Skip to Content

Ed. infantil

Celebración do magosto 2023

O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.

Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.

A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.

Comida do magosto

 

Pintándonos no magosto

Xogos populares

 

Celebración da Festa do Samaín

O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:

  • Exposición de fondos da biblioteca para o Samaín.

  • Baile do Samaín

(Vídeo do baile en elaboración.)

  • Obradoiro de cociña terrorífica

  • Galería de imaxes do alumnado disfrazado.

  • Xantar terrorífico preparado polo alumnado do centro.

  • Desfile polo Túnel do medo que se montou na biblioteca e nos corredores do cole.

Preme para ver o vídeo do túnel

  • Exposición de cabazas.

Exposición do Samaín 2023

 

Na última semana de outubro realizamos a xa tradicional exposición de cabazas decoradas para celebrar o Samaín que o alumnado do centro preparou nas súas casas coa axuda da súa familia.

Na seguinte galería podedes gozar coa enorme creatividade e imaxinación dos seus traballlos.

 

Visita de dous xogadores do Club Ourense Baloncesto

O 26 outubro de 2026 a ilusión e inspiración encheron o aire da aula de psicomotricidade do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, cando dous destacados xogadores do club de baloncesto local, Club Ourense Baloncesto, visitaron o colexio para promocionar o deporte e compartir as súas experiencias cos nenos e nenas entusiastas.

Os afortunados alumnos e alumnas recibiron a visita de Mindaugas Kacinas e Bolong Zheng, dúas estrelas do equipo de baloncesto da cidade. A visita tivo como obxectivo fomentar o interese do alumnado polo baloncesto, promover un estilo de vida activo e saudable e mostrarlles que con dedicación e paixón poden conseguir grandes cousas no mundo do deporte.

A xornada comezou cunha emocionante presentación en inglés dos dous xogadores que nos foron traducindo simultaneamente para que fósemos quen de comprender o que nos dicían.

Tras a charla, tivemos a oportunidade de facer preguntas aos xogadores e coñecer máis sobre as medallas e trofeos que conseguiron ao longo da súa carreira. O entusiasmo dos nenos e nenas non tiña límites mentres observaban con admiración os logros destas figuras do baloncesto local.

Despois da sesión de preguntas e respostas chegou o momento máis esperado: unha sesión de fotos cos xogadores.

Desde aquí, expresamos o noso agradecemento aos xogadores e ao club Ourense Baloncesto pola súa xenerosa visita. Este tipo de iniciativas son fundamentais para inspirar ao noso alumnado e fomentar o seu interese polo deporte. Agardamos que este día sexa o inicio dun amor duradeiro polo baloncesto para moitos deles.

A visita de Mindaugas Kacinas e Bolong Zheng ao CEIP Manuel Sueiro foi un éxito rotundo, e o alumnado levou para casa non só recordos imborrables, senón tamén unha nova paixón polo baloncesto. Sen dúbida, esta experiencia servirá de fonte de inspiración para futuras promesas do baloncesto na cidade de Ourense.


 

Garavanciño come saniño

Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso centro dúas dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 1º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 2º e 3ºde EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.

 

Día Mundial da alimentación

A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU.

No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron  o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”.

Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030.

Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos.

Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado.


 TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO


SLOGÁNS

Último día de clase

O último día de clase do curso 2022/2023 despedimos ao alumnado de 6º cas e a entrega de premios aos mellores traballos fotográfics do concurso do Día do medio ambiente.

  • Entrega de orlas ao alumnado de Ed. Infantil

  • Entrega de diplomas aos mellores lectores.

  • Entrega de diplomas e premios do concuros do Día do medio ambiente

 

  • Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Ed. Primaria

  • Festas de fin de curso nas aulas

 

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Vídeo resumo de actividades de Ed. Infantil do 3º trimestre

Resumo das actividades realizadas ao longo do terceiro trimestre en 4º de Ed. Infantil.

We are artists!

 

É ben sabido que no Sueiro vainos o do artisteo. E ninguén que os máis peques do cole para amosalo ao mundo.

Non o puidemos pasar mellor pintando as bags, e tamén a roupa, o pelo, a cara, ..., tiñamos pintura por todas partes!

Nesas bags tan chulas deixamos claro que somos uns ARTISTS. Serviron para gardar as nosas obras de arte: sculptures, yellow submarines, flowers, ladybirds, toda a arte nas nosas bags.

Foi o mellor remate de curso despois do traballo ben feito, porque ...

WE ARE SIMPLY THE BEST!

Distribuir contido


by Dr. Radut