Fomento da lectura

Lecturas que deseñan os días de inverno

 
 
 
À tarde, cun can e un livro
entreaberto
sento-me nun banco do xardin
e deteño-me a contemplar o transcorrer da vida.
Por oriente pasa unha anada de paxaros
que non identifico.
Hai unha luz desigual tapizando a paisaxe,
hai unha luz fráxil e cautelosa
de inverno.
Pallarés,Pilar (1996). Livro das devoracións. Espiral Maior 
 
 
Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar  unha escolla axeitada á hora de agasallar . Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
 
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
 

Lecturas compartidas no CEIP As Covas - Meaño
 
As bibliotecas escolares de Galicia recomendan lecturas para compartir:  
 

Resolución definitiva da convocatoria do programa de Clubs de lectura para o curso 2025/26

 

 
 
 O Portal Educativo vén de publicar a  Resolución definitiva de centros seleccionados  na convocatoria do programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
 

E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares

  
En novembro de 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares,  dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares. Este proxecto incorporou a 50 centros.
 
A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste xeito, a Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon a disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
 
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
 
  • Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e literatura para todos os niveis e etapas.
  • Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
  • Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
  • Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
  • A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
  • Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
  • Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
  • A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
  • O acceso mediante tres perfís diferentes: usuario alumnado (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 15 títulos durante o curso escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2 préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso escolar).

 

 

 

 

 

Resolución provisional da convocatoria do programa de Clubs de lectura para o curso 2025/26

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros seleccionados  na convocatoria do programa Clubs de lectura nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
 
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Portal Educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias. 
 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Resolución provisional da convocatoria do programa Lectura e familias para o curso 2025/26

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a  resolución provisional de centros seleccionados  na convocatoria do programa Lectura e familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2025/26.
 
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Portal Educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 

Día das Escritoras 2025

 
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritoras e Escritores (ACE) e oCentro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 16 de outubro. A X Edición celébrase este ano 2025  o 13 de outubro baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".
 
"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".
Anna Caballé, comisaria de la X edición del Día de las Escritoras
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Na selección de textos en galego a transcrición dos distintos fragmentos decidiuse manter a ortografía da escrita orixinal previa ás convencións derivadas das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego de 1983. Alén de ser unha mostra da literatura do momento, é tamén un reflexo das dificultades que comportaba escribir nunha lingua que carecía dunhas normas ortográficas e morfolóxicas estables.
 
Vaia con esta escolma o noso agradecemento e recoñecemento a estas dez autoras, mulleres que nos anos 70 publicaron en galego, pola súa obra e o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura. 
 
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras25 
 
Actividades  nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2025/26

 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa LECTURA E FAMILIAS, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2025/26.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo. 
 

Convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2025/26

 

 
 
 
 
 
 O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 1 do xullo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2025/26.
 
 
 
O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo e rematará o  día 26 de setembro de 2025. 
 

Lecturas que alumean os días de verán

 
 
 
[...] ela adoraba ler na cama, naquela atmosfera de intimidade absoluta, case luxuriosa, que se creaba cando só o libro aparecía alumeado e o resto do mundo permanecía esvaecido e silente. Os seus ollos esvaraban agora polos dous amatles cheos de paxaros coloridos e retorneadas flores exóticas que ela mesma lle regalara a avoa Amalia despois dunha viaxe a México e, tamén, polo pequeno andel da cabeceira en que se mesturaban vellos libros infantís con algunhas lecturas recentes, e deixábase abrazar polo silencio balsámico da noite da fin do verán, co cheiro a maré baixa a lle penetrar as narinas, ollando, agora con certa resignación, unha lúa inmensa, as estrelas das que, alén da Vía Láctea, só aprendera a recoñecer a osa maior e o carro [...]
  
Fuentes, Moncha (2018). O mar que nos leva. Xerais
 
 
Chega o tempo de verán e as bibliotecas escolares de Galicia preparan as súas recomendacións lectoras e os seus préstamos para espazos de lecer.
 
Lecturas que alumean para nós, que non deixaremos pasar e habitarán as nosas xeografías lectoras.
 
 

Imaxe do Encontro dos Clubs de Lectura da rede BiblioTea
 
Seleccións das bibliotecas escolares de Galicia: 
 

Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.

 
 
Axúdame, compañeira,
axúdame, camarada,
axúdame, compañeira,
a facer a foliada.
 
Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 
 
Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia das mulleres como figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura.
 
Mulleres que fortalecían e fortalecen os vencellos comunitarios como fan as bibliotecas escolares de Galicia, tecendo redes arredor do patrimonio e a defensa da nosa cultura.
 
Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2025:  
 

XVII Xornada dos Clubs de Lectura

 

 
 
 
O vindeiro 21 de maio, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Neste curso 2024/2025 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 512 centros que matriculan alumnado de Educación Primaria, ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XVII Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a máis de 500 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado. 
 
 
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2025, que desta vez recaeu na escritora Paula Carballeira por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2023/2024, tal e como se recolle na Resolución do 22 de abril de 2025, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Antía Yáñez, Manuel Núñez Singala e Arantza Portabales.
 
 
  Comezará a xornada cunha conversa coa autora premiada e dúas profesoras integrantes dun club de lectura, continuaremos coa intervención do mediador, investigador, escritor e especialista en LIX Freddy Gonçalves; a profesora, investigadora e formadora Gualdalupe Jover; disfrutaremos dunha conversa arredor das redes que tecemos con librarías e bibliotecas públicas e de  sesións simultáneas coa experiencia de dez centros integrados no programa O peche da xornada dará voz ao alumnado que forma parte dos clubs de lectura nunha conversa moderada por Freddy Gonçalves.
 
 
 
 

Celebrando o Libro e a Lectura nas Bibliotecas Escolares de Galicia

 
 
 
Un día terrible, de mal tempo e contrariedades, aflición e infortunio, desconsolo e malas 
novas, unha desas xornadas confabuladas para a calamidade, en que todo parece saír 
mal e nada vai ao dereito. Pero abrir por fin unha porta ao espazo luminoso dun día de
verán, descubrir a emoción dun reencontro, culminar unha fazaña vibrante, recuperar un 
arrecendo da infancia xa logo esquecido, percibir o agarimo dunha amizade sincera,
espertar náufrago nunha illa deserta,  viaxar a lugares inexplorados, sentir a pulsión do
desexo, tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos o sabor dos labios
amados... abrir un libro!
 
Manuel Núñez Singala. Día do Libro 2025 
 
 
O mes de abril pon en valor o traballo que fan as persoas mediadoras , ao longo do ano, arredor do libro e a lectura nas bibliotecas escolares de Galicia.
 
Imaxe do II Encontro Letras na Praza no CEIP de Carballedo
 
Velaquí algún exemplos: 
 

Premio dos Clubs de Lectura 2025 para Paula Carballeira

 
 
 
 
Co gallo da celebración do Día do Libro 2025, publícase a Resolución do 19 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  pola que se recoñece á escritora Paula Carballeira co Premio dos Clubs de Lectura 2025, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24.
 
 
No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Desde hai dous cursos, contribúe a este recoñecemento o alumnado dos clubs de lectura da educación primaria. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022), Manuel Núñez Singala (2023) e Arantza Portabales (2024).
 
 
 
Paula Carballeira é unha das autoras máis seguida polo lectorado dos clubs de lectura. Dous dos seus títulos están entre os 50 máis lidos no curso 2023/24: As alumnas  e Trece avisos. Contos para ler pola noite. Nun curso no que a biblioteca escolar sae a escena celebramos que unha peza teatral sexa a obra máís lida. As alumnas foi recoñecida no ano 2023 co Premio Nacional de Literatura Dramática.
 
 

Día Mundial do Libro 2025

 
 
 
Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional  edítase o cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2025.
 
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala, recoñecido polo lectorado infantil e xuvenil galego co Premio dos Clubs de Lectura 2023.
 
Este agasallo ás bibliotecas escolares de Galicia, convida a "... tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos os sabor dos labios amados... abrir un libro!".
 

Día do Libro Infantil 2025

 
 
 
 
 
Fai debuxos
para o meu poema,
pero con liberdade:
estas palabras
que saíron da miña boca
son para ti.
Rian Visser
 
 
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
A sección patrocinadora deste ano é Holanda que difunde a mensaxe de Rian Visser e o cartaz de Janneke Ipenburg co lema "Estas palabras que sairon da miña boca son para ti".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
 

17 de marzo 2025: Día do Cómic e o Tebeo

 
 
 
 
Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
 
A autora do cartel deste ano é a ilustradora Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024. Creadora do cartel "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" , lema das bibliotecas escolares de Galicia no curso 2020/2021, no que nos  ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír. 
 
Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, vén de presentar unha publicación para celebrar esta data:"Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".
 
 

Resolución definitiva do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionados conforme ao disposto no apartado 9 da Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25. 
 
 
 
 

Resolución definitiva do Programa Lectura e Familias

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionado segundo o establecido no apartado 9 da Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25. 
 
 

Lecturas para compartir, a escena!

 
 
 
 Como encontrar felicidade nos livros que não lemos
 
Por vezes, os livros que não são lidos podem assumir um ar acusador. Muitos leitores senter alguma culpa quando olhamn para pilhas de livros por ler. No meu caso, considero estes livros uma possibilidade de ser livre: não tenho apenas um livro para ler, tenho muitos, e isso permite-me escolher próximo (dentro de um espectro variado de possibilidades). No fundo, concordo com Jules Renard quando escreveu em Notas Sobre el Oficio de Escribir: 《Quando penso em todos o livros que tenho para ler, tenho a certeza de ainda ser feliz.》
 
Cruz, Afonso (2021). O vício dos livros.  Companhia das Letras
  
 
 
Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
 
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar  unha escolla axeitada á hora de agasallar . Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
 
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
 
Lecturas compartidas co gallo das festas de inverno no CEIP de Galán (Arteixo-A Coruña)
 
As bibliotecas escolares de Galicia recomendan lecturas para compartir: 
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.
 
 
Ábrese un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

 

 

 

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura nas modalidades de incorporación e de continuidade.

 

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias. 

 

 

 

Día das Escritoras 2024

 
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IX Edición celébrase este ano 2024  o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraton ao mundo rural".
 
"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal".
 
Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das Escritoras 2024
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de xullo de 2024  da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo. 
 
 

Plan de Lectura e Plan de Biblioteca

 

 

 

 

Achégase un cadro resumo do Plan de Lectura, Plan Anual de Lectura e Plan de Biblioteca; no que se indica en que documentación do centro deben estar recollidos, que persoas son as responsables da súa elaboración, cal é a finalidade de cada un e que actuacións deben contemplar. Este documento parte das Instrucións de inicio de curso da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

 

 

 

Lecturas que cantan para nós

 
 
 
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén. 
 
María, Manuel. Os soños na gaiola. Fundación Manuel María 2015
 
Chega o tempo de verán e as bibliotecas escolares de Galicia preparan as súas recomendacións lectoras e os seus préstamos para espazos de lecer.
Lecturas que cantan para nós, que non deixaremos pasar e habitarán as nosas xeografías lectoras.
 
Imaxe do refuxio de Verdes (Coristanco-A Coruña)
 
Seleccións das bibliotecas escolares de Galicia: