Skip to Content

Ed. infantil

Emocionario

Dentro do Programa de estimulación oral (PELO), levado a cabo dende a aula de audición e linguaxe cos alumnas e alumnas de Educación Infantil, destinouse durante este trimestre unha parte das sesións ás emocións.

Co fin de identificar, vivenciar, expresar e axudar a xestionar as diferentes emocións que poden vivir no seu día a día, realizáronse diferentes actividades:

  • Lectura dos libros “Las Emociones de nacho”  e “Como te sientes hoy?, para iniciar e identificar cada emoción, a súa xestualidade propia e que situacións que poden provocalas, quedando no recuncho das emocións para que os nenos e nenas podan manipulalos e ollar cando desexen.
  • Proxección do conto “El monstro de colores" do que se partiu para a posterior elaboración do emocionómetro, no que en cada sesión colocan a pinza co seu nome no monstro co que se identifica (alegría, tristeza, calma, amor, enfado, medo).
  • Un Emocionario onde cada neno e nena posou facendo as diferentes expresións e posteriormente colocamos no correspondente tarros das emocións.
  • Preguntar cales son as situacións diarias que lles provoca estas emocións, anotando as máis recorrentes e falar sobre elas.
  • Un libro individual do monstro de cores, que conten os debuxos que colorearon do monstro correspondente segundo a emoción traballada en cada sesión, a clasificación de situacións emocionais e unha montaxe cas fotos de expresións realizadas.

 

Desfile Entroido 2020

O venres de Entroido realizamos  desfile de disfraces no polideportivo do noso centro ante unha gran afluencia de familiares do noso alumnado.

Este ano participamos con catro comparsas relacionadas co PDI que cada unha delas está a desenvolver nas súas aulas:

  • O alumnado de educación infantil representou o conto de “Rosa caramelo” que fomenta a coeducación nos nenos e nenas tratando de desenvolver un pensamento crítico que lles permita analizar os estereotipos sexistas.
  • O alumnado de 2º e 3º de educación primaria puxeron a parte doce do desfile disfrazados de caramelos.
  • En 3º e 4º de educación primaria fixeron unha parodia dos oficios que se dan no ámbito sanitario e dos estereotipos sexistas creados no noso entorno ante ditos traballos.
  • En 5º e 6º representaron o descubrimento dun asteroide e a súa colonización despois de viaxar ata el, pola nosa galaxia, no Apolo Sueiro.

Na galería de imaxes podedes revisar o resultado do gran traballo desenvolvido nas aulas polo alumnado en colaboración seu profesorado.

Semana do amor e amizade

Celebramos a semana da AMIZADE.

A amizade é un sentimento desinteresado que une a persoas moi diferentes, rompe fronteiras, tende lazos de solidariedade. É tan poderoso pola súa natureza mesma de bondade.

Os amigos son as persoas que cada un eliximos para pasar tempo de lecer. Eles escóitannos, escoitámoslles, rimos e compartimos actividades que nos gustan. Confiamos neles para contar as nosas alegrías e as nosas penas. E sempre están aí cando lles necesitamos. Así que por que non celebrar o Día da Amizade na escola!!!.

No noso cole os alumnos e alumnas agasalláronse con fermosas cartas de amizade.

Grazas a todos e todas por este agasallo marabilloso.

Vémonos na próxima tolemia.

Un abrazo xigante.

 

Vialín, autoescola para peques

O 10 de febreiro realizamos na aula de psicomotricidade un obradoiro de educación vial coa colaboración do Concello de Ourense.

Coñecendo ás normas de tráfico, respetándoas e tendo en conta que Ourense é de todos e que, polo tanto, a todos e todas nos corresponde coidalo, teremos moito camiño andado para conseguir a cidade que queremos: un lugar máis cómodo, máis seguro e máis agradable para vivir.

O alumnado de forma lúdica recibiu unha formación en normas de ed. vial que lles van a ser de utilidade na súa contorna.

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 14 de febreiro realizamos na aula de usos múltiples un obradoiro sobre alimentación saludable coa finalidade de fomentar o consumo das conservas de produtos do mar.

Un bocata de conservas do mar leva dentro toda a enerxía que necesitas para alcanzar todas as túas metas.
As conservas do mar son ricas en proteínas, moi importantes para crecer. Levan vitamina B12 que é fundamental.

Xa son varios os anos que levamos participando neste programa que patrocina a Consellería de pesca e que tanto lle gusta ao noso alumnado e profesorado.

Xogando cos sentidos

Dentro do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral (PELO) levouse a cabo un bloque de estimulación sensorial co alumnado de Educación Infantil, co fin de coñecer, identificar e vivenciar os sentidos e o relacionados que están ca linguaxe.

En grupos e cos ollos vendados, os nenos e nenas tiñan que completar circuítos seguindo as instrucións orais do resto do grupo, identificar sons de transporte, animais, ruídos ambientais e adiviñar que elemento tiñan diante mediante os sentidos do olfacto, gusto e tacto. Utilizando para esta actividade diferentes elementos cotiáns (lava vaixela, pasta de dentes, colonia, fresas, galletas salgadas, limón, nocilla, algodón, estropallo, fariña...)

Por cuatro esquinitas de nada

Dende a aula de audición e linguaxe  traballouse no mesd de xaneiro,  co alumnado  de infantil, de 1º e 6º de ed.  primaria,  o conto “por cuatro esquinitas de nada”.

"Cuadradito está jugando con sus amigos los redonditos. Ring, es la hora de entrar, pero cuadradito no puede entrar, no es redondo como la puerta", cuadradito está triste. Lo intenta pero nunca será redondo. Te cortaremos las esquinas!.

Este conto tan sinxelo, trata do intento de cambiar para ser como os demais, e dos consellos do resto para entrar no grupo normalizado, rematando coa moraliña de que non é cadradiño o que ten que cambiar, se non a porta.

Ao finalizar a lectura do conto, houbo rolda de preguntas con todos os grupos sobre a mensaxe que nos quería transmitir , expresar os sentimentos do protagonistas pensando como se sentirían se lle ocorrera a calquera deles.

Os máis pequenos realizaron un debuxo sobre o mesmo, mentres que o alumnado de 6º escribiu un relato curto de exemplos que coñecen ou que poderían acontecer na vida real, ademais de elaborar en grupo pequenos murais con mensaxe que lembre a integración das diferenzas como algo positivo.

Día da Paz e non violencia

Celebrámola PAZ

Ao longo da historia e ao redor do mundo, os seres humanos eliximos diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Estes símbolos mostran o valor que ten a paz para nós e teñen diferentes historias e orixes que merece a pena coñecer, e así o fixemos.

Os alumnos de infantil traballaron a pomba da paz. É un símbolo moi antigo. Aparece na biblia e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal. Despois da Segunda Guerra Mundial a pomba da paz volveu ser unha imaxe moi recoñecida, debido a uns debuxos que realizou Picasso.

Os de primeiro fixeron a rama de oliveira. É outro símbolo de paz que a humanidade utiliza desde hai moito tempo. Era un dos atributos da deusa grega da paz, Irene, e simbolizaba a abundancia e a vitoria sobre os malos espíritos.

Os de segundo traballaron oSinal da "V" coa man”

Este xesto, coa man virada cara a fóra, ten diferentes significados pero popularizouse como signo de paz durante os movementos pacifistas posteriores á II Guerra Mundial e, especialmente, na década dos 60, durante a Guerra de Vietnam.

A papoula é o símbolo dos de terceiro.

Cóntase que, durante a Primeira Guerra Mundial en Europa, creceron moitas papoulas no que foran os campos de batalla, polo que esta flor foi adoptada como recordo dos caídos na guerra. Máis adiante, promoveuse a papoula como símbolo do pacifismo, a non violencia e contra os desastres da guerra.

Os de cuarto decoramos os logos da paz

Este logo foi creado en 1958 por Gerald Holtom, un deseñador gráfico inglés, para unha campaña en apoio do desarmamento nuclear, este símbolo fíxose mundialmente coñecido nos anos 60 a través do movemento hippie. As liñas dentro do círculo representan as letras D e  N (desarmamento nuclear) no alfabeto semáforo, que é o que se utiliza os brazos e bandeiras para enviar mensaxes visuais a longa distancia.

Os de quinto representamos as nosas mans e queremos que representen a tódolos nenos do mundo.

As mans estendidas mostrando a palma son un xesto de paz e de rexeitamento á violencia, en particular o terrorismo. Están abertas e estendidas cara á fronte, é un xesto de autoafirmación, de conciliación e que comunica que a persoa non oculta nada, ao contrario que un puño, que pode pegar e esconder.

Os maiores do cole somos uns expertos en origami xaponés e creamos estas estupendas grúas.

A lenda conta que quen logre unir 1.000 grúas de papel con fíos verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que enfermou de leucemia tras a bomba atómica de Hiroshima e á que a súa familia e amigos axudaron a encartar máis de 1.000 grúas durante a súa estancia no hospital

No CEIP Manuel Sueiro entre todos creamos este arco da vella. Queremos que sexa un símbolo de paz. Nós neste momento queremos deixar o noso gran de area para rexeitar a violencia.

Teatrillo de monicreques: U-la Lúa?

O 28 de xaneiro realizamos na nova aula de psicomotricidade do centro dúas sesións de teatriño de monicreques no que participou todo o alumnado do colexio.

U-la Lúa? é dunha proposta escénica, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.

As Fabas de Máxicas

07/05/2020 12:00
Atlantic/Bermuda

Obra de teatro para alumnado de Ed. Infantil que presenciaremos no auditorio municipal en colaboración coa Fundación Abanca. Hora 12:00.

Distribuir contido


by Dr. Radut