Skip to Content

Novas

Información COVID

Na seguinte imaxe interactiva, podedes revisar varios documentos de interese para a comunidade educativa do CEIP Manuel Sueiro en relación ao COVID:

Axudas libros de texto do concello

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2021/2022. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense do 12 de abril, publica o extracto desta convocatoria, cuxo orzamento ascende a un total de 294.250 euros, cun incremento de máis de 50.000 euros fronte ao curso anterior, dos que 269.000 serán para axudas para comedores escolares e 25.000 para libros (20.000 no curso 2019/2020).

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes abrirase o luns, 22 de xuño, e permanecerá aberto durante 15 días hábiles, até o 13 de xullo.


DOCUMENTACIÓN


Normativa do comedor para o curso 2020/2021

A Consellería de Educación establece 4 modalidades para o servizo de comedor:

  • Alumnado con gratuidade total.
  • Alumnado que abonará 1 € diario.
  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.
  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Os solicitantes de praza no comedor deberán cumprimentar o seguinte documento e presentalo asinado na Secretaría do centro.

Nos seguintes documentos podedes ver a regulamentación que está en vixencia.


  •  Listado de usuarios de comedor admitidos para o curso 2020/2021. (Publicarase o 1 de xullo)

Visita ao IES As Lagoas

O 28 de xaneiro, o alumnado de sexto curso realizou unha visita de portas abertas ao IES das Lagoas que organizou o seu Director, D. Carlos Varela, para que se fosen familiarizando co centro que previsiblemente os acollerá a partir de setembro deste ano.

Fixemos un percorrido por diversas instalacións do centro: biblioteca; aulas, ximnasio, patios... e asemade, tivemos ocasión de preguntarlle ao alumnado de primeiro da ESO sobre aqueles aspectos que tiñamos dúbidas. Eles, amablemente, nos comentaron como foron os primeiros días de adaptación ao centro e nos adiantaron información sobre a dificultade coa que nos imos atopar á hora de estudar.

A xornada resultou moi proveitosa xa que resolvéronsenos moitos dos temores que tiñamos en mente e que nos estaban quitando o sono. Por outra banda, compartimos esta experiencia cos nosos futuros compañeiros do CEIP As Mercedes.

Xa estamos desexando que chegue setembro, aínda que imos botar de menos o noso querido cole do Manuel Sueiro.

Comezo do curso escolar 2018/2019

O 12 de setembro deu comezou o curso escolar 2018/2019 e tivemos o privilexio de contar coa presenza das autoridades locais para inicialo.

O Alcalde, a Concelleira de Educación, a Delegada da Xunta, a Xefa Territorial de Educación, O Inspector Xefe e o noso Inspector visitaron as aulas do noso centro e intercambiaron impresións con todo o alumnado.

Diferentes medios de comunicación locais e autonómicos deron cobertura á nova en diferentes espazos:

 

Mandas dos mecos 2018


 

Os mecos do Manuel Sueiro volveron tomar protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicaron puntalmente as súas mandas...

...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.

Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

Concurso de logos para o centro

Rematado o prazo de presentación de logos para o centro, os membros do xurado tivérono moi difícil para escoller o gañador dada a altísima calidade dos traballos presentados, tanto en calidade como orixinalidade.

Desde aquí, queremos agradecer a todos e todas as participantes o seu esforzo e dedicación.

Na seguinte galería podedes observalos:

 

Este será o logo que identificará ao noso centro, a partir de agora:

Gañador do concurso

Solicitude de praza para o curso 2020/2021

Concurso logotipo para o colexio

O CEIP Manuel Sueiro non dispón actualmente dun logotipo que o identifique dun modo fácil, integrador, inequívoco e actual. O obxectivo deste concurso é a elaboración dun logotipo que ofreza unha nova imaxe do centro.

O logotipo será destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Manuel Sueiro, en toda a difusión de información sobre o mesmo, a través de súa páxina web e outros documentos.

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa cun máximo de dous traballos. Estes deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o 27 de xaneiro de 2018.

O responsable do logotipo gañador recibirá unha tablet como agasaio.

Bases do concurso.

Anímate e participa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut