Skip to Content

Ed. Musical

O ladrón de palabras

Pola noite, cando a lúa alumea o camiño, o ladrón de palabras sae con todo o seu equipo e diríxese á cidade. Alí, rastreando as voces e as luces, sen que ninguén o vexa, trepa polos tellados. Comeza a  colleita... Unha historia sobre a beleza das palabras e o seu valor para comunicarse co mundo, para sementar amizades, para amar.

Aproveitamos  esta marabillosa historia de Nathalie Minne para traballar a lectura,  a comprensión, o léxico, gramática, ortografía e outros aspectos da lingua  c@s niñ@s de diferentes idades na aula de PT.

OBXECTIVOS:

  • Impulsar o gusto pola lectura favorecendo a imaxinación.
  • Xogar a comprensión lectora coa interpretación de textos e imaxes.
  • Desenvolver a expresión escrita coa elaboración de palabras, frases, historias…
  • Enriquecer o vocabulario.
  • Traballar campos semánticos e familia de palabras.
  • Practicar a ortografía con norma e arbitraria.
  • Traballar a gramática a través dos símbolos de Montessori.
  • Favorecer valores de amor e amizade.

ACTIVIDADES:

  • Un neno de 6º contoulle o conto aos compañeiros de 1º, 2º y 3º na biblioteca. 
  • A partir da lectura e comprensión do conto do ladrón de palabras construímos a cabana do personaxe do conto. Alí os nenos irán metendo as palabras coas que estamos traballando. 
  • Melloramos a léxico traballando con palabras relacionadas coas emocións (palabras tristes, alegres, de amor, medo, rabia…)
  • O ladrón tamén precisa familia de palabras, campos semánticos.
  • Cada día ladrón quere unha categoría gramatical utilizando os símbolos de Montessori: nomes, determinantes, adxectivos, verbos...
  • Construímos frases e oracións cos símbolos: artigo-nome, artigo-nome-adxectivo, artigo-nome-preposición-nome-verbo-adxectivo…(ver actividades de gramática Montessori)
  • Coas palabras que os nenos van metendo na cabana do ladrón realizamos actividades diferentes: sacar unha palabra e construír unha oración. Clasificamos palabras (alegres, tristes, de rabia, de medo…) e escribímolas nos botes onde correspondan.
  • O ladrón precisa palabras con B/V, Z/C, C/QU, G/GU, X/LL/Ñ, G/J… traballamos cos fonemas nos que o noso alumnado teña máis dificultade.
  • Agora sacamos dúas palabras e temos que narrar unha pequena historia (Binomio de Rodari) 

Concerto de Daniel Minimalia

Celebramos a visita de Daniel Minimalia, primeiro galego en gañar un Grammy Latino

O pasado xoves 25 de abril, o CEIP Manuel Sueiro tivo o honor de recibir a Daniel Minimalia, quen fixo historia ao converterse no primeiro galego en gañar un Grammy Latino polo seu álbum instrumental. Durante a súa visita, Daniel cautivounos coa súa música, acompañado da súa inseparable "mellor amiga": ¡a súa guitarra!

Ademais de deleitarnos coa súa arte, Daniel compartiu cos nosos estudantes detalles fascinantes sobre a súa carreira e paixón pola música. Dende unha idade moi nova, a música foi a súa paixón, e todo o que logrou é o resultado dun traballo duro e dedicación. Daniel tamén nos ensinou a importancia de aprender dos fracasos para madurar e crecer como artistas e como persoas.

Unha das leccións máis poderosas que Daniel nos deixou foi a idea de que a música é un poderoso medio de comunicación que transcende as palabras, chegando directamente ao corazón de quen a escoita.

Como unha sorpresa emocionante, un dos nosos propios alumnos tivo a oportunidade de compartir o seu talento musical tocando a guitarra, inspirando a todos coa posibilidade de que entre nós poida estar o próximo gañador dun Grammy.

Esperamos que esta experiencia inspire ao noso alumnado a soñar en grande e a perseguir as súas paixóns con determinación e dedicación.

Grazas, Daniel, por compartir o teu arte e a túa historia con nós!

Concerto de Ourencanto

Éxito na Segunda Edición de Ourencanto en Ourense!

O pasado 8 de abril, o alumnado de 3º e 4º tivo o privilexio de participar como espectadores nunha das sesións especiais de Ourencanto, un evento musical de gran envergadura organizado polo Concello de Ourense. Este encontro, que xa se converteu nunha tradición anual, contou coa participación de 16 centros da cidade, consolidando a súa posición como un dos eventos máis destacados do ámbito musical na rexión.

Ourencanto é moito máis que un simple festival de coros. É un espazo onde os nenos, mozos e escolares se mergullan no mundo do canto coral durante tres días intensos de convivencia e música.

Este ano, o evento atraiu a preto de 500 participantes non só de Ourense, senón tamén doutras rexións de Galicia, creando un ambiente de diversidade e camaradería entre os asistentes.

O talento e a dirección maxistral estiveron a cargo de Josu Elberdin, recoñecido como un dos mellores compositores e directores de coros infantís non só en España, senón tamén a nivel internacional. Baixo a súa batuta, os participantes deleitaron ao público coas súas voces angelicais e a súa paixón polo canto, demostrando unha vez máis o poder unificador da música.

Durante a sesión especial á que asistimos como espectadores, puidemos presenciar a maxia de Ourencanto en toda a súa plenitude. Desde os coros infantís ata os mozos e escolares, cada grupo irradiaba entusiasmo e enerxía, enchen do espazo con melodías cautivadoras e harmonías emocionantes.

Agardamos con ansias futuras edicións deste marabilloso evento, que sen dúbida seguirá enriquecendo as nosas vidas coa súa música celestial e o seu espírito de unidade.

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Ourencanto, V edición.

o 17 de abril participamos na xornada didáctica da quinta edición Ourencanto 2023, un proxecto consolidado en Galicia para achegar o mundo coral á mocidade ourensá de 8 a 18 anos.

O encontro desde ano se celebrouse o 14 e o 15 de abril no Conservatorio Profesional de Música, e o 16 no Auditorio Municipal de Ourense. Foron, un ano máis, unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas cun gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense baixo a direción artística do marabilloso director e compositor Josu Elberdin.

Creamos co lixo

O PDI deste curso nas áreas de Educación física e musical estivo centrado nunha das 4 R da reciclaxe, en concreto na de Reutilizar. Seguindo a línea do PDI do centro titulado "O Sueiriño a diversidade respeta. Traballemos xuntos a prol do planeta", quixemos ensinarlle o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria o sinxelo que é reutilizar material de refugallo para crear novas cousas.

Neste caso creamos os nosos propios instrumentos musicais e os nosos xoguetes.

Con esta unidade didáctica non solo aprenderon a importancia das 4 R, senón que utilizaron a súa imaxinación e a súa faceta máis creativa para facer dun anaco de lixo todo un pasatempo artístisco ou deportivo.

Exposición de instrumentos musicais

Na área de música, o alumnado de 3º, 4º, 5º e  6º de Educación Primaria construíu ao longo do mes de marzo instrumentos musicais, elaborados todos eles con material de reciclaxe, dentro das actividades previstas no PDI deste curso.

Cos traballos presentados, realizaron unha exposición permanente na biblioteca do centro á que pode acceder toda a comunidade educativa.

Ecopercusión e sistemas dixitais

O 16 de marzo visitou o noso centro o produtor musical Didier para realizar un obradoiro musical, no que o alumnado de 6 de Ed. Primaria, experimentou como realizar mesturas musicais con diversas ferramentas tecnolóxicas.

A través dunha app e un panel de control foron que de crear uns ritmos moi pegadizos!

Os nenos e nenas do Manuel Sueiro sentíronse auténticos Djs por un intre.

Ecopercusión

O 23 de novembro realizamos na aula de psicomotricidade do cole un obradoiro de percusión da man de Edgar.

A actividade consistiu nunha clase práctica de ecopercusión no que so se empregaron materiais reciclados e outros elementos cotiáns como bidóns, cubos, etc.

Os nenos e nenas aprendemos a reutilizar estes materiais ao mesmo tempo que coñecemos técnicas de agarre e golpeo e patróns rítmicos relacionados a palabras como recurso de fixación.

Creamos poliritmias experimentando con distintos ritmos (afrocaribeños, conga, Batucada…. ).

O produto final do traballo realizado foi unha gran obra que tivo as seguintes partes: introdución, ritmo, cortes e final, que se poden contemplar no vídeo final de máis abaixo.

Foi unha experiencia sensacional onde todo o alumnado e profesorado participante saíu entusiasmado.

Emocións a través da música

Dende a materia de Educación Musical, aportamos o noso granciño de area ao PDI do CEIP Manuel Sueiro no curso 2020-2021, traballando as emocións a través da música.

Non cabe dúbida que existe unha conexión entre a música e os sentidos. Acompáñanos ao longo das nosas vidas evocando infinidade de emocións, sensacións e incluso recordos, pois quen non se transporta a un momento e lugar concreto cando soa esa determinada canción? Non só é a “banda sonora” da nosa vida, ademais ten a capacidade de sandar: cambia o noso estado de ánimo, axúdanos a relaxarnos, estimula os nosos sentidos, a imaxinación e sacude as nosas emocións.

A partir dunha serie de cancións o alumnado vivenciou e reflexionou sobre as distintas emocións e sensacións que cada unha delas lles provocaba, exteriorizándoas de maneira oral e plástica. Isto permitiunos analizar e comprender as nosas propias emocións, base da súa xestión no noso día a día.

EDUCACIÓN INFANTIL E A SERENIDADE:

A canción Le nouvel arc en ciel de Michel Pépé, permitiu que o alumnado de Educación Infantil sentise calma e tranquilidade. Despois da súa audición e de acompañar a música co seu corpo, falaron das súas experiencias durante a escoita:

  • Breogán (4º Educ. Infantil): “pensaba en donuts”.
  • Zoe (5º Educ. Infantil): “pensaba en que yo, mamá, papá y mi hermana íbamos a la luna”.
  • Romil (6º Educ. Infantil): “pensaba en que estaba en la playa”.

1º E O  ODIO/REXEITAMENTO:

O asasinato (máis coñecida por formar parte da banda sonora da película Psicose) de Bernard Herrmann, recordounos os nosos noxos e sentimentos de rexeitamento máis profundos.

2º E A FELICIDADE:

Jason Farnham coa súa composión Payday, lembrounos que para ser feliz só necesitamos das pequenas cousas do día a día. Para quen aínda o dubide, que probe a nosa Receita para ser feliz.

3º E O MEDO:

Tubullar bells, de Mike Oldfield, acompañou as nenas e nenos durante a análise dos seus medos máis irracionais. Para demostrar que son moi valentes e seguir adiante, romperon con eles centos de anacos para facelos voar e desaparecer.

4º E A ALEGRÍA:

O Frasco das alegrías confórmase dos momentos alegres das vidas do alumnado de cuarto. Chegado o momento de coñecer que cousas alegran as súas vidas, acompañounos a canción Make it shine de Sophonic media, e descubriron que coinciden nalgunha que outra alegría.

5º E A TRISTEZA: 

Face shrine forma parte da banda sonora do videoxogo Zelda. Tras un momento de análise, esta peza acompañou ao alumnado mentres plasmaban de maneira creativa as súas tristezas.

6º E O AMOR/CARIÑO: 

O amor e o cariño son como unha semente que hai que coidar e coidar para que se converta nunha fermosa árbore. A nosa Árbore do amor está cargadiña das diferentes formas nas que demostramos cariño e afecto aos nosos seres queridos. Liebestraum nº3 en La b Maior, Soño de amor de Liszt, foi a canción que fixo aflorar este sentimento.

Este curso podemos cualificalo como emocionante, pois tal e como dixo Nietzsche “Sen música, a vida perdería o sentido”.

Distribuir contido


by Dr. Radut