Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Presentación do PDI O Xardín dos Deuses |
|
Xa non son malo |
Ao longo do 1º trimestre e parte do 2º trimestre, o alumnado de 4º de Educación Primaria traballou o libro Xa non son malo! de Paula Merlán e Blanca Millán publicado por Antela Editorial. Xa non son malo! é unha fermosa historia sobre a natureza, pois nela faise fincapé no desenvolvemento de actitudes de respecto ao medio ambiente ao tempo que se propoñen accións para o seu coidado. Así mesmo, póñense en valor as relacións dos membros dunha comunidade co seu entorno natural máis próximo. É tamén unha historia sobre a amizade, sobre as relacións que se establecen entre os membros que forman parte dun mesma comunidade e, neste contexto, subxace a idea das segundas oportunidades: a posibilidade de liberarse de etiquetas e de romper con estereotipos tradicionais como forma de eliminar prexuízos e roles asociados a elas. O libro conta a historia de dous compañeiros Lobo Feroz e Ourizo Rufo quenes comparten vivenda e traballan e realizan actividades a prol do coidado e da conservación do medio no que viven: as Fragas Floridas. Xuntos, axudan a evitar incendios, limpan os bosques, seleccionan e reciclan o lixo, consomen produtos da terra… Malia todo, Lobo Feroz non está moi ben visto: a fin de contas é un lobo e os lobos, por natureza, son malos. Mais iste non é o caso, Lobo non se comporta segundo os estereotipos que lle veñen asociados. De feito, ao longo de todo o texto, Lobo afánese por conseguir que Lobiña Sorriso -de quen está profundamente namorado- mude a opinión que ten del. Lobo, de cativo, foi trasno, incluso “malo”, pero agora xa non o é (de aí o título do libro). A súa teima é conseguir que Lobiña Sorriso vexa tamén que é bo. Despois de diferentes sucesos nos que Lobo Feroz axuda poñendo en risco a súa vida, Lobiña cambia de opinión e dase conta que as segundas oportunidades son necesarias. Actividade 1: Descubrimento O alumnado chega un día ao colexio e atópase enriba das mesas un paquete de papel de xornal: o libro. Ábreno e descubren a maqueta que hai no envoltorio. Despois, ben o libro. Esta actividade nos permite introducir o tema do coidado do medio ambiente, ao falaren, por exemplo sobre a embalaxe de agasallos, sobre a practicidade de usar o envoltorio (de cartón) para darle outro uso: unha maqueta. Esta actividade foi de expresión oral, fixemos unha chuvia de ideas sobre o que significa coidar o medio ambiente e sobre pequenas accións (como envolver un agasallo) que eles poden facer a diario. Actividade 2: Lectura Lectura individual silenciosa, lectura grupal en voz alta e lectura grupal dramatizada. Actividade 3: A creación de libros Intercambiamos información e coñecementos sobre a creación de libros: o traballo dos autores, dos editores, dos ilustradores… sempre partindo da información que atopamos no libro. Ademais, falamos sobre os tipos encuadernación, a maquetación, as edición, os rexistros, os datos que aparecen nos libros, o custo, a maquinaria, o tipo de papel… Actividade 4: Maqueta Montaron a maqueta da casiña que viña no envoltorio. Unha vez montada, cada un a decorou ao seu gusto. Actividade 5: Caderniño O conto vén cun marcapáxinas e cun caderniño de actividades que o alumnado foi realizando en diferentes momentos. Actividade 6: Versionando o conto Coincidindo co traballo de contidos da aula, o alumnado fixo a versión deste conto en poesía, creando, entre todos a versión en verso do conto. Actividade 7: Ilustración Realización de debuxos para ilustrar a versión en poesía do conto, que será entregada a final de curso para a biblioteca do centro. Actividade 8: Produto final Aos poucos, a rapazada foi elaborando debuxos e textos que tiveron como resultado final Xa non son malo! en poesía, libriño feito polo alumnado de 4º para agasallar á biblioteca do centro. |
Hora de ler de 4º de Ed. Primaria |
Neste curso traballamos en galego a alimentación saudable e a obesidade infantil con "Gordiño recheo" (Fina Casalderrey) da editorial SM.
En castelán, traballamos o libro de Anna Manso "El último violín" da editorial Anaya.
A poesía chogounos da man de Paco Velázquez con "Rebelión en la escuela" libro de poemas adicado a obxectos e material de aula, onde foron quen de engadir algúns versos. O emprego das Tic ven da man de Chocolata (Marisa Núñez) ed. OQO que estamos desenvolvendo neste momento. A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado independientemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprension lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula. |
Charla sobre o programa "Pilabot" |
O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo. Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as. Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o concurso que promove esta actividade. |
Proxecto documental integrado |
Asemade indicamos que a recopilación das actividades está organizada segundo indica a II Convocatoria de concurso de proxectos que convocou a Consellería de Educación. A ver se hai sorte!!
|
Lendas de Nadal |
Nesta sección pretendemos facer unha recopilación de moitas destas lendas sobre o Nadal.
|
Premiados polo Colexio de economistas |
Dous alumnos do noso centro resultaron premiados polo Colexio de economistas de Ourense no IV Concurso de postais de Nadal no que participaron nenos e nenas que cursan estudios en Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria da provincia de Ourense. O último día de clase, fíxoselle entrega do diploma e dun agasallo achegado polo Colexio de economistas. Moitos Parabéns para Lorenzo e Anxo de Ed. Infantil.
|
Erik y Harald, guerreros vikingos |
No mes de xuño, o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria participou no derradeiro concurso, deste ano, de animación á lectura que realizan sobre os libros traballados durante a Hora de ler. Nesta ocasión, traballaron sobre o libro de Brigitte Évano titulado: “Erik e Harald, guerreros viquingos” que nos serviu para reforzar as aprendizaxes adquiridas sobre os viquingos no proxecto documental deste curso. Erik e Harald son dous guerreiros viquingos, primos entre si, que saen nos seus barcos en direccións opostas para ver quen traerá o maior tesouro. A historia ten lugar ao redor do ano 1000. No camiño loitan con piratas, lobos e outras culturas, o que fai que o camiño dos tesouros sexa difícil. É un libro moi divertido co que podemos descubrir aspectos da cultura e da vida desta temida xente: o seu comercio, os seus rituais funerarios, a súa comida que nos mostra que era unha xente ruda, pero civilizada e gran coñecedora do mar. A historia está acompañada de xogos e datos sobre a súa cultura, que completan a visión dos viquingos. O equipo gañador do concurso levouse como premio o libro de Ledicia Costas: "As peripecias de Extravaganza Pérez", que será co que comecemos no Club de lectura do próximo curso. |
Recursos para celebrar o magosto | |
Tom Sawyer |
O 4 de outubro o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu á proxección da nova versión, da clásica novela de aventuras do escritor estadounidense Mark Twain, "As aventuras de Tom Sawyer", que tivo lugar no auditorio de Ourense, dentro das actividades programadas no Festival de cine Ouff Ourense. Tom Sawyer é un rapaz traveso de Mississippi ao que lle gustan moito as aventuras, aínda que sempre ten problemas. Trae media tola a súa tía Polly co seu comportamento indisciplinado e as constantes loitas co seu medio irmán Sid.Despois dunha noite xunto ao seu amigo, Huckleberry Finn, foi testemuña da morte dun borracho da man do indio Joe. Contando a verdade sobre o sucedido ante o xuíz, Tom convértese no branco do asasino, que xura vinganza. Ao alumnado gustoulle moito esta actividade. Xa están preguntando.... cando será a próxima?? |
Sueiro obliteration corner |
Non somos Yayoi Kusama nen temos unha big room, pero o noso rechuncho foise transformando aos poucos ata chegar ao que aquí vedes. Pasamos dese white que amosa a obliteration a ese colourful corner que nos enche de sensacións. Peques, e no tan peques, pasárono moi ben mudando o aspecto do noso recuncho. Anímate e achégate á nosa obliteration corner! Pega todos os polkadots que queiras. |
O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas |
O 4 de febreiro visitou a bilioteca do noso centro o escritor Iago López para contarnos a historia de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", libro do que é tamén autor. "Celébrase a festa de aniversario do rei e o cociñeiro Martiño quere preparar a súa mellor torta de cenoria. Mais cando chega á horta as cenorias desapareceron! Martiño vai necesitar moita axuda para que a torta chegue a tempo ao festexo". Coma sempre, pasámolo xenial coas súas historias. |
Hora de ler de 2º de Ed. Primaria |
Para conseguir acadar os obxectivos propostos no proxecto lector empregamos unha metodoloxía participativa na realización das diferentes actividades programadas, entre as que destacamos:
|
Premiados no concurso de postais do Colexio de economistas |
O alumno de 6º de Ed. Infantil, Tiago Blanco Torreiro, resultou premiado no V concurso de postais do Colexio de economistas de Ourense. Na web do colexio podedes ver a nova sobre o concurso. Moitos parabéns para Tiago polo seu traballo!
|
PLAMBE 2015/2016 |
Moitos parabéns para toda a comunidade educativa, xa que a maioría de vós tendes que ver, unha vez máis, con este recoñecemento. Para este curso o lema escollido pola Consellería de Cultura e Educación é o seguinte "Biblioteca escolar, base de exploracións". Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso i en breve teremos noticias do mesmo.
|
Unidades didácticas Samaín |
Materiais educativos que nos servirán para traballar nas aulas cos cativos.
Outras actividades educativas:
|
Gañadoras do Concurso da Constitución 2013 |
Queremos dar a noraboa ás alumnas do noso centro que resultaron gañadoras do Concurso da Constitución 2013:
Felicitar ás mestras de plástica, Ana Mª Carballo Martínez e María Pilar Carballo Martínez polo traballo realizado. |
Concurso de poesía do Círculo Poético Ourensano |
O presidente do círculo poético entregoulle a Camino un trofeo, cunha placa co seu nome e o premio otorgado, así coma un lote de libros e un diploma. Tamén lle deron un diploma a todo o alumnado participante no concurso. A continuación Camino leu o seu poema para todos os nenos e Mestres que estábamos na biblioteca escolar, contando tamén coa presenza da súa nai. Para amosar a nosa gratitude ao Círculo Poético Orensano, por vir ao centro a entregarle a Camino o premio, regalámoslle un libro elaborado no colexio para festexar o día do libro, con poemas e contos inventados polos alumnos e alumnas do CEIP Manuel Sueiro, que tamén foron gañadores noutros concursos ao longo deste curso. O presidente do Círculo Poético pediulle aos nenos que llo asinasen como recordó.
Este foi o poema premiado: OURENSE TIERRA AMIGA |
Paea pola túa cidade |
O 1 de xuño o alumnado de Ed. Infantil particiou na actividade Pasea pola túa cidade que organizou a Concellería de educación de Ourense. Durante o paseo que durou sobre unha hora e media, viisitamos da man dos nosos guías varias zonas de interese de Ourense: as Burgas, á Praza Maior e o exterior da Catedral , introducindo aos nenos e nenas na historia da cidade a través de contos e como novidade este curso explicáronlles aos cativos a importancia do coidado do mobiliario urbán. Os principais obxectivos que se perseguen con este actividade son os seguintes:
Na galería de imaxes podedes ver o ben que o pasamos!! |
A YELLOW SUBMARINE! |
A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ... Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar. DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE! |
Lenda do corvo e o gavilán |
Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán
Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El pintou a súa plumaxe de marrón. Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas... Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas. O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo. Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso. RECURSOS EDUCATIVOS
|
Mes da Ciencia |
Ao longo do mes de novembro celebramos o mes da Ciencia no noso cole organizado desde a biblioteca escolar e en colaboración co EDL do centro baixo o lemma "Se tes paciencia divírtete coa ciencia" realizando diversos experimentos que aquí presentamos aos nosos compañeiros. Premendo nas seguintes imaxes teredes acceso aos traballos realizados polo alumnado do centro:
|
A recipe in my head |
Literalmente, tivemos a receita nas nosas cabezas, mellor dito, nos nosos cookeryhats. Durante dúas sesións da área de inglés aprendimos o vocabulario necesario para elaborar a nosa receita especial: CRAZY CATS. E na terceira, puxémonos mans á obra: Con yoghurt fixemos a face, con kiwi a mouth, con grapes a nose, con strawberries as ears e con cookies os eyes E velaí o resultado: DELICIOUS!!!!! |
Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro" |
O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”. Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre. Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4. Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud. Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:
|
Mellorando o vocabulario metereolóxico |