O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro.
Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos.
Estaba todo boísimo!!
Ás veces, chegan mensaxes misteriosas nunha botella, outras, como neste caso, chegan maletas cheas de libros sobre os nosos mares e océanos.
Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078
RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO!
As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares.
As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan.
DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES!
As nenas e nenos de E. Infantil seguiron as andanzas de Lucy, a very lazy ladybird sen gañas de voar. Pero todas elas e eles, despois de escoitar o conto, decidiron que xa era tempo de que a ladybird botara a voar.
Nesas estabamos cando decidimos percorrer o xardín da escola e amosarlle o noso horto.
Non foi un voo moi longo, pero a ladybird descubriu o pracer de voar en liberdade.
FLY LADYBIRD FLY!
ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS
Os alumnos de 5º de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda 20-30 a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible”
MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR
Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais...
INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS
Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural, a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas.
A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos ecosistemas do ámbito rural e interurbano.
Tamén se aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático...
Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación.
UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE!
Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos.
Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá.
MURAL DE CONCIENCIACIÓN
O 19 de maio, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria tivo o privilexio de asistir a unha clase de ximnasia acrobática e deportiva cunha profesional deste ámbito como é Isaura Hermida.
Isaura leva trinta anos ligada no deportivo á ximnasia, nos que leva formado a centenares de nenos e nenas nunha escola e un club que se caracterizan por unha filosofía na que prima o humano sobre o deportivo. E iso que nestes trinta anos de traballo, pode presumir dun bo número de campeóns de España, medallistas e internacionalidades dos seus ximnastas.
Foi un placer contar coa súa profesionalidade e o alumnado pasouno realmente ben, aprendendo cousas básicas e importantes sobre esta modalidade deportiva.
Deixamos unha mostra gráfica desto e tamén a información necesaria se alguén quere apuntarse as súas clases.
Escola de Ximnasia e acrobacias do Burgas. Paco Paz.
O curso escolar 2022/2023, a aula de 6º de Educación Primaria, decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) cuxo obxectivo principal é que o alumnado sexa capaz de participar na defensa e na loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente. Este PDI atópase dentro do PDI xeral do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, co título: “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”. O PDI do alumnado de 6º de Educación Primaria leva por título “Todos xuntos melloramos o noso mundo”.
Neste curso escolar a temática céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso planeta centrándonos nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dentro da Axenda 2030. O grupo 6º de Educación Primaria traballou o ODS 12 Produción e consumo responsables, centrados no cambio do modelo actual de produción e consumo para conseguir unha xestión eficiente dos recursos naturais, poñendo en marcha procesos para evitar a perda de alimentos, un uso ecolóxico dos produtos químicos e diminuír a xeración de residuos a través de diversas accións que permitirán mellorar o noso medio ambiente, nos que o uso de accións para o desenvolvemento da biodiversidade son para elementos básicos do mesmo. Para o cal partimos do libro “Salvemos o planeta” e concretamente no punto 107 que leva por título “Que é o desenvolvemento sostible”.
O por qué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes tales como:
Traballamos os seguintes OBXECTIVOS:
Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (Proxectos Documentais Integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados na afirmación “No Sueiro o Planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a Axenda 2030”, sendo os seguintes:
Obxectivo xeral:
Obxectivos específicos:
Contidos:
Criterios de avaliación:
Indicadores de logro ou desempeño.
Contribución ás competencias clave e transversais e competencias claves da unión europea:
O desenvolvemento deste Proxecto Documental Integrado contribuíu ao desenvolvemento do conxunto das competencias claves definidas no marco normativo, contribuíndo as seguintes: competencia en comunicación lingüística (CCL); competencia plurilingüe (CP); competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM); competencia dixital (CD); competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA); competencia cidadá (CC); competencia emprendedora (CE) e competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC). En especial destacar competencia persoal, social e de aprender a aprender xa que nos diferentes coñecementos que desenvolveremos e a aplicación dos mesmos por parte dos alumnos na súa vida diaria, dotándolles das estratexias necesarias para unha mellora da convivencia cos demais e con iso un mellor desenvolvemento social e persoal nos diferentes aspectos da súa vida.
Temporalización:
Metodoloxía:
Traballouse a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte dixital, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.
O PDI, “Todos xuntos melloramos o noso mundo”, desenvolveuse en dúas fases.
PRIMEIRA FASE
A primeira das fases, durante os dous primeiros trimestres facendo referencia a como atopamos o noso mundo e as diversas accións que vai realizando a sociedade, unhas que axudan a mellorar o noso planeta e outras que son necesarias melloralas. As actividades realizadas ao longo da primeira fase que permitiron ao alumnado de 6º de Educación Primaria ver como se atopa o noso mundo foron:
SEGUNDA FASE
A segunda das fases, comezou no mes de marzo de 2023. O alumando partiu do libro partimos do libro “Salvemos o planeta” e concretamente no punto 107 que leva por título “Que é o desenvolvemento sostible”.
As empresas sostibles.
Os negocios sostibles.
As vivendas sostibles.
Como conclusión, destacar que cando as persoas dialogan e saben escoitar e poñerse no lugar dos outros, é indiscutible os resultados melloran así como a convivencia e relación cos demais. A valoración do traballo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.
Neste curso, o P.D.I. do centro englóbase dentro do lema "No Sueiro o planeta ten mellor pinta porque traballamos en conxunto a axenda 2030", centrándonos nos ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) para conseguir un mundo mellor.
Dende a materia de Educación física traballamos, en concreto, o ODS número 10: Redución das desigualdades.
O ODS 10 promove a redución da desigualdade causada por razóns como o sexo, a idade, a discapacidade, a raza, a etnia ou a relixión dentro de España e a contribución de España á redución da desigualdade entre países, para o que promove a adopción de políticas e a lexislación pertinente.
Por todo isto, dende este centro, intentamos diminuír todas estas desigualdades, mediante diferentes actividades e propostas.
Os/as nenos/as de 4º E.P. non atopaban resposta a por que ás veces miramos e non vemos e oímos sen escoitar. E nesas andabamos cando, como nos últimos tres cursos, unha das Bases do Ejército de Tierra, a Base Oroel San Bernardo, deunos a resposta.
Saímos do cole rumbo a Antártida, compartindo espazo e tempo coas mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla, nun chimpo chegamos a Castrillo del Val en Burgos para saudar ao persoal da Base Cid Campeador e como non estabamos lonxe, achegámonos a Jaca en Huesca, para coñecer ao GMAM e o seu traballo a prol das persoas con discapacidade visual.
O ano 2022 estaba no seu trimestre final e soubemos que a ONU proclamou o ano 2022 como Ano Internacional do Desenvolvemento Sostible das Montañas. Cos recursos facilitados pola FAO deu comezo este proxecto.
A Biblioteca Escolar do centro facilitounos títulos para facer das montañas o eixe das nosas lecturas. Estes foron algúns:
Destacamos o libro remitido desde a EMMOE do GMAM, con información valiosa e
fascinantes fotografías que captaron a atención dos nosos/as alumnos/as.
Aprendemos xentilicios, JAQUÉS, JACETANO, OSCENSE, ..., ; situamos países, cordilleras, continentes, coñecemos nomes de picos montañosos, volcáns, desertos, ...
Para achegarnos á discapacidade visual traballamos co organismo internacional IAPB que nos facilitou recursos para o proxecto; coñecemos o sistema Braille e escribimos o título do noso proxecto nese sistema de escritura.
E como o noso proxecto vai de escalada e ollos, eliximos unha das cumes nas que o GMAM fixo cima xunto a discapacitados visuais chamado "OJOS DEL SALADO".
Elaboramos un xogo de preguntas e respostas para a “montaña” que creamos con material de refugallo e que leva por nome “De la Base a la cima”.
No día da poesía, e xa que falamos de ollos, recitamos un poema visual, un caligrama, co propósito de formar unha unidade coa montaña, a capacidade visual e o traballo de mulleres e homes do Ejército de Tierra na Base Oroel San Bernardo, facendo unha chiscadela ao nome do noso cole.
Na última semana de marzo realizamos na nosa horta os traballos previos de preparación da terra co arrancamento de herbas e achegando o esterco e estrato preciso para facer que esta sexa máis fértil.
Á volta das vacacións da Semana Santa, entre toda a clase, elaboramos a lista de produtos que iamos mercar para plantar na horta.
Unha vez realizada a lista, desprazámonos ata os viveiros de Agrolonia para mercar ditos produtos. Nós mesmos fixemos o cálculo do importe total da factura da compra e nombramos un equipo para que fose pagar dita factura.
O responsable do viveiro agasallounos cun libro que nos explica como hai que facer para que estas plantas den uns bos froitos.
O 20 de abril, collemos as ferramentas de xardinería do cole e realizamos a plantación da nosa horta. Unha vez rematada a plantación, démoslle unha boa regada para que as pequenas plantas se agarrasen con máis forza á terra da horta.
Agora só nos queda coidar a nosa horta con moito agarimo para que nos produza bos e abundantes froitos.
Na primeira semana de maio, puxémonos a abonar a nosa hortiña tal como os vellos entendidos nos aconsellaron xa que, segundo parece, había boa luna.
Coa profe de plástica realizamos uns letreiros para identidicar os produtos da nosa hortiña. O nome de cada unha das nosas plantas vai escrita en galego e en inglés. Quedaron moi chulos, na galería podedes abservalos.
No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.
EDUCACIÓN INFANTIL | 1º CICLO |
2º CICLO | 3º CICLO |
CIFP PORTOVELLO | |
Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.
Os pasos que demos foron os seguintes:
Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.
Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso: