Skip to Content

EDIXGAL

Aula EDIXGAL

Este curso o alumnado de 5º de Ed. Primaria participará no proxecto EDIXGAL que implica que traballarán nunha aula dixital. As  aulas  dixitais  están  equipadas  para  ofrecer  ao alumnado  unha  experiencia  educativa  adaptada  ás  súas necesidades  que  se  desenvolven  nunha  contorna  tecnolóxica.

Dispoñen  dun  encerado  dixital  interactivo,  dun  proxector,  dun  portátil  para  o/a  profesor/a  e  dun  ordenador  por  alumno/a. Ademais, contan con conexión Wifi para que o alumnado poida acceder aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

O alumnado ten á súa disposición os contidos de todas as materias correspondentes ao  seu  curso  na  plataforma  virtual  de  aprendizaxe.  Isto  significa  que  non  emprega  libros en papel. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a Internet e empregando as claves que se lle entregan na clase. Tamén pode acceder á plataforma sen ter conexión a Internet, a través do programa que xa vai instalado neste equipo. Deste xeito, en caso de que non dispoñan de conexión a Internet na casa, poderán seguir o curso sen dificultade. Calquera avance que realice sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o portátil volva a ter conexión a Internet.

Nas seguintes ligazóns podedes ampliar información sobre dito proxecto:

Distribuir contido


by Dr. Radut