Información sobre reservas

Maletas viaxeiras 2022/2023

Neste curso 2022-2023 retomamos o préstamo das maletas viaxeiras entre as cinco localizacións: Santiago, Zona Lugo, Zona Pontevedra, Zona A Coruña e Zona Ourense, para facilitar así o achegamento deste material aos centros educativos que o desexen empregar. 

Asesoría Zona Lugo
  • Asesora:  Beatriz González Blanco
  • Enderezo: CFR de Lugo
  • Rúa Doutor Yañez Rebolo, 31
  • 27004 Lugo (Lugo)
  • Teléfono: 982 251 068
  • E-mail: abe.zonanorte@edu.xunta.gal
Asesoría Zona Pontevedra
  • Asesor: Francisco César Díaz Rey
  • Enderezo: CFR de Pontevedra
  • Rúa Celso Emilio Ferreiro, 4
  • 36005 Pontevedra (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 872 888
  • E-mail: abe.zonasur@edu.xunta.es
Asesoría Zona A Coruña
  • Asesora: María Pousa Rodríguez
  • Enderezo: CFR de A Coruña
  • Rúa da Educación, 3, 2º Planta (Edificio U.N.E.D.)
  • 15003, 15011 A Coruña (A Coruña)
  • Teléfono: 981 274 221
  • E-mail: abe.zonanoroeste@edu.xunta.es
Asesoría Zona Ourense
  • Asesora: Dolores Nieto Campos
  • Enderezo: CFR de Ourense
  • Avenida da Universidade, 18
  • 32005 Ourense (Ourense)
  • Teléfono: 988 241 533
  • E-mail: abe.zonasueste@edu.xunta.es

Os centros interesados poden solicitar estas maletas na aplicación MALETAS VIAXEIRAS, desta mesma páxina.

Maletas viaxeiras 2019/2020

 

O programa "Maletas Viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares ofrece moitas novidades para o curso 2019/2020.

Ofrécense 4 novas maletas denominadas  "Biblioteca Creativa" con recursos moi variados que permiten configurar a colección dos espazos creativos das nosas bibliotecas, nos que os materiais deben ir acompañados por bibliografía que apoie e optimice o seu uso. Falamos de xogos manipulativos e fondos documentais que contemplan todo tipo de linguaxes e posibilitan ao alumnado múltiples oportunidades de aprendizaxe, de expresión e de creación en ambientes de cooperación.

 

Neste curso a Asesoría de bibliotecas escolares aumentou o persoal de atención a centros incorporando un novo posto que se ven a sumar aos dous existentes quedando localizados nos seguintes emprazamentos:

Asesoría Zona Norte

  • Asesora:  Chelo Gundín Rey
  • Enderezo: CFR Ferrol
    R/ O Galego Soto, s/n
    15403 Ferrol (A Coruña)
  • Teléfono: 981 370 541
  • E-mail: abe.zonanorte@edu.xunta.es

 Asesoría Zona Sur

  • Asesor: Paco Díaz Rey
  • Enderezo: Xefatura Territorial de Educación
    R/ Avda. Fernández Ladreda, 43
    36003 Pontevedra (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 805 209
  • E-mail: abe.zonasur@edu.xunta.es

Asesoría Zona Sueste

  • Asesor: Loli Nieto Campos
  • Enderezo: CFR Ourense
    R/ Avda. da Universidade, 18
    32005 Ourense (Ourense)
  • Teléfono: 988 241 533
  • E-mail: abe.zonasueste@edu.xunta.es
 

Algunhas das maletas están localizadas nestas seccións para facilitar o achegamento deste material aos centros que o desexen empregar.

Os centros interesados poden solicitar estas maletas na aplicación MALETAS VIAXEIRAS, desta mesma páxina: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/maletas

 

Maletas viaxeiras 2018/2019

   
 Novidades nas maletas de "ciencias", moitas con perspectiva de xénero.  Materiais das maletas "Lectura e diversidade", de nova incorporación no programa. 

O programa  "Maletas Viaxeiras" da Asesoría de bibliotecas escolares ofrece moitas novidades para o ano 2018/2019.

  • Ofrécense 4 novas maletas denominadas "Lectura e diversidade", con materiais moi variados que permiten un achegamento á lectura literaria a alumnado con dificultades de comprensión lectora. Estas maletas poden interesar igualmente a bibliotecas de infantil e primaria  así como a Centros de Educación Especial. 
  • Incorpóranse, así mesmo, 4 novas maletas baixo o título "Por uha Biblioteca Inclusiva", que presentan unha selección moi coidada (non exhaustiva) de títulos que achegan unha mirada inclusiva da realidade e, por tanto, poden servir para traballar estes contidos en actividades de biblioteca e de aula. As bibliotecas destinatarias poden ser de infantil, primaria ou secundaria, ademáis dos Centros de Educación Especial.
  • Así mesmo, engádese ao programa unha maleta de "Ciencias - Primaria" e  inclúense novos materiais en todas as maletas de Ciencias que recuperan figuras femeninas do ámbito científico e, tamén, divulgación da ciencia dende unha perspectiva de xénero. 

Os centros interesados poden solicitar estas maletas na aplicación MALETAS VIAXEIRAS, desta mesma páxina: https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/maletas

Deslocalización xeográfica de maletas viaxeiras

 

 

Asesoría Zona Lugo

  • Asesora: Beatriz González Blanco
  • Enderezo: CFR de Lugo
    Rúa Doutor Yañez Rebolo, 31
    27004 Lugo (Lugo)
  • Teléfono: 982 251 068
  • E-mail: abe.zonanorte@edu.xunta.gal

Asesoría Zona Pontevedra

  • Asesor: Francisco César Díaz Rey
  • Enderezo: CFR de Pontevedra
    Rúa Celso Emilio Ferreiro, 4
    36005 Pontevedra (Pontevedra)
  • Teléfono: 986 872 888
  • E-mail: abe.zonasur@edu.xunta.es

Asesoría Zona A Coruña

  • Asesora: María Pousa Rodríguez
  • Enderezo: CFR de A Coruña
    Rúa da Educación, 3, 2º Planta (Edificio U.N.E.D.)
    15003, 15011 A Coruña (A Coruña)
  • Teléfono: 981 274 221
  • E-mail: abe.zonanoroeste@edu.xunta.es

Asesoría Zona Ourense

  • Asesora: Dolores Nieto Campos
  • Enderezo: CFR de Ourense
    Avenida da Universidade, 18
    32005 Ourense (Ourense)
  • Teléfono: 988 241 533
  • E-mail: abe.zonasueste@edu.xunta.es

As maletas viaxeiras están localizadas nestas seccións da Asesoría de Bibliotecas Escolares, así como na súa sede principal, ubicada en Santiago de Compostela (Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, Rúa de San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela), para facilitar así o achegamento deste material aos centros educativos que o desexen empregar.

Dependendo da demanda de cada zona así como da dispoñibilidade de novas maletas, estas iranse distribuíndo entre as cinco localizacións.

Información sobre a reserva das Maletas viaxeiras

Destinatarios:
A reserva de Maletas viaxeiras está dispoñible para todos os centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que desexen participar.

Solicitude: para solicitar a maleta deberá cubir tódolos campos que figuran no formulario de reserva.

Confirmación:
unha vez realizada a solicitude recibirase na conta oficial de correo electrónico do centro unha mensaxe que conterá un enlace que permitirá confirmar dita solicitude polo centro educativo.

De non confirmarse dita solicitude nun prazo dunha semana, será eliminada e non será tida en conta.

Duración: a duración do préstamo será, como máximo, de un mes. Non obstante, poderase realizar unha prórroga do mesmo no caso de non esistir novas solicitudes da mesma maleta.

Recollida e devolución: o centro solicitante comprométese a recoller e devolver a maleta no seu lugar de localización.

Documentos relacionados: Protocolo para intercambio directo entre centros (PDF).

Enlace á aplicación: Maletas viaxeiras.