Xornadas-Encontros

Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015

Agustín Fernández Paz. Premio dos Clubs de Lectura 2015 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Gravación realizada na casa de Agustín Fernández Paz co gallo da concesión do Premio dos Clubs de Lectura 2015, que lle foi entregado no transcurso da VIII Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 5 de xuño en Compostela. Agustín non puido estar presente e no seu lugar recolleu o premio o seu amigo e editor, Manuel Bragado. Porén, os asistentes puideron escoitar ao escritor  as súas palabras de agradecemento e unha pequena disertación sobre o poder e a necesidade da lectura. 

Vídeo dos Encontros PLAMBE 2013/2014

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Esta gravación resume o acontecido nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014, celebrados en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de marzo de 2014, coa asistencia dos responsables dos 524 centros integrados neste programa durante o presente curso.

Neste enlace están tamén dispoñibles todos os materiais relacionados coas diferentes intervencións (entrar como convidado). Estanse subindo vídeos das diferentes sesións plenarias e completando con outras informacións de interese. 

VI Xornada dos Clubs de Lectura: vídeo-resume

VI Xornada dos Clubs de Lectura from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Vídeo resume da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013, con asistencia do profesorado que coordinou durante o curso 2012/2013 os clubs de lectura existentes en 222 centros educativos de ensino secundario de Galicia; clubs que acollen varios grupos de lectura e que, en conxunto, reúnen a unhas 7.000 persoas entre alumnado, profesorado, persoal non docente e familias. Ademais dunha mesa de experiencias e de reunións dos participantes en función de catro temáticas diferentes (a lectura social, a lusofonía e as linguas nos clubs de lectura; a lectura, os valores e o voluntariado cultural; os recursos dixitais ao servizo da lectura), tamén interviron a profesora valenciana Gemma LLuch, especialista en literatura infantil e xuvenil e estudosa do fenómeno da lectura), Xosé R. Lois, un dos responsables de Redelibros, a rede social galega do libro, e o escritor Marcos Calveiro. Cándido Pazó puxo o punto final a esta xornada.

Marcos Calveiro: Ler, escribir, amar

Marcos Calveiro: "Ler, escribir, amar" from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Intervención do escritor Marcos Calveiro como peche da VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interesante reflexión sobre a súa formación como lector e a súa actividade de escritor para mozas e mozos, entre outras cuestións sobre a lectura, os libros, as bibliotecas...

Contribución dos clubs de lectura á adquisición de competencias básicas

Mesa de experiencias: Clubs de lectura e competencias básicas from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Mesa de experiencias baixo o título "Participar nun club de lectura serve para adquirir competencias básicas", na VI Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Compostela o 31 de maio de 2013. Interveñen coordinadores e coordinadoras de clubs de lectura en distintos centros de ensino secundario de Galicia:
- Begoña Valdés, do IES Ramón Otero Pedrayo, de A Coruña.
- Julio Abalde, do IES Ribeira do Louro, de O Porriño (Pontevedra).
- Almudena Platero, do IES Xesús Ferro Couselo, de Ourense.
- Delio Chao, do CPI Luís Díaz Moreno, de Baralla (Lugo).

Gemma Lluch: Criterios para seleccionar libros para adolescentes

Gemma Lluch - Criterios para seleccionar libros para adolescentes from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Intervención de Gemma Lluch que daba inicio á VI Xornada dos Clubs de Lectura, o pasado 31 de maio en Compostela, coa asistencia do profesorado que coordina os clubs de lectura nos centros públicos de ensino secundario de Galicia.

A construción do lector. Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz: A construción do lector from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

No Día Mundial do Libro, nada mellor que a palabra de Agustín Fernández Paz, lector, escritor, mestre... falando da "construción do lector" nos pasados Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, celebrados en Compostela os días 7 e 8 de marzo de 2013.

 

ACCESO AO RESTO DOS VÍDEOS desta actividade

Vídeos das IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia (novembro 2012)

Velaquí a intervención de Luís Aldegunde, do CPI dos Dices-Rois (Rois, A Coruña) nas IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, celebradas en Compostela os días 9 e 10 de noevembro de 2012. Nela, Luis explica o traballo do centro a prol da formación do alumnado como usuarios críticos dos medios audiovisuais e como creadores de produtos tales como os "telexornais" dedicados aos protagonistas do Día das Letras Galegas que realizaron nos últimos anos.
ACCESO A TODOS OS VÍDEOS DAS XORNADAS

Vídeo resume da V Xornada dos Clubs de Lectura


Xornada Clubs de Lectura 9 de Xuño - HD 1080p from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

O pasado 9 de xuño celebrouse en Compostela a V Xornada dos Clubs de Lectura, con asistencia dos profesores que coordinan os clubs de lectura nos 215 centros públicos de ensino secundario de Galicia e que contaron con axudas da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para o funcionamento dun club durante o curso que agora remata. Os clubs de lectrua son unha iniciativa integrada no programa Hora de ler, para o fomento da lectura nos centros de ensino.

Esta actividade de formación para o profesorado implicado, reuníu nesta ocasión tamén a unha boa representación de alumnos e alumnas que integran os clubs de lectura, xunto cunha pequena representación de nais, pais ou persoal non docente, que forman parte dos grupos de lectura de adultos, presentes nalgúns centros. A través deste vídeo podemos coñecer algo do que alí pasou. 

Todos os vídeos das sesións plenarias, así como outros materiais e informacións, están dispoñibles AQUÍ (entrar como convidado)

En directo a V Xornada dos clubs de lectura, sábado 9 de xuño


Para ver o streaming: Ler en Mancomún

 

O sábado, nove de xuño, a partir das 10,00h, poderanse seguir nesta páxina as sesións plenarias da V Xornada dos Clubs de lectura, que se celebra en Santiago de Compostela, no Palacio de Congresos. Están convocados os profesores e profesoras que coordinan os clubs de lectura existentes en 215 centros de ensino público de Galicia  (para alumnado de ensino secundario, bacharelato, formación profesional, adultos e ensinanzas de réxime especial), en virtude da convocatoria de axudas da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no contexto do programa HORA DE LER, para o fomento da lectura nos centros de ensino. Nesta ocasión asisten tamén á xornada alumnos destes clubs, así como nais e pais que participan nos grupos de lectura de adultos que teñen algúns destes clubs. En total, a actividade reúne arredor dos libros e da lectura a 420 participantes.

+ información, en LER EN MANCOMÚN

Vídeo-resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012


Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

Vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012, celebrados en Santiago de Compostela os días 19 e 20 de abril, coa asistencia de responsables ou membros dos equipos de bibliotecas incluídas neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (nesta ocasión, centros que se integraron nas catro últimas convocatorias). Para a organización desta actividade de formación, no contexto do Plan de mellora de bibliotecas escolares, contouse con financiación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en virtude dos convenios de colaboración nesta materia.

Acceso aos vídeos do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito

ACCESO aos vídeos das sesións do Congreso Biblitoecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro de 2011.

 

 

Lembrando a IV Xornada dos Clubs de Lectura


Vídeo resume da IV Xornada dos Clubs de Lectura, celebrada en Santiago de Compostela o pasado 10 de xuño.

+ INFORMACIÓN e MATERIAIS

Vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares


Velaquí un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no presente curso neste programa da Consellería de Educación. + información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado).