2014/2015

Impresos xustificación gastos PLAMBE 2014/2015

O prazo para a presentación da xustificación de gastos, e maila memoria do curso 2014/2015 remata o 10 de xuño de 2015.

- IMPRESO DE INCORPORACIÓN DE GASTO AO ORZAMENTO DO ANO 2015

- IMPRESO DE XUSTIFICACIÓN TOTAL DO GASTO. ANEXO IX da convocatoria PLAMBE (Orde de 25 de marzo de 2014). 

Ámbolos dous impresos, remitiranse, xunto coa memoria de actividades, ao enderezo habitual: 

DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U.

Edif. SAN CAETANNO, S/N, BLOQUE 2, 2º ANDAR

15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA. 

Resolución definitiva da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2014/2015

Bibliotecas escolares de GaliciaPublicado no DOG do martes 9 de setembro de 2014 a Orde do 1 de setembro de 2014 a resolución definitiva dos centros que forman parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares para este curso 2014/2015.

Nesta ocasión son 550 os centros integrantes do Plambe o que significa un aumento de 26 con respecto aos centros do curso pasado.

 

 

Resolución provisional da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2014/2015

Publicada no Portal Educativo a relación de centros que se incorporan ao Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2014/2015, segundo resolución provisional contemplada na convocatoria (Orde de 25 de marzo de 2014, DOG de 10 de abril). Son 26 os novos centros seleccionados entre os 159 solicitudes presentadas. Este número poderá incrementarse no caso de renuncias ou baixas, tal e como estaba previsto na convocatoria. Desta forma, o programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Unniversitaria integrará no curso 2014/2015 un total de 550 centros educativos. A resolución definitiva publicarase no mes de setembro no DOG, con detalle das asignacións destinadas a todos estes centros, trala valoración das memorias preceptivas do curso 2013/2014.

Convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2014/2015

O DOG do 10 de abril de 2014 publica a convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2014/2015, destinada a centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Trátase da décima convocatoria dun programa polo que se estimula a renovación das bibliotecas escolares de cara á que cada centro conte cunha biblioteca que poida exercer as funcións que o sistema educativo e a sociedade de información demandan: un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe; pero tamén un espazo de encontro entre os distintos sectores da comunidade educativa, no que poder medrar e formarse como lectores e como usuarios da información. Bibliotecas que apoian a alumnado e profesorado en todos os procesos de aprendizaxe que se levan a cabo ao longo do curso escolar, que facilitan recursos variados e actualizados; favorecen a adquisición de competencias clave para o alumnado (lectura, aprender a aprender, competencia dixital, competencia informacional....); ofrecen formación específica para o uso e produción de información, e posibilitan o acceso a actividades culturais diversas como presentacións de libros, recomendacións, recitais, lecturas compartidas, clubs de lectura, etc. As modernas bibliotecas escolares son tamén laboratorios de ideas e espazos de experimentación no que alumnado, profesorado e familias poden compartir inquedanzas, formación e lecer e nas que a cultura impresa e a cultura dixital se integran de forma natural. O empeño de profesorado, os recursos, as orientacións, a difusión das boas prácticas e a formación permiten avances neste programa, incluído no PLAN LÍA  (Lectura, Información e Aprendizaxe) de Bibliotecas Escolares da consellería.  

Os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares no curso 2013/2014 deben solicitar a continuidade no programa, se así o desexan. Os centros que aspiren a formar parte do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) poderán, así mesmo solicitalo con data límite do 10 de maio (incluído). Recoméndase en ámbolos dous casos unha lectura detallada da orde de convocatoria.