Skip to Content

Novas

Solicitude de praza para o curso 2018/2019

Desde o 1 de febreiro, e ata o 15 do mesmo mes, está aberto o prazo de Reserva de praza para o alumnado de 6º curso que desexe continuar os seus estudos no IES As Lagoas. Dito alumnado, deberá presentar no noso centro:

A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Se non desexa solicitar praza en dito instituto, pero presentou o ANEXO I,  deberá facelo constar por escrito no IES As Lagoas antes do 1 de marzo e solicitar praza noutro centro entre o 1 e o 20 de marzo, entregando o ANEXO II, debidamente cumprimentado, no centro que desexe continuar os seus estudos.

O resto do alumnado, desde ED. Infantil ata 5º Ed. Primaria, que este ano estivo matriculado no noso centro, ten Reservada praza de oficio no centro polo dereito de Permanencia. Se decide solicitar praza noutro centro ten que achegarnos unha copia da solicitude de admisión entregada nese novo centro.

 

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Reserva de praza para o IES . Do 1 ao 15 de febreiro. ANEXO I.

Formulario de previsión de matrícula no IES As Lagoas
Renuncia á reserva de praza no IES As Lagoas
Circular enviada ás familias

 

Desde o día 1 de marzo, e ata o 20  do mesmo mes, está aberto o prazo de solicitude de praza no noso centro para novo alumnado ou procedente doutros centros educativos. Por mor da previsión de matrícula, para o próximo curso, non deixen a solicitude de praza para última hora.

O procedemento está regulado polo Decreto 254/2012, a Orde do 12 de marzo de 2013 que o desenvolve e a Orde de 25 de xaneiro de 2017 que a modifica. (Ordes refundidas)

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Solicitude de praza no centro do 1 de marzo ao 20 de marzo. ANEXO II.

Solicitude en liña na web da Consellería de Cultura e Educación. ANEXO II en liña.

ANEXO II

en liña

Tríptico informativo dos servizos do cole


  • Antes do 25 de abril publicarase a lista provisional de admitidos e non admitidos.
  • Antes do 15 de maio será publicada a lista definitiva de admitidos.

 

 

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

 

 DOCUMENTOS

 DESCARGA

Formalización de matrícula. Do 20 ao 30 de xuño. Requisitos necesarios.

Documentación que acompañará á matrícula.

Solicitude de lingua materna en Ed. infantil
Autorización para usar as imaxes do alumnado con fins educativos.

Solicitude de praza fóra de prazo de matrícula

Libros de texto curso 2015/2016

No seguinte documento pdf podedes descargar a lista de libros para o curso 2015/2016.

Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1, 2, 4 e 6 de Ed. Primaria. O alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio. Segundo a nova instrución da Consellería de educación do 21 de xullo de 2015, o centro mercará os libros que se necesiten, atendendo á Renda dos solicitantes, de non chegar para todos eles os fondos existentes.

As ordes seguintes, regulan todo o proceso.

 

FONDOS DE LIBROS

Os libros serán entregados ao alumnado nos primeiros días de clase.

Exposición de roupa medieval

Estes días o colexio alberga unha fermosa colección de roupas medievais: vestimentas de donas, cabaleiros, mesoneiras...Todo a xogo co decorado do centro que este curso viaxa a épocas tan antigas.

Invitámolos a darse un paseo polo centro (martes de 16 a 17) para vela. Na galería fotográfica poden ver os diferentes modelos tamén.

 

Teatro de títeres en inglés para 4º,5º e 6º: Martin´s journey

O 27 de xaneiro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º foron ao Auditorio Municipal a ver unha representación de títeres en inglés chamada: Martin´s Journey.  A compañia que a presentaba era Titiriguiri, teatro de títeres.

 

Martin´s Journey é a historia dun porquiño que loita contra o que un día lle dixeron que tiña que ser o seu destino. É a historia da superación de Martín, o protagonista, enfréntadose aos seus propios medos e emprendendo unha viaxe na búsqueda do que máis lle gusta.


Premios "Ourense sabe acoller"

O mércores, 18 de decembro, o alumnado de 3º ciclo foi á aula de cultura de Novacaixagalicia situada na Alameda co motivo da súa participación na actividade organizada polo concello “Ourense sabe acoller”.

En primeiro lugar tivo lugar a proxección dunha película relacionada co tema chamada: “Baixo a mesma lúa”. Logo diso  presentouse o acto formalmente  e procedeuse á entrega de premios.No noso colexio tivemos dous gañadores:

  • Luis Chacón Lucas, de 5º
  • Nerea Silva Álvarez, de 5º

Parece que os premios foron do agrado dos nosos rapaces.

Parabéns polo traballo realizado!

A continuación podedes ver as fotos do eventos. Para ver todas, debes ir á galería fotográfica.

Premio a un alumno do colexio

O Concello de Ourense cada ano convoca un concurso de postais. Esta vez participaron os nenos e nenas de infantil. Quedou demostrado que temos uns artistas no noso colexio, pois unha vez máis o premiado saiu das nosas aulas.

O 18 de decembro veu unha representación do Concello ao noso centro para facer entrega ao gañador do concurso cun estupendo premio.

A postal gañadora foi creada polo neno de infantil de 3 anos:

  • Diego Urbina Estrada

Ademais do agasallo para el, a súa postal foi a que empregou o Concello para felicitar as festas de Nadal.

 


 

 

Entrega de premio aos gañadores do concurso sobre a Constitución

O día 6 de decembro, no Auditorio de Ourense, entregáronse os premios aos gañadores e gañadoras do concurso sobre  a Constitución que se convoca tódolos anos. No noso centro, CEIP Manuel Sueiro, tivemos a sorte de contar con catro gañadores, como xa se informou fai uns días nesta páxina web. Noraboa a todos/as !

 

Aquí deixamos as obras mestras do noso alumnado! A continuación podedes ver as fotos que saíron no periódico La Región sobre o acto.

 

 

 

(Fonte: La Región)

 

(Fonte: La Región)

Distribuir contido


by Dr. Radut