Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Ed. Musical

As Fabas de Máxicas

07/05/2020 12:00
Atlantic/Bermuda

Obra de teatro para alumnado de Ed. Infantil que presenciaremos no auditorio municipal en colaboración coa Fundación Abanca. Hora 12:00.

Safari

04/02/2020 12:00
Atlantic/Bermuda

Obra de teatro para alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria no Auditorio municipl en colaboración coa Fundación Abanca. Hora 12:00.

Recíclate con SOGAMA

O 15 de xaneiro realizamos un obradoiro de reciclaxe con persoal de SOGAMA, dentro do programa "Recíclate con SOGAMA" no que traballamos de forma activa a reciclaxe de diferentes produtos de refugallo que se xeran nas nosas cidades e pobos.

Cos coñecementos adquiridos elaboraremos un traballo de documentación co que exporemos ao resto da comunidade educativa como debemos proceder para reciclar nas nosas casa e no cole os produtos de refugallo que xeremos.

Premiados nas postais de Nadal

Este ano, no concurso de postais de Nadal realizado polo EDL do cole, resultaron escollidas, para felicitar as festas desde o colexio, as realizadas por Pablo e Aldara.

 

Como en anos anteriores, o alumnado de Ed. Infantil participou no concurso que convocou o Colexio de economistas de Ourense. O alumno Ían do cole obtivo un accesit polo seu traballo.

Visita da Apalpadora

O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro.

Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan.

Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.

 

 

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

Reutilizando para Nadal

O alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria reulilizaron materias de refugallo para elaborar adornos de Nadal cos que decorar os corredores do cole e as súas aulas.

Illa de reciclaxe

Este curso, por ser un dos 25 centro de toda Galicia que está a participar no programa "Recíclate con SOGAMA", foinos adxudicada "Unha illa de reciclaxe" que localizamos na entrada do noso cole, nun lugar destacado, para que sexa empregada por toda a comunidade educativa nas tarefas de recolección selectiva dos refugallos que xeramos no centro.

A illa de reciclaxe está decorada cun mural que iremos completando ao longo do curso con tapóns de botellas.

Competición de Campo a través decembro 2019

O 11 de decembro participamos na fase comarcal da competición de Campo a través que tivo lugar nas instalacións do complexo deportivo de Monterrei, no concello de Pereiro de Aguiar.

Foi unha xornada festivo deportiva de convivencia con outros centros educativos da zona de Ourense na que, ademais de realizar exercicio físico, puidemos disfrutar dun fantástico entorno natural ao tempo que traballamos valores como o compañeirismo, amizade, respecto, xogo limpo...

Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos nesta xornada.


 ENTREGA DE MEDALLAS E CLASIFICACIÓNS


 

Pista de Xeo 2019

O 10 de decembro, como en anos anteriores, fomos disfrutar da fantástica Pista de Xeo natural instalada nas terrazas do Centro Comercial Ponte Vella. Con 350 m² (50m2 máis grande que en anos anteriores) de auténtico xeo e con atractivos efectos de luz led, música, fume e outras moitas noveidas.

Unha instalación que xa é un clásico nos últimos anos en Ponte Vella. Este ano a ubicación cambiouo e a pista está situada na Terraza Superior.

Como se pode comprobar na galería de imaxes o alumnado e parte do profesorado pasárono xenial a pesar das múltiples caídos sufridas. Parte do alumnado participante puxo en valor a súa experiencia alcanzada grazas ás clases de patinaxe sobre rodas que reciben en extraescolares no colexio ao longo de todo o curso.

Estamos desexando volver repetir a experiencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut