Skip to Content

Visita policial ao patio do colexio

Visita policial ao colexio

O martes 7 de maio, todo o alumnado do colexio, en diferentes quendas, tivo a oportunidade de vivir unha experiencia única: coñecer de preto o traballo da policía. Para iso, recibimos a visita dunha parella de axentes que nos amosaron os seus instrumentos de traballo e explicáronnos como é por dentro un coche patrulla.

Os nenos e nenas puideron poñerse as gorras e os chalecos reflectantes das axentes, sentirse como auténticos policías por un día. Pero o que lles gustou máis, sen dúbida, foi oírse polo altofalante do coche e facer soar a sirena da policía.

Esta visita foi unha forma lúdica e divertida de aprender sobre a labor da policía e de familiarizarnos coa súa presenza na comunidade. As axentes mostráronse moi próximos e amables cos nenos e nenas, que puideron resolver todas as súas dúbidas e curiosidades.

Desde o colexio queremos agradecer á parella de axentes a súa visita e a súa disposición para compartir connosco o seu traballo. Foi unha experiencia moi enriquecedora para todos.



page | by Dr. Radut