
 
 
 
 
 
 
Achégase esta infografía que recolle documentación de referencia sobre o modelo de biblioteca escolar e outros aspectos relacionados co traballo diario nas bibliotecas escolares. Pódese acceder á información a través dos códigos QR ou as ligazóns no documento PDF.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Resolución definitiva da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2025/26

 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a  Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve definitivamente a convocatoria do programa de Radio na biblio, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2025/26. 
 
 
 

Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2025/26

 

 
 
 
 
 
 
 O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 7 de novembro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2025/26.
 
 
O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no portal educativo. 
 
 
 

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2025

 
 
 
 O vindeiro sábado 15 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2025. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade".
 
 
Unha xuntanza que falará de competencia e prácticas lectoras, libros, deseño, a colección, a planificación do traballo nas nosas bibliotecas,  a alfabetización informacional...
 
 
Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.
 
 

Recursos e equipamento para a biblioteca escolar

 

 
 
 
 
Achegamos un documento coa relación de recursos e equipamento que pode ter unha biblioteca escolar. Cada biblioteca seleccionará os materiais, recursos e equipamento, máis axeitados segundo o espazo dispoñible, a idade do alumnado e a actividade da mesma, así como bibliografía que apoie e optimice o seu uso (fondos de arte, manualidades, reciclaxe, matemáticas, física, bioloxía, xeografía, historia, música, programación, robótica...).
 
 
Os recursos que se merquen atenderán a diversidade do alumnado e as múltiples facetas e obxectivos da biblioteca escolar entre os que se sitúa a mellora da competencia informacional e mediática (ALFIN/AMI) así como propiciar a aprendizaxe por proxectos e outras metodoloxías activas.
 
 
 
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa de Clubs de lectura para o curso 2025/26

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros seleccionados  na convocatoria do programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
 
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Portal Educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias. 
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Resolución definitiva da convocatoria do programa de Biblioteca Creativa para o curso 2025/26

 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución  da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa  pola que se resolve definitivamente a convocatoria do programa de BIBLIOTECA CREATIVA, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2025/26. Integran o programa 25 novos centros seleccionados, así como aqueles solicitaron continuidade para o curso 2025/26.
 
 
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Lectura e familias para o curso 2025/26

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a  resolución provisional de centros seleccionados  na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Portal Educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2025

 

 
 
 
 
"Para que a transformación requirida avance con solidez, o coñecemento
debe chegar a todos os niveis da sociedade. É esencial fortalecer a súa
transferencia ao tecido produtivo para que se traduza en valor engadido
para Galicia. Pero non só: cómpre reforzar a transferencia social do
coñecemento a través da divulgación, da cultura científica e da ciencia
cidadá, conectando a investigación coas necesidades reais da cidadanía
e fomentando unha sociedade máis informada, crítica e participativa.

As bibliotecas son parte esencial deste ecosistema: non só como
espazos físicos, senón como nodos de encontro, conexión social e
aprendizaxe permanente.A súa transformación dixital e social facilita que
o coñecemento circule, que a ciencia se comparta e que máis persoas
participen activamente, proporcionando as ferramentas para seguir
aprendendo, cuestionando e creando". 
 
Concepción Paz Penín 
 
 
 
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Concepción Paz Penín, enxeñeira industrial, catedrática e doutora pola Universidade de Vigo. Actualmente dirixe o Departamento de Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos nesa universidade. No ano 2023 recibiu o premio María Wonenburger, que recoñece o labor das mulleres científicas galegas.
 
 
O manifesto para este ano 2025 abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder sementar e degustar a ciencia nas nosas bibliotecas escolares.
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 
 
 

Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información


 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información nos centros docentes non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. 
 
 

BIBLIOTECA ESCOLAR + DESEÑO = VIAXE Á CREATIVIDADE

 
 
 
Un curso máis abrímoslle a porta á creatividade nas bibliotecas escolares, deste volta a través do deseño. O deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil. O deseño gráfico que atopamos desde a orixe dos tempos da escrita e que hoxe en día se espalla a través de aplicativos dixitais. Unha oportunidade para crear desde as bibliotecas do hoxe e do futuro, tecendo desde a nosa propia historia, coas referencias imprescidibles das editoriais Nós ou Castrelos, do Laboratorio de Formas e Ediciós do Castro… e de mestres do cartelismo como Xosé Vizoso. Propoñemos mirar os libros desde a súa orixe, coñecer o proceso da edición, da composición, da escolla de tipos, papeis, cubertas e encadernacións, da revisión da maqueta e da difusión… e coñecer as persoas que forman parte dese mundo da edición e do deseño gráfico. Deseño gráfico que tamén trascende do mundo do libro e está presente na publicidade, a prensa, as etiquetas, as marcas corporativas… e en tantos outros ámbitos da nosa vida cotiá.
 
O cartel que Desescribir nos ofrece para este curso é unha porta aberta a esa creatividade a partir da raíz: o alfabeto e as infinitas posibilidades que permite a partir dunha sinxela pauta. Sumémoslle deseño ás bibliotecas escolares e enrolémonos nesta viaxe á creatividade! 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2025/26

 
 
O Portal educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio nas modalidades de nova incorporación e de continuidade. 
 
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias. 
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Resolución provisonal da convocatoria do programa Biblioteca Creativa para o curso 2025/26

 
 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros seleccionados  na convocatoria do programa Biblioteca Creativa nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias. 
 
 
 

Día das Escritoras 2025

 
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".
 
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Na selección de textos en galego a transcrición dos distintos fragmentos decidiuse manter a ortografía da escrita orixinal previa ás convencións derivadas das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1983. Alén de ser unha mostra da literatura do momento, é tamén un reflexo das dificultades que comportaba escribir nunha lingua que carecía dunhas normas ortográficas e morfolóxicas estables.
 
Vaia con esta escolma o noso agradecemento e recoñecemento a estas dez autoras, mulleres que nos anos 70 publicaron en galego, pola súa obra e o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura. 
 
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras25 
 
Actividades  nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Resolución definitiva do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2025/26

 

 

 

 

 

 

 

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve definitivamente a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o curso 2025/26. 

 

 

 

 

Día das Bibliotecas 2025: Contra a DESINFORMACIÓN

 
 
 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2025.   
 
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na loita contra a desinformación.
 
As bibliotecas combaten a desinformación non só a través dos seus recursos, como as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos, senón tamén a través dun uso adecuado das novas tecnoloxías. E, por encima de todo, as bibliotecas son un dique de contención contra a desinformación grazas ao seu persoal bibliotecario, que traballa como curador de contidos e apoio aos usuarios na procura de información a través de fontes fiables e contrastadas. 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. O seu traballo de deseño e planificación de actividades e servizos desenvólvese cunha perspectiva de Axenda 2030 poñendo o foco en que ninguén das nosas comunidades educativas debe quedar atrás.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.  
 
 
#DíaDasBibliotecas #DíaDasBibliotecas25 #ContraaDesinformaciónBibliotecas 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: