Novembro 2021

Grazas

O alumnado de 2º de E.P. seguimos disfrutando cos nosos contos favoritos.

Esta vez foi Maia a que elixiu o seu: Grazas. Historia dun rueiro de Rocío Bonilla; conta a historia sobre a convivencia e as relacións humanas. Unha historia sobre todos nós. Por mor dunha avaría inesperada, a vida do rueiro vai mudar totalmente. Grazas á curiosidade e á empatía, os veciños e veciñas van chegar lonxe, moi lonxe. E farano xuntos.

A partir do conto, ademais de desfrutar da súa lectura, traballamos a comprensión e a descrición dos seus personaxes (como son, como van vestidos, que é o que lles gusta facer…) e aproveitamos esa actividade para coñecernos nós e que nos coñezan un pouco mellor os nos@s compañeir@s.

O conto tamén tiña un xogo co que o pasamos moi ben.

 

Exposición 25N na biblioteca

Ao longo do es de novembro na biblioteca estiveron expostos libros e contos sobre a violencia de xénero para levar para a casa. A lectura en familia é unha forma de educar sobre a violencia de xénero e a igualdade. Moitas veces cústanos falar cos nosos fillos e fillas sobre algúns temas, abordalos dende as lecturas pode axudarnos a reflexionar xuntos e favorecer a comprensión.

Pensar no 25 de novembro implica coñecer a importancia de comezar a educar en valores de igualdade dende cedo.
Recomendamos a lectura dunha serie de libros, para conseguir pouco a pouco unha igualdade real e que o Día da Eliminación da Violencia contra a Muller sexa unha data que temos en conta cada día.

Artur e Clementina

Para conmemorar o Día internacional contra a Violencia de Xénero, as mestras María, Marta e Macu representaron un conto da sonada colección "A favor das nenas" de Adela Turín, titulado "Artur e Clementina" que consiste nunha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.

Unha posibilidade moi interesante que suscita a historia de Artur e Clementina é a formación da identidade, coñecéndonos e respectando como somos, para evitar adaptarnos a outra persoa ou a outra situación, anulando a nosa propia identidade e personalidade. Traballar co noso alumnado este conto e mostrarlles a infelicidade de Clementina por non facer o que quería, por verse obrigada a calar por medo a non dicir o que convén, a levar unha vida que a faga infeliz, vai permitirlle reflexionar sobre a necesidade humana de coñecerse e respectarse a un mesmo para logo poder buscar a outro que nos complemente e que nunca nos anule.

A partir do conto de Artur e Clementina fixemos un mural entre todo o alumnado do cole para afondar os cotidos do álbum ilustrado e fomentar e distinguir actitudes de respecto.

Ese día, ao entrar no cole, repartuise unha máscara de cor morado a cada membro da comunidade educativa reivindicando o 25 N como Día International contra a Violencia de Xénero.

Por último, resaltar que ao longo do mes de novembro realizamos unha exposición dos libros e contos que recomendamos ler nas casas coas nosas familias sobre a violencia de xénero.

A pinga Sueiriña

A nosa pinga pirata xa viaxa no seu barco cara a aqueles lugares nos que a falla de auga potable non deixa espazo para unha vida digna.

Todos aqueles que quixeron, nenos e nenas, mestres e mestras, mestras en prácticas, auxiliar de conversa, coidadoras, conserxe, ..., todos nós demos forma ao libro “A PINGA SUEIRIÑA”, plasmando os nosos pensamentos e mellores desexos para acadar un mundo máis xusto e sostible.

En galego, castelán, inglés e francés, A Pinga Sueriña transporta ese valioso tesouro que é a AUGA.

O libro físico, elaborado por todos e todas nós, xa vai cara ao Comité UNICEF en Galicia. Este non é o fin do proxecto que iniciamos coa exposición “AGUA, CADA GOTA UN TESORO”, facilitada por UNICEF, e seguemos coa conmemoración do día internacional contra o cambio climático. É o rumbo que leva o noso barco pirata coa Pinga Sueiriña ao seu timón.

QUE OS VENTOS NOS SEXAN PROPICIOS!

 


PREME PARA VER O LIBRO A TODA PÁXINA


Hora de ler: "Cocorico"

Ao longo deste curso os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria imos traballar no Club de lectura e na Hora de ler cos nosos contos favoritos.

O primeiro conto foi escollido por Marco: "Cocorico" de María Luisa Núñez. Cocorico é unha adaptación libre dunha historia tradicional birmana sobre a necesidade de escoitar bos consellos, o importante que é cumprir as promesas e o difícil que é aprender a compartir.

Despois de moitas lecturas e de traballar os personaxes (como falan, como se moven...) fomos a realizar unha representación ás aulas de Educación Infantil.

Foi unha experiencia estupenda, xa que tod@s quixeron participar e disfrutaron moito.

Estamos desexando volver a repetir!!

Carné de biblioteca e pase de grandes lectores

Na semana do Día das bibliotecas escolares o alumnado colaborador da bilioteca fixo entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado no centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas.

Xunto co carné, seguimoes facendo entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.

Cando a completan faiselle entrega dun pequeno agasallo en nome de Leo, a nosa mascota.

PDI de 5º e 6º de Ed. Primaria

O curso 2021/2022, o PDI do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a directriz marcada por bibliotecas escolares de Galicia coa temática “A Biblioteca escolar ten a palabra”. O grupo de 5º e 6º de Educación Primaria céntrase na defensa e a loita que todos debemos levar a cabo para defender o noso medio ambiente, polo que van a realizar diversas accións que permitirán coñecer e mellorar o noso medio ambiente, para elo realizaremos as seguintes accións...

1º) Mes de novembro de 2021:

Aforro de auga: do mesmo xeito que, no caso da enerxía, debemos apagar a luz cando non se estea utilizando, tamén debemos procurar pechar a billa cando non o necesitamos, evitando así desperdiciar un dos nosos recursos máis prezados.

OBXECTIVO: Obxectivo 1: Reducir o consumo da auga entre un 1% con respecto ao consumo do ano anterior.

ACTUAR:

  • Revisar as billas do colexio vendo se funcionan correctamente.
  • Revisar a rega do colexio vendo se funciona correctamente (non hai fugas)

2º) Mes de decembro de 2021:

Aforramos enerxía. Obxectivo 2: Reducir o consumo eléctrico do centro 1%

CONCIENCIAR: A enerxía é imprescindible para manter o progreso e o nivel de vida alcanzado, polo que a humanidade actualmente ten unha gran dependencia enerxética.

ACTUAR:

  • Comprobar se cumprimos co aforro enerxético no colexio.
  • Comprobar se cumprimos co aforro enerxético en casa.
  • Comprobar se cumprimos co aforro enerxético na cidade.

3º) Mes de xaneiro de 2022:

Uso responsable no medio de transporte.

Obxectivos: Concienciar: Utiliza o transporte público.

Actuar:

  • Comprobar as actuacións si se fan ou non.

4º) Mes de febreiro de 2022:

Reducir, reciclar e reutilizar.

OBXECTIVOS: Obxectivo 4: Reducir o consumo de papel nun 1%. CONCIENCIAR: As 3 R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

ACTUAR:

  • Comprobar as actuacións.


5º) Mes de marzo de 2022:

Plantamos árbores.

Obxectivo:  Obxectivo 5: Plantar unha árbore todos os anos na semana da auga e da árbore.

Actuar:

  • Comprobar si se realizan as actuacións.

6º) Mes de abril de 2022:

Creamos o noso horto escolar.

Obxectivos: Concienciar. Que é un horto ecolóxico? Todos pensamos que as froitas e verduras que se cultivan son totalmente saudables, pero en ocasións, cando compramos nun supermercado ou unha superficie comercial, non sabemos do todo como se sementaron e recollido estes alimentos, certo?

Actuar.

  • Crear e participar na elaboración do noso horto escolar.

7º) Mes de maio de 2022:

Coidamos a flora e a fauna. A flora e a fauna son vitais para a subsistencia do planeta e do ser humano. Un ecosistema sen a presenza de árbores, daría lugar a unha escasa concentración de osíxeno, necesario para que todo ser vivo desenvólvase. Do mesmo xeito que a falta de animais rompería a cadea alimenticia. Necesitamos ecosistemas equilibrados para que prosperen as especies e plantas con biodiversidade.

Actuar.

  • Accións para salvar o medio ambiente.

8º) Mes de xuño de 2022:

Consumo responsable. Consiste en comprar un produto ou contratar un servizo que proveña de fontes onde os recursos actuais e futuros estean apoiados por unha cadea de valor onde o comercio xusto destaque.

Actuar.

  • Observar si no colexio e na casa optamos por un consumo responsable.