Skip to Content

Novas

XORNADA PORTAS ABERTAS 2024/2025


HORARIO DE MAÑÁ


  • Todos os días da semana do mes de xaneiro de 12:00 a 14:00.
  • Todos os días da semana do mes de febreiro de 12:00 a 14:00.
  • Todos os días da semana do mes de marzo de 12:00 a 14:00.

HORARIO DE TARDE


  • Todos os días da semana de 16:00 a 18:00

IMPRESCINDIBLE SOLICITAR CITA PREVIA

 

Solicitude de praza para o curso 2024/2025

Desde o 15 de xaneiro, e ata o 5 de febreiro, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES As Lagoas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01 de marzo de 2024).

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES As Lagoas antes do inicio do proceso de Admisión. Posteriormente deberá solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde Ed. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 DOCUMENTOS RESERVA DE PRAZA PARA O IES AS LAGOAS

 DESCARGA

Reserva de praza. Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro. ANEXO I.

Renuncia á reserva de praza no IES As Lagoas
Circular enviada ás familias

 

Desde o día 1 de marzo, e ata o 20  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos (a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento). Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.

O procedemento está regulado polo Decreto 13/2022 , a Orde do 21 de outubro de 2022 que o desenvolve.

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 20 de marzo. ANEXO II.

Solicitude en liña na web da Consellería de Cultura e Educación. ANEXO II.

ANEXO II

Tríptico informativo dos servizos do cole

Solicitude de admisión en Prazo Extrordinario

  • Listado de vacantes para o curso 2024/2025.
  • Lista provisional de persoas admitidas e non admitidas.
  • Lista definitiva de admitidas. 
    • Toda as solicitudes de praza de Ed. Infantil e 1º, 3º, 4º, 5º e 6º de EP obteñen praza no centro.
    • 2º de EP pendente de resolución provisional e definitiva. (Ten baremación)

 


 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o  20 e 30 de xuño. Poden adiantar a súa formalización ao 1 de xuño na secretaría do centro.

 

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

Documentación que acompañará á matrícula.

Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Solicitude de praza fóra de prazo de matrícula
(Entrégase en Inspección Educativa)

Actividades 2023/24

Solicitude praza no servizo de comedor para o curso 2023/2024

A Consellería de Educación establece 4 modalidades para o servizo de comedor:

  • Alumnado con gratuidade total.
  • Alumnado que abonará 1 € diario.
  • Alumnado que abonará 2,5 € diarios.
  • Alumnado que abonará 4,5 € diarios.

Os solicitantes de praza no comedor deberán cumprimentar o seguinte documento e presentalo asinado na Secretaría do centro.

Nos seguintes documentos podedes ver a regulamentación que está en vixencia.


As persoas admitidas, deberán presentar os impresos de solicitude de praza,

antes do 8 de setembro.

Educocio

Dende o mes de abril de 2023 a Concellería de Educación do Concello de Ourense puxo en funcionamento o programa Educocio na que o alumnado do CEIP Plurilingüe goza de balde da posibilidade da realización de actividades lúdico didácticas e deportivas todos os luns en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Axuda libros e material do Concello de Ourense para o curso 2023/2024

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2023/2024. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense do 21 de abril, publica o extracto desta convocatoria.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes remata o 15 de maio.


DOCUMENTACIÓN


 

Xornada de portas abertas curso 2023/2024


HORARIO DE MAÑÁ


  • Todos os días da semana do mes de febreiro de 12:00 a 14:00.
  • Todos os días da semana do mes de marzo de 12:00 a 14:00.

HORARIO DE TARDE


  • Todos os días da semana de 16:00 a 18:00

IMPRESCINDIBLE SOLICITAR CITA PREVIA

 

 

Eleccións Conselllos Escolares 2022

Este curso toca renovar o Consello Escolar do centro. Neste apatado reflectiremos todas as novas relacionadas con este proceso que se realizará ao longo do primeiro trimestre.

Documentación:

Neste ocasión toca renovar os seguintes membros:

  • 2 membros do sector de pais e nais.
  • 3 membros do sector de profesorado.
  • 1 membro do persoal non docente.

Desde a dirección do centro, animámosvos a participar activamente neste proceso que é fundamental para o bo funcionamento do colexio.

 

A Xunta electoral aprobou, o 2 de novembro, o seguinte calendario:

  • Do 3 ao 11 de novembro:
    • Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
    • Prazo de presentación de candidaturas.  Descargar modelo. (remata o luns 14 ás 13:30 horas).
  • Do 18 ao 28de novembro.
  • Día 29 de novembro:
    • Votacións dos distintos sectores.
      • Pais e nais:
        • De 08:40 a 16:00 horas.
      • Profesorado:
        • Ás 17:00 horas.

Comunicacións:


 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut