Skip to Content

Saídas-Excursións

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Vídeo resumo do curso 2019/2020

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.

Esperamos que vos guste!!

Viaxe a Monforte

O 31 de maio todo o alumnado do centro viaxou a Monforte para coñecer unha das vilas galegas polas que pasa o Camiño de Inverno, como ben sabe o alumnado de 3º de Ed. Primaria, grazas aos cales puidemos disfrutar desta visita cultura.

A viaxe fixémola en tren. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño e do Sil.

En Morforte esperábanos un membro da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra que, amablemente, nos fixo de guía na vila. Asemade, agasallou ao centro con varios exemplares do Camiño de Inverno a Santiago.

Subimos ata o Castelo de Monforte, e puidemos contemplar de cerca a embergadura da Torre do Homenaxe que se conserva en bo estado. Desde o outeiro no que se atopa, contemplamos as vistas espectaculares sobre o val do río Cabe. Neste lugar, tamén visitamos o claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino que agora foi transformado nun hotel de luxo.

Ao rematar a visita a este conxunto monumental dos condes de Lemos, baixamos ata o parque dos Escolapios, lugar no que aproveitamos para xantar e descansar.

De regreso ata a estación fomos polo paque que hai na ribeira do río Cabe.

Hai que repetir!!

 

 

Educación vial

O 16 de decembro, o alumnado de 5º e 6º curso, participou nas actividades de Educación Vial que exitosamente organiza o Concello de Ourense nas instalacións de Expourense desde hai varios anos.

Dous membros da Concellería de Tráfico e a coordinadora da Concellería de Educación foron os encargados de ofrecernos a formación e información oportuna para ser quen de conducir as bicicletas e os carts polo circuíto urbano instalado no pavillón de Expourense.

Unha vez que adquirimos os coñecementos oportunos, en educación vial, pasamos á esperada fase práctica, conducindo, en diferentes quendas, as bicicletas e os carts. Tres alumnos do noso centro foron escollidos, pola súa pericia enriba da bicicleta e do cart, para participar na fase final provincial de educación vial.

Para rematar, participamos nun relatorio no salón de actos sobre educación vial.

Na seguinte galería podedes observar as imaxes desta actividade:

Cocido sinfónico

O mércores, 12  de novembro, o alumnado do 1º Ciclo de Ed. Primaria participou no "Cocido Sinfónico" que resultou ser un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil onde ás portas dun peculiar restaurante, ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos.

Tanto o alumnado como o profesorado disfrutou das aventuras representadas no escenario por Os tres tenedores.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO MARCELLE

OS NENOS/AS DE EI, 1º, 2º 3º, FORON DE EXCURSIÓN A MARCELLE. ESTAS SON AS SÚAS EMOCIÓNS VIVIDAS COS ANIMAIS DO ZOO

EXCURSIÓN FIN DE CURSO "O GROVE"

O DÍA 3 DE XUÑO, OS NENOS/AS DE 4º, 5º, 6º, FORON DE EXCURSIÓN AO GROVE. ESTAS FOTOS AMOSAN A VIAXE EFECTUADA EN CATAMARÁN. TAMÉN APRENDERON MOITAS COUSAS SOBRE AS BATEAS E O FONDO SUBMARINO.

EXCURSIÓN CORUÑA

VISITAS QUE FIXEMOS

Distribuir contido


by Dr. Radut