Obra de teatro "Leo chega do espazo"

Éxito rotundo da obra de teatro "Leo chega do espazo"!

O pasado 23 de abril, a biblioteca do noso colexio converteuse nun escenario espacial grazas á fantástica obra de teatro "Leo chega do espazo", interpretada polo alumnado de sexto de primaria.

A obra, adaptada e dirixida polo equipo de biblioteca, narra a historia dun libro espacial que, perdido e triste, chega ao noso planeta. Ao chegar, atópase co Libro de Rexistro da biblioteca do CEIP Manuel Sueiro, que se converte na súa guía neste novo mundo.

A través dunha viaxe máxica polas instalacións da biblioteca, Leo descobre a organización do espazo, a clasificación dos fondos documentais e a gran variedade de libros que ten á súa disposición.

A obra, chea de humor e valores como a amizade, a curiosidade e o amor pola lectura, foi un completo éxito. Representouse en varias funcións ao longo do día para que todo o alumnado puidese gozar con ela.

Desde aquí, queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas de sexto pola súa gran interpretación, así como ao quipo responsable, polo seu excelente traballo de dirección e guión.

Sen dúbida, unha experiencia espacial que quedará gravada na memoria de todos! 


MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O MES DO LIBRO


Ao longo do mes de abril destacamos, estre outras, as seguintes actividades: